Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Nicolás Palacios, Presidente da Federación Española de Bancos de Alimentos: "Os bancos de alimentos axudan a 1,5 millóns de persoas, pero cada ano aumenta o número de necesitados"

 

Nicolás Palacios é, desde abril, o novo presidente da Federación Española de Bancos de Alimentos. Esta institución xunta 55 bancos de alimentos distribuídos pola xeografía española e conta co Premio Príncipe de Asturias da Concordia. Tecida co labor de 2700 voluntarios estables (e preto de 85.000 esporádicos), esta gran rede solidaria xestiona cada ano 120 millóns de quilos de comida que evitan que 1,5 millóns de persoas pasen fame en España. Nun país con preto de 4,5 millóns de desempregados, segundo os últimos datos do Ministerio de Emprego, o seu labor é aínda moi necesario. "A recuperación económica da que falan aínda non a percibimos", asegura Palacios.

Cal é o principal obxectivo dos bancos de alimentos de España?

Hai dous obxectivos fundamentais. O primeiro é axudarlles aos necesitados, conseguir que poidan gozar de, polo menos, unha comida diaria. O segundo reto é loitar contra o desperdicio de alimentos, que é enorme. Os datos din que o 40 % da comida e dos bens consumibles en España se desperdicia e acaba no lixo.

Segundo a FAO, cada español desperdicia 63 quilos de comida ao ano, mentres tres millóns de cidadáns viven en situación de pobreza severa, segundo Cáritas.

É urxente frear este desperdicio de alimentos. Unha gran proporción dilapídase nos fogares españois. Porén, polo momento, é complicado actuar neste ámbito. Na Federación temos un novo proxecto para aproveitar o que as grandes superficies e supermercados de España chaman minguas ou descartes, e que rematan no lixo. Para poñelo en marcha, estamos en contacto co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, aínda que algúns bancos de alimentos xa están a dar os seus primeiros pasos.

Cantos quilos de comida recolle e reparte a Federación ao ano?

No último ano, repartimos 120 millóns de quilos de alimentos entre 1,5 millóns de persoas, o que significa 80 quilos de comida por persoa e ano.

Son abondos?

Por desgraza, non. A cantidade de comida necesaria para que unha persoa poida comer unha vez ao día é de 100 quilos por persoa e ano.O noso obxectivo é alcanzar esta cifra. Cada ano, aumenta o número de necesitados, pero por desgraza os quilos de alimentos dispoñibles non crecen ao mesmo ritmo. Isto preocúpanos e estamos a loitar para reverter esta situación.

Como é o seu proceso de traballo?

Cos nosos propios medios, recollemos a mercadoría que nos ofrecen alí onde estea. Neste punto, é fundamental o labor dos voluntarios. Por exemplo, poden chamarnos dun mercado ás 6 da mañá porque teñen un sobrante. Un voluntario do banco xestiona a chamada e organiza un pequeno equipo para recoller a mercadoría. Tamén hai empresas privadas que nos axudan a transportar a mercadoría por España sen ningún custo, o que nos proporciona unha gran mobilidade.

E, de alí, ás persoas necesitadas.

Iso é. Distribuímos a mercadoría a través de entidades benéficas que teñen contacto directo coas persoas necesitadas. Dotámolas de alimentos e elas fánllelos chegar. O produto non perecedoiro (legumes, arroz, pasta) entregámolo unha vez ao mes e o perecedoiro (froitas, verduras, peixe, carne) hai que repartilo de inmediato.

A pobreza afecta a un de cada cinco adultos e a un de cada catro nenos en España, segundo a Enquisa de Condicións de Vida do INE. Pasamos o peor da crise?

A ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, preguntábame hai pouco se notaba unha mellora da situación económica. A verdade é que non, os nosos necesitados non o perciben aínda. O Banco de Alimentos pasou en dous anos de atender un millón de persoas (en 2011), aos 1,5 millóns de persoas actuais, o que supón medio millón de persoas máis. E, mentres o paro continúe nos niveis actuais, o número de necesitados non baixará.

Que é o proxecto Gran Recollida de Alimentos?

É unha enorme colecta de comida nos supermercados. En dous días, podemos recoller 18 millóns de quilos de alimentos, de aí a súa importancia. Necesitamos preto de 84.000 persoas. Parecen moitas, pero sempre aparece xente disposta a axudar. É unha marabilla porque os cidadáns fixeron o proxecto seu. Especialmente desde a chegada da crise. Nun mesmo centro, o mesmo mes, coas mesmas persoas voluntarias traballando, recollemos dúas ou tres veces máis ca antes.

EROSKI acaba de recibir o premio Espiga de Ouro. Cal é a importancia do labor da iniciativa privada nos bancos de alimentos?

Este premio dámosllelo ás entidades que máis colaboran co noso proxecto. O grupo EROSKI asinou o primeiro acordo co Banco de Alimentos de Biscaia en 1997. Despois, esta colaboración estendeuse tamén á Federación. Necesitamos desta iniciativa privada para complementar e captar os alimentos que menos temos; por exemplo, legumes.

A Fundación EROSKI tamén colabora este Nadal coa Federación.

É un proxecto conxunto que se materializa a través das Bolsas Solidarias e da campaña Un Euro por Cliente, que nos permitirá reunir máis alimentos. O Nadal é un momento sensible. Hai moita necesidade e estamos recibindo un aluvión de xente que precisa comida.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto