Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra queixos: Queixos, un mosaico de sabores

Cada persoa toma 8 quilos de queixo ao ano, un produto cun incuestionable contido en nutrientes que van máis alá do calcio

 

Preparar queixo é a unha das maneiras máis antigas de conservar os nutrientes do leite. De feito, poderíase dicir que o queixo é un "concentrado de leite". A pesar dos seus máis de 5000 anos de antigüidade, é aínda un ingrediente habitual nos nosos menús. O noso consumo de queixo, que se duplicou desde a nosa incorporación ao Mercado Común en 1986, mantense estable desde 1998. Do mesmo xeito ca daquela, agora consumimos algo máis de 8 quilos de queixo por persoa ao ano, segundo datos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Entre os queixos máis consumidos en España destaca o queixo fresco, seguido polo semicurado.

O notable consumo de queixo en España xustifícase polo seu sabor e pola súa achega nutricional, pero tamén pola gran tradición queixeira do noso país. Ademais dunha longuísima lista de deliciosas variedades -posuímos un dos maiores catálogos de queixos do mundo-, España conta con 16 queixos con denominación de orixe protexida e dous queixos con indicación xeográfica protexida (queixo de Valdeón e queixo de Los Beyos). Os queixos con denominación de orixe protexida teñen unhas características que lles outorga o seu medio natural, unidas ás habilidades dos produtores da zona coa que están asociados. Todas as fases de produción destes queixos deben realizarse nese lugar. Os queixos con indicación xeográfica protexida, pola súa banda, posúen unhas características específicas ou unha reputación que os asocia a unha zona determinada na cal se producen. O certo é que España "é un espléndido mosaico" de queixos, tal e como indica o Ministerio de Agricultura na súa Enciclopedia dos Alimentos. Este mosaico resulta, en gran medida, de factores relacionados co noso medio, cuxa diversidade orográfica, de chans, de vexetación e de clima propiciou a aparición de distintas razas de gando produtor de leite (raza bovina, ovina e caprina) que dan lugar a unha materia prima láctea con particularidades únicas, sempre de boa calidade.

Ao anterior hai que unir dous factores máis. En primeiro lugar, as diversas culturas e civilizacións que habitaron a Península Ibérica e as illas deixaron a súa pegada no mundo do queixo. E, en segundo lugar, o talento e as boas prácticas levadas a cabo na elaboración artesanal ou industrial do queixo en España, un sector con máis de 550 empresas -grandes, medianas e pequenas-, pero que tamén conta con produtores de leite que o elaboran na súa explotación gandeira. Isto explica, en palabras do Ministerio de Agricultura, "o amplo, variado e rico catálogo dos queixos españois". Queixos con particularidades que só se atopan na zona onde se producen e coa ampla diversidade de peculiares texturas, sabores, aromas e cores que outorgan os distintos produtores. Non estraña, por tanto, que exista toda unha ciencia detrás da cata do queixo que permite examinar de maneira concienciuda e rigorosa as súas propiedades organolépticas.

Así, consumir queixos da nosa zona é algo máis que alimentarse ou nutrirse, é conservar unha tradición histórica e potenciar o consumo de produtos locais, o que beneficiará a economía local, ademais do medio ambiente. E iso sen renunciar en ningún momento ás actuais normas de seguridade alimentaria, que garanten en todo momento un estrito control e unha vixilancia sanitaria dos rabaños nos procesos de muxidura, recollida e transporte do leite e nas etapas de produción, maduración e distribución.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto