Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: salsas preparadas: Salsas preparadas, un práctico toque gastrónomo

A poboación española toma 15 gramos diarios de salsas e, aínda que teñen a calidade de volver máis apetitosos os alimentos, a súa achega nutricional á dieta dependerá da frecuencia coa que se usen e da cantidade que se poña no prato

A palabra salsa provén da mesma palabra latina (salsa), que significa "salgada". Neste caso, a etimoloxía da palabra dános poucas pistas sobre a súa orixe. É posible, en todo caso, que o seu nome garde relación cunha das primeiras salsas documentadas, o garum, unha salsa da época romana elaborada a base de peixe macerado con sal. O que si se sabe con seguridade é que unha salsa, como a maior parte dos alimentos salgados, estimula o gusto e fai máis apetitoso o alimento ao que acompaña.

A realidade é que hai uns anos tiñamos moi poucas salsas á nosa man. Ás poucas que se elaboraban na casa (o tomate frito, a maionesa ou a vinagreta), podíanse engadir algunhas compradas nos comercios, pero mesmo así a súa oferta era limitada. De feito, a comezos dos anos sesenta, o número total de alimentos que se podían atopar nas tendas roldaba o centenar, mentres que hoxe, en calquera supermercado de tamaño medio, a oferta se amplía entre máis de 30.000 produtos distintos. O estante dedicado ás salsas non é unha excepción. Salsas que antes non sabiamos nin que existían (salsa barbacoa, salsa boletus, salsa mojo picón, salsa César etc.) están en moitos fogares todos os días do ano. Iso reflicte a clara influencia de novas cociñas, a globalización do noso patrón de consumo e, sen dúbida, o noso acelerado estilo de vida que nos quita tempo para preparar na casa alimentos básicos, como a salsa de tomate e, mesmo, a vinagreta.

 

Pero, que é unha salsa? A regulamentación vixente defínea como calquera preparado que resulte da mestura de distintos ingredientes comestibles e que, tras ser sometido ao tratamento culinario conveniente, se utilice para acompañar a comida. Esta regulamentación distingue cinco grupos de salsas:

  • Tomate frito.
  • Ketchup, catsup ou catchup.
  • Maionesa e salsa fina.
  • Mostaza.
  • Outros tipos de salsas.

Non obstante, a industria alimentaria diferencia as salsas en función do seu proceso de elaboración:

  • Salsas emulsionadas. Emulsiónase (ou bátese) un sólido nun líquido no que non é soluble. Pode facerse en frío (como a salsa maionesa) ou en quente (como a salsa holandesa).
  • Salsas non emulsionadas. Prodúcese por unha mestura de diferentes ingredientes sólidos e líquidos. Nesta categoría, están o tomate frito, o ketchup, a mostaza e calquera outra salsa que fose elaborada sen emulsión.
 

Hoxe por hoxe, a salsa de tomate é, con diferenza, unha das máis consumidas. A súa aparición na cociña sitúase no século XVII, pero a súa produción industrial non se iniciou en España ata mediados do século XX, segundo datos da Asociación Española de Fabricantes de Salsas, Caldos e Sopas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto