Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Tamara García Cid, profesora de Comportamento e Convivencia con Animais na Universidade Autónoma de Madrid: "Toda relación entre animais e nenos deberían supervisala os pais"

 

Máis tarde ou máis cedo, os nenos piden unha mascota. Comezan daquela as dúbidas sobre a conveniencia de adoptar un animal cando os fillos son pequenos. Que precaucións debemos considerar? Tamara García Cid é psicóloga, profesora de Comportamento e Convivencia con Animais na Universidade Autónoma de Madrid e experta en terapias asistidas con cans. Ademais de desvelar os perigos que supón adoptar unha mascota con nenos pequenos na casa cando non se fai de forma responsable, tamén ofrece consellos para lograr unha magnífica convivencia entre os pequenos e os seus animais, para que cheguen a converterse en amigos inseparables.

Segundo un estudo do Observatorio da Fundación Affinity, en España abandónanse cada ano uns 142.000 cans e gatos. Ante este datos, coida que os pais deben adoptar cando os seus fillos lles piden unha mascota?

Incrementar a familia cun animal é marabilloso, pero a decisión supón unha responsabilidade e non debe tomarse á lixeira. Cómpre sopesalo e facerlle entender ao cativo que a chegada dunha mascota vai supoñer un cambio de rutina e ter que asumir unha serie de tarefas. Visitar un coñecido que xa conviva cun animal pode axudarnos a tomar a decisión, servirá para saber se para o neno a mascota é só un capricho ou se se trata de algo máis serio.

A Federación Europea de Fabricantes de Alimento para Mascotas sinala que, nos fogares españois, viven 5,4 millóns de cans e 4 millóns de gatos. Que leccións aprenden os nenos dos seus animais?

Compartir a vida cun animal é unha grande experiencia para un neno. O feito de querer un animal, de coidalo, de acariñalo e de xogar cun animal implica unha estimulación sensorial, mental, motora e emocional moi importante no desenvolvemento infantil. O animal tamén é unha fonte de motivación para os cativos. Podemos instalos para que fagan os seus deberes e, como recompensa, ofrecerlles xogar coa mascota.

Cal é a receita para unha boa convivencia entre animais e nenos?

Unha boa receita inclúe os seguintes ingredientes: paseos, xogos, estimulación e vínculo. Os nenos deben ser partícipes da educación do animal e responsabilizarse co seu coidado. Os pequechos poden apuntarse a actividades de grupo coa súa mascota, como pode ser o agility, que consiste en realizar un percorrido en pista de obstáculos; unha actividade que fai que o can e mais o neno xoguen e practiquen deporte xuntos. Ademais, o labor do profesional é esencial para previr e solucionar posibles problemas de comportamento do animal na casa, xa que estes son unha das causas fundamentais dos abandonos.

Que lle hai que ensinar a un neno sobre o seu animal?

Hai exercicios que lles axudan aos pequenos a identificar cal é o estado de ánimo da súa mascota, como é pescudar que está querendo comunicar cando move a cola, cando pon as orellas para diante ou para atrás etc. Estes xogos sinxelos axúdanlle ao neno a descifrar cando o seu animal está contento ou triste, cando se quere ir ou cando quere xogar. Os pais deben facer entenderlles aos nenos cales son as necesidades da súa mascota e han de explicarlles que cousas poden facer e cales non.

Débense involucrar os nenos no coidado dos seus cans e gatos?

Si, e canto máis mellor. Porén, as tarefas dependerán da idade do neno. Hai que empezar con labores sinxelos, como poñerlle a auga ou a comida á mascota ou ofrecerlle os premios. Tamén son importantes para os nenos as saídas co seu animal, por iso debemos ensinarlles a gozalas e mostrarlles como deben pasear coa correa sen tiróns e sen lles facer dano.

Cal é o erro máis frecuente que cometen os pais cando conviven nenos e animais na casa?

Non supervisar o contacto entre os seus fillos e os seus animais. Fiámonos por completo das nosas mascotas, pero estas poden levantarse, asustarse, facer que o neno caia ou darlle coa pata sen querer e provocarlle algún dano. Calquera relación entre os animais e os nenos debería estar baixo a supervisión dos pais.

Pode ser perigoso para un neno convivir cun animal?

Si, pode ser perigoso. Por iso é tan importante a supervisión e a interacción guiada do neno coa mascota. O exceso de agarimo dun neno pode resultar moi atafegante para un animal, que pode tratar de defenderse ensinando os dentes ou mordendo. Os cans avisan de que están molestos, pero se os pais non saben lelo pode que ao final morda como única forma de liberarse.

Existen cans e gatos neneiros?

Si, pero non todos os animais son tan mecosos, nin a todos lles gusta o contacto. É por isto polo que non debemos deixarnos levar polo aspecto físico do animal, senón reparar no seu carácter e deixarnos asesorar. Hai que ter en conta que os cans pequenos poden parecer máis manexables para os nenos, pero teñen máis actividade. Porén, os cans grandes adoitan ser máis tranquilos e resisten mellor os abrazos e o contacto dos cativos.

Entón, recomenda que os nenos crezan rodeados de cans ou gatos?

Si, sen dúbida! Pero cómpre ter en conta todos os puntos mencionados porque, de non ser así, hai moitas posibilidades de que saia mal.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto