Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

David Alameda, director xeral de Shale Gas España: "O fracking aforra diñeiro na factura enerxética dos consumidores"

 

"A fractura hidráulica ou fracking é unha tecnoloxía de extracción de gas e petróleo non convencional utilizado desde hai décadas. Grazas a este sistema, xéranse millóns de empregos e os consumidores aforran diñeiro na súa factura enerxética". Son algunhas das vantaxes que destaca David Alameda, director xeral de Shale Gas España, unha asociación que representa as empresas interesadas no seu uso no noso país. Alameda sinala que España ten recursos equivalentes a 90 anos de consumo de gas se se manteñen os niveis de 2014 e afirma que se trata dun sistema seguro controlado por unha lexislación ambiental moi estrita.

Que beneficios ofrece o fracking para os consumidores?

A produción de gas non convencional rebaixa a súa factura enerxética. Nos Estados Unidos, as familias aforran de media mil euros anuais e, para a industria, o gas natural é entre tres e catro veces máis barato ca en Europa. Ademais, creou máis de dous millóns de empregos directos e indirectos e contribúe ao seu PIB con máis de 200.000 millóns de euros.

Que supoñería utilizalo en España?

Gastamos máis de 40.000 millóns de euros ao ano en lles comprar gas natural e petróleo a Alxeria, Qatar, Nixeria ou Noruega. O diñeiro aforrado poderíase destinar a financiar a sanidade, a educación e, por que non, as enerxías renovables. Suporía un beneficio para os consumidores e para a economía española.

Esta técnica é segura? Hai estudos científicos que o cuestionan.

A comunidade científica está de acordo en que, cunha lexislación adecuada e coas mellores prácticas da industria, non existen motivos para que non se poida realizar. É unha técnica madura utilizada desde os anos 40 do século pasado. Realizáronse xa en todo o mundo máis de dous millóns de operacións sen contaminación de acuíferos ou terremotos apreciables polas persoas. Todos os riscos, coma en calquera outra actividade humana, poden previrse e evitarse. España conta cunha das leis máis restritivas de Europa que obriga as empresas a que presenten un estudo de impacto ambiental (EIA) completo, mesmo na fase de exploración.

Que potencial ten este sistema en España?

Segundo o estudo da consultora Gessal, España dispón de recursos equivalentes a 90 anos de consumo de gas se se manteñen os ritmos actuais de 2014. Para coñecer os recursos dispoñibles, é imprescindible a fase de investigación e exploración.

En que zonas se podería extraer combustible?

A conca vasco-cantábrica concentra a maior cantidade de recursos de gas non convencional. Nesa zona, localízanse o equivalente ao consumo de todo o país durante case 36 anos.

Cantos empregos se poderían producir?

A exploración e a produción podería xerar 250.000 empregos directos e indirectos e achegaría ao PIB 40.000 millóns de euros no ano de maior impacto.

Cando se podería extraer combustible?

As primeiras sondaxes de investigación poderían comezar en 2016. Esa fase dura un mínimo de tres anos. Sería necesario solicitar un novo permiso de produción e facer un novo EIA. Estamos ao comezo dun longo e moi tecnificado proceso.

As voces de diversos movementos cidadáns e ONG óense cada vez máis altas contra este sistema. Algúns pobos declaráronse "libres de fracking " e algunhas comunidades autónomas apoiaron normas para prohibilo. Non están ben informados?

Existe moita desinformación alentada polos grupos contrarios a esta técnica e que alarman a poboación. Por exemplo, o recente intento de relacionar o terremoto de Ossa de Montiel en Albacete coa fractura hidráulica, cando esta técnica non se está utilizando en ningún lugar de España.

Nos Estados Unidos, publicouse que se están xerando cuantiosas perdas tras a caída do prezo do petróleo e que as empresas se financiaron con bonos lixo.

É outra das afirmacións recorrentes sobre o fracking que non é certa. O 80 % da produción de hidrocarburos non convencionais está nas mans de grandes empresas, diversificadas, financeiramente saneadas e coa súa débeda ben estruturada. Hai un pequeno grupo de empresas de menor tamaño que pode verse comprometido polo descenso do prezo, pero que nin moito menos representa o sector. Segundo un recente artigo publicado en The Economist, a débeda de máis de dúas terceiras partes das empresas de tamaño mediano do sector está cotizando un 80 % ou máis do seu valor nominal, o que demostra que os investidores non están preocupados sobre a súa viabilidade.

E como afecta a baixada do prezo do petróleo?

A produción de petróleo mediante fracking aumentou nestes meses de 2015. A industria é cada vez máis eficiente. O prezo do cru flutuou ao longo da historia recente e o feito de que agora se atope nun nivel máis baixo que hai uns meses non quere dicir que non volva subir. As operacións de fracking requiren enormes investimentos que non poden determinarse por cuestións conxunturais. A industria está afeita ao vaivén de prezos altos e baixos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto