Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: compra saudable: Comer san non ten por que ser caro

Cunha adecuada selección de produtos, comer san pode ser económico e custar ata un 14 % menos ca o gasto medio en alimentación estimado polo INE

En España, cada fogar gasta unha media de 4098 euros anuais en alimentos e bebidas non alcohólicas, o que supón o 15,1 % do seu orzamento (que tamén inclúe outros gastos, como transportes ou subministracións). Así o desvela a enquisa máis recente de orzamentos familiares, realizada polo Instituto Nacional de Estatística. Isto significa que en cada fogar se invisten uns 341,5 euros ao mes en alimentos e bebidas non alcohólicas. O INE detalla, ademais, que o 3,6 % desa partida se destina a comprar carne, un 2,3 % a pan e cereais, un 1,9 % a queixo e ovos e un 1,8 % a peixe. O 5,5% restante repártese entre alimentos como hortalizas e froitas; azucre, confeituras, mel, chocolate, confeitaría e xeados; aceites e graxas; augas minerais, bebidas refrescantes e zumes; e café, té e cacao.

 

Estes datos baséanse no que ocorre na media dos fogares españois, formados por 2,53 persoas. Pero que ocorre se este fogar está formado por catro persoas (dous adultos e dous nenos)? Máis aínda, é posible reducir os gastos en alimentación dun fogar con catro membros sen verse obrigado a abandonar unha dieta saudable? Esta foi a pregunta que impulsou a presente guía, cuxo propósito é dilucidar se se pode comer san e a un prezo razoable.

Datos desalentadores

Adóitase dicir que comer san é moi caro, unha afirmación que suscita acalorados debates no ámbito familiar e tamén no sanitario e mesmo no científico. A modo de exemplo, unha investigación, publicada en outubro de 2014 na revista PLoS One e coordinada polo doutor Nicholas R. V. Jones, mostrou que entre 2002 e 2012 o prezo dos alimentos máis saudables aumentou moito máis que o dos menos saudables. O peor dato do estudo, con todo, é que o aumento é progresivo. É dicir, a diferenza de prezo entre uns e outros alimentos vai seguir un incremento constante, segundo os autores, a menos que se lle poña freo a través de medidas políticas.

De todas as maneiras, o estudo máis sólido nesta materia é o que se publicou en decembro de 2013 na prestixiosa revista BMJ Open. A investigación, que revisou de maneira sistemática a literatura científica, constatou que escoller alimentos saudables é un pouco máis caro ca non facelo. En concreto, seguir unha dieta con moitos alimentos saudables pode custar 435 euros máis cada ano que non facelo, segundo este estudo. Os datos son, en principio, desalentadores. Con todo, espertan a curiosidade. Canto custa un carro da compra saudable? Pódese reducir o prezo medio sen renunciar a unha dieta equilibrada? Para responder estas preguntas, o primeiro paso é determinar que alimentos debe conter ese carro saudable e cantos de cada un ha de ter para satisfacer as necesidades dunha familia formada por dous adultos e dous nenos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto