Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: verduras en conserva: Verduras en conserva, un tesouro na despensa

As súas calidades nutritivas apenas difiren das verduras frescas e, mesmo neste formato, manteñen de forma estable os seus nutrientes durante moito máis tempo

¿Cuál compro? ¿Y cómo puedo ahorrar?

Suxestións de compra

As hortalizas en conserva son alimentos moi saudables. Manteñen case intactas as propiedades dos vexetais crus, son lixeiras, baixas en graxa e ricas en fibra. Estas características fainas merecedoras dun lugar destacado na despensa, onde sempre deberían estar presentes; en especial, para sacarnos dun apuro culinario ou para nos axudar a improvisar unha comida. A seguir, indícanse algunhas recomendacións gastronómicas e dietéticas para elixir mellor:

 

Para facer en purés

A mellor elección son as verduras con alto contido en fécula, como as cenorias e as patacas, que logo poderiamos combinar con verduras con alto contido en fibra, coma os espárragos, as espinacas e as acelgas. Unha combinación moi sinxela consiste en utilizar unha verdura fibrosa -como as espinacas ou as acelgas-, mesturala con pataca ou cenoria para que espese e engadir un chorriño de aceite de oliva ou un refrito de allos antes de triturar. É preferible non mesturar demasiadas verduras, senón darlles personalidade aos purés e deixar que unha verdura e o seu sabor sexan os protagonistas.

Para comer todos os días

Xa que a inxestión de sal é excesiva na poboación española, para recomendar un consumo diario debemos fixarnos en conservas que non teñan moito sal engadido. É o caso das alcachofas, do pemento morrón, da remolacha, da soia xerminada ou da cenoria.

Para os nenos

Debemos aplicar o mesmo criterio que cando imos comer verduras en conserva todos os días e escoller as que teñan menor contido de sal. Ademais, existen estudos que suxiren que o padal dos nenos pode afacerse máis rápido que o dos adultos aos sabores salgados, o que incrementaría a súa tendencia a consumir esta clase de alimentos, algo arriscado para a súa saúde cardiovascular a longo prazo.

Para comer cun refrito

Calquera verdura acompañada dun refrito toma categoría, xa sexa como primeiro prato, como guarnición ou, mesmo, como prato único. Por exemplo? Unhas vaíñas ou alcachofas con refrito, acompañadas dalgunha pataca e de anaquiños de cenorias para facer máis vistosa, suave e completa a receita. Se queremos facer unha guarnición para carne ou peixe, podemos utilizar champiñóns, pementos ou patacas acompañados por un refrito de allos. As vaíñas e as cenorias tamén se poden utilizar para unha guarnición, aínda que os champiñóns e os pementos son os que máis triunfan. O tipo de refrito -máis simple ou máis complexo- tamén lles imprime os seus matices aos pratos.

Para levar ao traballo

Xa sexa nun termo quente ou nunha friameira fría, as verduras en conservas resultan moi prácticas. Con todo, a opción máis sinxela sen necesidade de quentar ou de estar atentos a que se derramen líquidos son as ensaladas. Podemos preparar unha cama de leitugas variadas e engadir uns anaquiños de corazón de palmeira anana e remolacha relada, que lle darán un toque moi vistoso. Se queremos un prato máis contundente, engadimos pasta cocida ou arroz branco cocido. Só teremos que aderezar no momento para comer.

Para os que non lles gusta a verdura

O truco é combinalas con outros alimentos ou buscar novas texturas que resulten máis agradables. Por exemplo, escorremos unhas pencas de acelgas en conserva, enchémolas con xamón york e queixo, pasámolas por fariña e ovo batido e, finalmente, fritimos en abundante aceite de oliva, para presentar cunha salsa de tomate ou bechamel. Os pementos recheos son outra opción interesante, xa que podemos usar todo tipo de salteados para introducir no seu interior e dar sabor. As croquetas son un gran comodín: de bacallau con espinacas, de xamón con champiñóns, de morcilla con pementos... Unha última idea: en empanadas ou pizzas, onde podemos agregar dende pementos ou

Apuntamentos para o aforro

Hai tantos tipos de verduras en conserva, tantas marcas, envases e presentacións, que custa resistirse. A seguir, fanse unha serie apuntamentos sinxelos para coidar a alimentación saudable sen descoidar o peto:

  • Ata 5 euros o quilo. As verduras en conserva máis económicas son as espinacas, as acelgas, as patacas, a cenoria relada e os xerminados de soia. Todas elas custan, de media, 4 euros o quilo. A remolacha, que tamén entra neste grupo, custa un pouco máis: case 5 euros o quilo. No caso das acelgas e das espinacas, unha opción interesante é Eroski Sannia, xa que son conservas baixas en sal e, ademais, o seu prezo está por debaixo da media. Aínda que os prezos son bastante parecidos, nalgunhas conservas hai excepcións. É o caso da cenoria relada, onde a marca máis cara (Bio Amalur) triplica o prezo de media, e da remolacha, onde a opción máis custosa (tamén Bio Amalur) duplica o prezo medio. En ambos os casos, a opción máis económica é Leyenda.
  • De 6 a 10 euros o quilo. Nunha franxa de prezo intermedia atopamos as xudías e os talos de espárragos (6 euros/kg), as pencas de acelgas (7 euros/kg) os cogomelos (8 euros/kg), os champiñóns e allos porros (8,5 euros/kg) e as minestras de verduras (10 euros/kg). As xudías son bastante parecidas de prezo entre si, aínda que a marca máis cara (Bonduelle extrafina) duplica o custo medio. As opcións máis baratas son Gutarra, Eroski Basic e Dantza. Cos cogomelos ocorre algo similar, xa que os prezos son bastante homoxéneos: entre a marca máis cara (Ferrer) e a máis barata (Celorrio) hai menos de 2 euros/kg de diferenza. Con todo, é preciso excluír desta ratio os cogomelos xaponeses shiitake, cuxo prezo triplica a media. A marca máis económica de allos porros é Leyenda e a de champiñóns Eroski (laminado). Mención á parte merecen as minestras de verduras, que case podemos considerar como un prato feito. Unha opción interesante é Eroski Sannia, cuxo prezo está por debaixo da media e o seu contido de sal é reducido. Se queremos aforrar un pouco máis, as macedonias de verduras son aínda máis baratas: a máis custosa (Gutarra) non chega a 7 euros/kg e a máis económica (Eroski) rolda os 2,50 euros/kg.
  • Máis de 10 euros o quilo. Entre as conservas de verduras máis caras atopamos as alcachofas e os pementos do piquillo (13 euros/kg), o corazón de palmeira (14 euros/kg), os espárragos (18 euros/kg) e as xemas de espárragos (21 euros/kg). É importante considerar, en todos estes casos, que as denominacións de orixe inciden moitísimo no prezo dos produtos. Por esa razón, é posible atopar notables diferenzas entre as opcións máis baratas e as máis caras. Entre as alcachofas, por exemplo, a marca máis cara (Viuda de Cayo) custa case seis veces máis que a máis económica (Eroski) e o triplo ca unha conserva media (Gutarra, ao natural sen sal). Cos pementos do piquillo sucede algo parecido, aínda que a variedade é moitísimo maior. As marcas máis caras (El Navarrico, Lodosa Dantza) superan os 20 euros/kg (mesmo poden aproximarse aos 30 euros/kg), mentres que as máis baratas (Eroski, Eroski Sannia, Vitter e Viuda de Cayo) non chegan aos 9 euros/kg. Por último, os espárragos son as hortalizas con máis variedade de marcas e presentacións. Nelas, ademais das denominacións de orixe, incide o calibre. Os espárragos con denominación de orixe máis custosos son Eroski SeleQtia, El Navarrico e Pedro Luis, cuxos prezos roldan os 30 euros/kg. Os máis baratos (Eroski, Gigante Verde e Bajamar) custan menos de 10 euros/kg. Se queremos espárragos con denominación de orixe máis accesibles, podemos escoller Dantza ou Viuda de Cayo, que custan ao redor de 21 euros/kg.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto