Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: galletas para nenos: Galletas para nenos, bocadiños de dozura

Teñen un gran valor enerxético debido ao seu alto contido en hidratos de carbono e graxas, o que fai aconsellable un consumo ocasional e equilibrado

 

En España, cada persoa come ao ano cinco quilos de galletas, segundo datos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Esta cifra aumentou de maneira sostida no últimos sesenta anos, en parte porque o consumo das galletas está arraigado na nosa alimentación desde hai séculos. O seu éxito radica no seu baixo contido de humidade, o que alonga a súa vida útil e diminúe o risco de deterioración por mor de microorganismos. Isto explica por que se consumiron en numerosas viaxes épicas ao longo da historia. As primeiras galletas elaborábanse nun forno quente e logo secábanse nun forno frío, unha técnica coñecida como "dobre enfornado" e que xa non se utiliza na produción moderna.

Ao parecer, a palabra "galleta" provén do termo francés galette, un pastel redondo de pouco espesor. Antano, ademais de ter unha forma redondeada, as galletas eran un alimento de consumo ocasional, mentres que hoxe están presentes a diario en case todos os fogares, haxa nenos ou non, e teñen infinidade de tamaños e formatos. E nisto inflúe, sen dúbida ningunha, o papel da industria alimentaria, que as ofrece a un prezo razoable e en infinidade de presentacións. E é que ata hai uns 50 anos adoitábanse elaborar na casa e, en moitas ocasións, era unha avoa experta a que as facía.

O sector das galletas soubo adaptarse ás novas necesidades do consumidor que cada vez valora máis os formatos cómodos (como as racións individuais en prácticas bolsiñas) e os produtos novos. Un consumidor que, preocupado pola súa saúde, tamén aprecia calquera mellora no perfil nutricional do produto (por exemplo, que conteña menos azucres, graxa ou sal, ou máis fibra, vitaminas e minerais), unha circunstancia que aproveita a industria alimentaria para perfeccionar este alimento e para promovelo con declaracións de saúde, do tipo "valor enerxético reducido" ou "alto contido en fibra".

De entre a gran variedade de galletas que podemos atopar, as doces dominan as demandas dos consumidores españois con cotas de mercado do 96,3 %. As salgadas ocupan un lugar moito máis modesto. Menor aínda é a cota de mercado das galletas dietéticas. As galletas María son, en todo caso, a referencia máis popular, aínda que lle seguen de preto as torradas, as recheas, as bañadas e cubertas, as de relevo, as salgadas, as variedades, os barquillos e as galletas tipo biscoito. A pesar deste enorme abano de posibilidades, esta guía céntrase nas galletas dirixidas especificamente aos nenos.

E é que ao redor do 10 % das galletas que se poden atopar no mercado son infantís, aínda que as galletas María son as máis populares (de cada 10 galletas que se venden, máis de 3 son deste estilo).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto