Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Pierre-Dimitri Gore-Coty, director xeral de Uber en Europa occidental: "A competencia é boa para o consumidor, pero incómoda para o taxi tradicional que non cambiou en anos"

 

Uber desembarcou en España, e non sen polémica. Fíxoo a través dun dos seus formatos máis problemáticos: UberPOP, unha aplicación coa que condutores non profesionais lles cobran aos usuarios da plataforma por viaxar en coche. Esta actividade non conta cunha regulación previa e desatou a polémica cos taxistas, que ven a app como unha forma de competencia desleal. Non obstante, Pierre-Dimitri Gore-Coty, o responsable de Uber en Europa occidental, defende o novo servizo como unha solución innovadora que lles devolve aos consumidores a capacidade de decisión.

Uber preséntase como unha aplicación útil para o consumidor. Por que levanta ronchas?

Adoptamos unha solución innovadora para revolucionar un sector obsoleto que permaneceu inmóbil durante anos. Devolvémoslles a decisión aos consumidores e ofrecemos maior variedade, seguridade e fiabilidade como parte da economía colaborativa.

Tantas vantaxes ten?

O noso produto, baseado en compartir transporte, achega unha alternativa segura, fiable e accesible á hora de moverse pola cidade. UberPOP é parte dunha revolución máis ampla en mobilidade. Vemos un futuro con menos propiedade de vehículos e máis fórmulas de compartir coche.

Hai quen asegura que é un sistema inseguro.

Uber é un modelo de referencia en canto a seguridade para o consumidor pola innovación tecnolóxica na app, deseñada para mellorar enormemente a fiabilidade e as viaxes dos pasaxeiros. Só traballamos cos condutores de maior calidade. Temos uns estándares mínimos para o tipo de coche e o servizo ofrecido e realizamos rigorosos e profundos controis de antecedentes de cada condutor.

Por exemplo?

Ao final de cada viaxe, o viaxeiro pode puntuar o condutor, o que significa que podemos asegurar os mellores estándares para todas as viaxes que se realicen a través da app de Uber. Ademais, cada condutor, cada coche e cada viaxe están totalmente asegurados. Os condutores non levan diñeiro en efectivo e todos os pagamentos son electrónicos, polo que son rexistrados e transparentes.

Estar en 140 cidades en 40 países non parece doado.

Uber naceu para resolver, xa que é capaz de ofrecer unha viaxe fiable en calquera momento e en calquera lugar. Aos viaxeiros encántalles esa seguridade, facilidade e vantaxe de solicitar un traxecto en canto o demanden. O noso obxectivo é traducir o "tempo estimado de chegada" no menor tempo posible e levar os viaxeiros dun punto a outro dunha forma segura e cómoda. É importante resaltar que Uber non contrata condutores, senón que ofrece a tecnoloxía e a aplicación para que condutores independentes conecten con viaxeiros na súa cidade. Isto significa que poden conectarse e desconectarse cando o decidan, o que lles dá unha incrible flexibilidade nas súas vidas.

Acúsaselles de favorecer a economía encuberta, de fraude e ilegalidade. Cren que se tivesen licenzas a aceptación por parte dos taxistas sería maior?

Como comentei antes, Uber non contrata condutores, somos unha empresa tecnolóxica que lle ofrece os seus servizos á xente que quere compartir unha viaxe para trasladarse dun punto a outro do xeito máis conveniente. A competencia é boa para o consumidor, pero incómoda para o taxi tradicional que non cambiou en anos. A competencia ofrece máis elección para os clientes, mellora o servizo e incentiva a innovación.

Innovación si, pero os taxistas tamén necesitan traballar.

As protestas dos taxistas mostran que só queren suprimir alternativas e limitar a competencia. Nun mercado san e competitivo, o gañador real é o consumidor. Somos completamente innovadores e encántanos ver como a tecnoloxía pode facer as cousas máis simples.

Vostedes apostan polas novas tecnoloxías, por un novo modo de facer as cousas. É o principio dunha "revolución"? Imporase o consumo colaborativo?

Estamos sempre a explorar novas formas para que a nosa tecnoloxía sexa máis accesible a máis xente. Uber está comprometido en facer a vida da xente máis doada e céntrase en ofrecer máis alternativas na forma en que as persoas se moven pola cidade a prezos máis accesibles. Vemos un futuro con menos propiedade de vehículos e máis fórmulas de compartir coche.

Que solución lle daría vostede ao conflito cos taxistas?

Cremos que hai lugar para múltiples xogadores no mercado europeo do transporte. Ao ampliar as opcións de transporte tanto para viaxeiros coma para condutores, estamos a lle achegar máis elección ao mercado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto