Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: caldos e sopas: Caldos e sopas, esencia de fogar

Reparan e entoan o corpo e, aínda que estiveron moi ligadas á saúde, non está demostrado que teñan un papel curativo. O seu nutriente máis destacable é a auga e tamén o sal. Non obstante, os adultos tomamos menos de dúas racións anuais destes produtos envasados, polo que se pode afirmar que non son os responsables do exceso de sodio na nosa dieta

Unha cazola fumegante na cociña é quizais a mellor postal dun fogar. E se o aire ule a sopa mentres fai frío na rúa, entón transfórmase na quintaesencia da calidez. Non sorprende, polo tanto, que as sopas e os caldos desempeñasen, e desempeñen aínda, un papel estelar nos nosos menús. A súa historia remóntase a 4000 anos antes de Cristo e están presentes en case todas as cociñas de calquera civilización coñecida. De feito, a súa influencia quedou patente na linguaxe en palabras como "restaurante", que xurdiu no século XVI en Francia, onde se servía unha sopa "restauradora" (reparadora).

 

Como vemos, o seu papel na cociña ao longo dos anos non foi só nutritivo. Tamén estivo moi ligado á saúde. Ao parecer, o médico xudeu Maimónides, nacido en Córdoba en 1138, foi o primeiro en considerar a sopa de polo como un elemento curativo de diversas enfermidades. Non foi o único. Na África occidental, úsase unha sopa de pemento chamada enemudo oji para lles facer fronte a enfermidades respiratorias, mentres que na China lles atribúen a determinadas sopas de peixe a capacidade de mellorar o parto e a lactación. De feito, a China ten case unha sopa para cada enfermidade, que elabora cun tipo ou outro de herbas en función do trastorno.

Hoxe sabemos que o potencial curativo das sopas é, no mellor dos casos, moi pequeno. Hai algúns estudos que observan certas melloras en pacientes con gripe cando consomen sopa de polo, pero o beneficio é similar ao observado cando se toma un té quente, o que fai pensar que a mellora obedece, ademais de á hidratación, ao efecto do vapor de auga, que despexa as vías respiratorias. Non parece haber estudos que comparasen se a sopa de cebola é mellor que a de xamón ou se a de fiúncho supera a de peixe á hora de tratar un constipado. Non obstante, hai investigadores que consideran que as virtudes da sopa quente van máis alá de aspectos médicos ou nutricionais, xa que cando alguén nos prepara unha sopa con amor e cando sentamos a tomala sen présas, o noso benestar mellora e, con el, o noso sistema inmunitario.

Curativos ou non, seguimos e seguiremos gozando das sopas e dos caldos, sexan fríos ou quentes, sós ou acompañados, e iso é algo que a industria alimentaria non deixou pasar. É por iso que a oferta de sopas e caldos aumenta ata o punto de que, en ocasións, resulta difícil decantarse por unha ou outra. Mentres que hai uns anos só atopabamos extractos en po ou caldo en xeos, agora podemos escoller entre unha gran gama de sopas e caldos envasados e listos para tomar ou quentar.

Tamén existe unha ampla variedade de cremas no mercado que, non obstante, non forman parte do grupo de caldos e sopas. A explicación é sinxela. Os caldos e as sopas son extractos, mentres que as cremas son un triturado de diversos ingredientes, polo que a súa composición nutricional é moi diferente. Por exemplo, unha porción de crema de verduras achéganos unha notable cantidade de vitaminas e de fibra dietética, mentres que a súa presenza é escasa en caldos e sopas. A súa achega calorífica tamén difire de forma considerable: unha ración de crema pode superar as 100 quilocalorías, pero unha ración de caldo de polo achega menos de 20 quilocalorías.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto