Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Javier Vergara, vicepresidente do Colexio de Veterinarios de Guipúscoa: "Un neno rodeado de animais é máis feliz"

 

Cando os nenos piden unha mascota, os pais pensan nas responsabilidades que supón ter un animal. Pero somos os adultos conscientes dos beneficios que supón para os máis cativos unha convivencia responsable con cans e gatos? Un estudo realizado en España revela que oito de cada dez nenos prefiren xogar co seu gato ou co seu can antes que cos videoxogos. Ademais, a ciencia lémbranos que os animais fomentan a autoestima dos pequenos, favorecen que crezan con menos alerxias e son unha axuda para reducir o sobrepeso infantil. Javier Vergara é veterinario e vicepresidente do Colexio de Veterinarios de Guipúscoa. Asegura que existen boas razóns para convivir con animais cando hai nenos na casa e a clave é facelo de forma responsable, informarse e implicar todos os membros da familia no seu coidado.

"Quero unha mascota!". Os nenos pronuncian esta frase antes ou despois. Que deben facer os pais ante este pedimento?

A resposta depende da idade que teña o pequeno. Se é menor de seis anos, hai que pensalo moito antes de adoptar un animal e poida que sexa mellor esperar. Pero se o neno xa ten capacidade para poder pasear o can, para atendelo e responsabilizarse del, entón podemos meditalo, aínda que sempre de forma responsable. Un animal require responsabilidade e implica gastos e tempo. A súa adopción non pode ser a resposta ao capricho dun neno.

Algúns estudos demostran a importancia da relación dos nenos cos animais. Unha relación que, segundo investigacións realizadas nos Estados Unidos, reforza a súa autoestima e que mesmo lles axuda a concentrase nas tarefas escolares. Cal é a lección máis importante que lles ensinan os cans e mais os gatos aos nenos?

A acción que exercen os cans e os gatos sobre os nenos e os bebés é moi positiva, isto sempre que a nosa estrutura familiar o permita. Os animais axudan a que os pequenos se acheguen á natureza e tamén a que se socialicen e relacionen con outras persoas.

Segundo unha investigación da Universidade de Finlandia, os bebés que viven con cans e con gatos desenvolven menos alerxias, crecen máis fortes e o seu sistema inmunitario é máis resistente. E poderían axudar tamén a reducir o sobrepeso infantil. Cal é a súa opinión respecto desta cuestión?

Aínda que sexa intuitivamente, os beneficios dos animais sobre os nenos son reais. A afectividade que proporcionan, a responsabilidade que implican e o exercicio físico que supón pasear e xogar con eles van redundar nun beneficio anímico e físico sobre os nenos. As mascotas tamén nos axudan a sorrir máis, e isto é así tanto nos nenos coma nos adultos. Os animais ensínannos a ver as cousas doutra maneira e tamén a sermos máis felices.

Oito de cada dez nenos prefiren xogar co seu gato ou co seu can antes que con videoxogos, segundo un recente estudo realizado en España. Cal é a súa receita para unha boa convivencia entre as mascotas e os nenos na casa?

Un can ou un gato é un amigo do neno para toda a vida. Os pequenos e as súas mascotas enténdense á perfección. Non teñen ningún problema para relacionarse, lévanse ben e benefícianse ambos da convivencia. Xogan xuntos e cánsanse mutuamente. A receita é ensinarlles aos nenos a coñecer o que é un can ou un gato; é dicir, a saber cales son os seus costumes, a súa alimentación, como viven, como se relacionan co medio, a súa sexualidade etc. Se lles axudamos a comprenderen o seu animal, os nenos aprenderán a amalo tal e como é. E a vida do animal tamén será máis feliz porque poderemos darlle o que necesita.

Recomenda involucrar os nenos no coidado dos seus cans e dos seus gatos?

Claro! Os nenos maiores poden ocuparse dos paseos do can e de ensinarlles determinadas instrucións. Os fillos tamén poden poñerlles a comida, cepillalos e aprender a xogar co seu animal, porque non é o mesmo xogar cun gato ca cun can.

Pode ser perigoso para un neno convivir cun animal?

Rotundamente, non. Non é perigoso, os accidentes ou os ataque graves que escoitamos nas noticias son excepcións que implican malos propietarios. E o feito de que un can morda ou de que un gato rabuñe un neno é anecdótico. Os animais son moi intelixentes. Se están molestos, adoitan esquivar o neno. Tanto os cans coma os gatos teñen moitísima paciencia. O consello é coñecelos e ensinarlles aos nenos como deben interactuar con eles. En canto á saúde, o animal debe ser desparasitado e vacinado e para iso só hai que seguir as directrices do veterinario.

Hai mascotas máis adecuadas ca outras para vivir con nenos?

Si. Cada animal ten a súa propia personalidade. Por exemplo, hai cans que son máis gardiáns e outros máis doces. Tamén hai cans aos que non lles gustan tanto os nenos. Por iso convén informarse. A recomendación é escoller unha mascota acorde á estrutura familiar. O mellor é acudir ao veterinario para que nos aconselle por cal animal debemos optar.

Entón, recomenda que os nenos crezan rodeados de cans ou de gatos?

Si, claro! Un neno rodeado de animais é un neno máis feliz. Pero hai que facer as cousas ben, con coñecemento e deixándose aconsellar. Se non, é preferible non adoptar. Un can ou un gato non son unha moto que podemos deixar no garaxe. Esixen coidados, agarimos, xogos todos os días. Trátase dun exercicio de responsabilidade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto