Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: verduras en conserva: Verduras en conserva, un tesouro na despensa

As súas calidades nutritivas apenas difiren das verduras frescas e, mesmo neste formato, manteñen de forma estable os seus nutrientes durante moito máis tempo

Dos tipos de conservas muy distintos

Un grupo de alimentos, dous semáforos nutricionais

A ración habitual dalgunhas hortalizas -como as acelgas, as espinacas ou as xudías- iguala ou supera os 200 gramos, polo que poderían constituír incluso un prato principal. En cambio, a ración doutras conservas vexetais -coma o corazón de palmeira, o champiñón ou o pemento- é menor; de feito, nalgúns casos non chega aos 30 gramos. As diferenzas do que se entende por unha ración son significativas. Por tanto, se queremos coñecer que achegan as hortalizas en conserva á nosa dieta, é necesario utilizar dous semáforos nutricionais distintos. No primeiro, inclúense os vexetais cuxa ración rolda os 200 gramos, mentres que o segundo abrangue aquelas conservas cuxa ración é máis pequena.

 

Conservas vexetais cuxa ración habitual de consumo supera os 200 gramos

Estas conservas vexetais destacan por que constitúen unha notable fonte de fibra dietética (cuxa inxestión é deficitaria na poboación española) e pola súa baixa achega en calorías e graxas. Con todo, a cantidade de azucres nalgunhas delas é significativa, como tamén o é a cantidade de sal, algo que debemos considerar se estes alimentos se consomen a miúdo. Se comparamos, por exemplo, a achega de sal de 200 gramos de espinacas en conserva coa das espinacas conxeladas ou frescas, constataremos que a adición de sal no proceso de elaboración da conserva é moi importante. De feito, pode chegar a ser ata dez veces maior.

  • Sal nunha ración de espinaca en conserva: 1 gramo (14 % das cantidades diarias orientativas).
  • Sal nunha ración de espinaca conxelada ou fresca: 0,1 gramos (0,14 % das cantidades diarias orientativas).

Conservas vexetais cuxa ración non supera os 200 gramos

Nestoutras conservas vexetais, tamén vemos unha notable achega de fibra dietética e unha moi baixa cantidade de calorías ou graxas. Algunhas delas, coma o pemento morrón ou a remolacha, conteñen unha presenza maior de azucres simples, aínda que non é algo alarmante. En canto ao sal, como a ración de inxestión é menor, estes alimentos non supoñerán unha preocupación, salvo se se toman moi a miúdo. As dúas excepcións son o champiñón e a pataca, que nos achegan máis sal ca o resto dos vexetais en conserva. A modo de comparación, unha pataca difire moito en canto ao seu contido en sal en función de se foi ou non sometida a un proceso de conservación:

 
  • Sal nunha ración de pataca en conserva: 0,7 gramos (12 % das cantidades diarias orientativas).
  • Sal nunha ración de pataca crúa: 0,07 gramos (0,12 % das cantidades diarias orientativas).

Pódense desalgar estas verduras na casa?

As verduras en conserva conteñen máis cantidade de sal que as verduras frescas e as conxeladas. Nalgúns casos, como as espinacas ou as patacas, a achega de sal pode chegar a ser dez veces superior. É importante ter isto en conta en todos os casos -non só cando se padece hipertensión-, xa que o consumo de sal en España duplica os máximos recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Así, se utilizamos con frecuencia hortalizas en conserva, podemos reducir o seu contido en sal de maneira doméstica. Para quitar unha parte do sal (pero non toda) das conservas vexetais, pódese remollar o alimento baixo un chorro de auga fría. Con todo, iso tamén arrastrará determinadas vitaminas (como as do grupo B), ademais de supoñer un gasto de auga potable.

TáBOA COMPARATIVA

Principais ropiedades das verduras en conserva. Que nos mostra o semáforo nutricional?*


*Semáforo nutricional de 2 tipos de conservas vexetais: o primeiro compóñeno 5 tipos de verduras en conserva cuxa ración habitual de consumo supera os 200 gramos (poden ser un prato principal) e o segundo inclúeno 8 tipos de verduras en conserva, cuxa ración habitual de consumo non supera os 200 gramos. (1) Chícharos: Son un tipo de leguminosa, pese a que o acerbo popular os considere verduras. Non obstante, durante os meses de primavera recóllese unha variedade de chícharos temperáns, coñecidos tamén como tirabeques, cuxos grans frescos e ternos teñen unha composición nutricional que se asemella máis á composición das verduras que á dos legumes secos. (2) % CDO: indica a proporción achegada respecto da cantidade diaria orientativa (CDO) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 90 g de graxa, 70 g de graxas saturadas, 20 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é do 7,5 % da CDO), amarelo-cantidade media (entre o 7,5 % e o 20 %) e laranxa-cantidade alta (máis do 20 %). A fibra non ten cor porque escasea na dieta

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto