Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: aceitunas: Olivas: cultura mediterránea sobre a mesa

Estas froitas oleaxinosas destacan polo seu contido en antioxidantes, vitamina E e fibra dietética. Son ricas en sal e tamén en graxas, pero non teñen colesterol e a súa cantidade de ácidos graxos saturados é baixa

 

Envinagrar alimentos é un dos métodos de conservar comida con máis éxito. Pode realizarse mediante a adición de sal, que orixina unha fermentación láctica espontánea dos carbohidratos do vexetal (conservas en vinagre fermentadas), ou engadindo ácido acético ou vinagre (conservas en vinagre non fermentadas).

Aínda que é difícil saber a data exacta na que o ser humano empezou a utilizar este método, si se sabe que os antigos exipcios fermentaban plantas e animais, e que uns trescentos anos antes de Cristo os agricultores chineses que construían a Gran Muralla consumían unha mestura de vexetais fermentados. Desde entón, recolléronse numerosas alusións a diferentes vexetais conservados en vinagre e utilizados por diversas culturas, o que inclúe a conserva de olivas tal e como a coñecemos hoxe en día.

Isto lévanos á oliveira (Olea europaea), capaz de sobrevivir ante condicións desfavorables, o que explica en parte que sexa unha das árbores de cultivo máis antigas do mundo. E regálanos as olivas, que conviviron co ser humano máis de 5000 anos. De feito, sábese que a oliveira desempeñou un importante papel en civilizacións antigas, ata o punto de que se describiu como un regalo de Deus e deu lugar a moitas lendas e inscricións en libros sagrados.

O proceso

 

A oliva, da que obtemos o aceite de oliva, non pode consumirse fresca debido ao seu sabor amargo, que lle vén dunha substancia que contén denominada oleuropeína. Debe pasar por un proceso de adozado ou de cocido con bases alcalinas, como a sosa cáustica ou a potasa. Despois, ponse en salmoira e fermenta. Non obstante, existen moi diversas maneiras de elaborar as olivas. De entre todos os procesos, destacan o rachado ou machucado, que permite que a oleoeuropeína se desprenda da polpa, ao que lle segue un aliño con diferentes ingredientes, coma loureiro, casca de laranxa, allo etc. Iso dá lugar a distintas variedades de olivas, como a manzanilla aloreña, con denominación de orixe.

As olivas tamén se poden desecar ao sol (proceso ao que lle segue, de novo, un aliño variado) ou en sal. Neste último caso, obtéñense olivas como as do cuquillo ou a oliva preta da bisbarra sevillana de La Campiña. Se se cociñan ou adozan con álcalis, obtéñense as olivas máis coñecidas, de entre as que destacan a oliva gorda sevillana, a oliva manzanilla ou a oliva campo. Hai moitas variedades de olivas (cordobesa, arbequina, cornicabra, de folla branca, verdial, etc.) que dan lugar a distintos sabores, texturas e aromas. A elaboración das olivas, como se pode constatar, é unha arte.

Tanto as olivas coma o aceite de oliva contribúen de forma importante á economía nacional; de feito, España é líder mundial na produción de olivas. Pero tamén é parte fundamental da nosa cultura, con centos de anos de historia. Por outra parte, a fama das olivas e do aceite de oliva crece xunto coa da dieta mediterránea, que non deixa de mostrar os seus beneficios en numerosas e rigorosas investigacións científicas. Todo isto, unido ás súas moitas propiedades nutricionais e organolépticas, levou a que o aceite de oliva se convertese nun dos aceites máis aceptados para as preparacións culinarias, sobre todo entre as persoas que se preocupan pola súa saúde.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto