Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: verduras en conserva: Verduras en conserva, un tesouro na despensa

As súas calidades nutritivas apenas difiren das verduras frescas e, mesmo neste formato, manteñen de forma estable os seus nutrientes durante moito máis tempo

Cuántas y cómo comerlas

O seu lugar na dieta

A última enquisa realizada no noso país pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (na actualidade, Aecosan) só analizou a inxestión de seis hortalizas en conserva: alcachofas, espárragos, patacas cocidas, remolacha cocida, tomate ao natural e cenoria cocida. O consumo total en España apenas alcanza os 65 gramos por persoa ao mes, unha cifra moi afastada dos 8,5 quilos mensuais de verduras e hortalizas frescas que cada español consome ao mes.

 

Existe a crenza errónea de que estes alimentos contan cunha perigosa presenza de conservantes, cando non é así. A algúns -por exemplo, as patacas cocidas en conserva ou os champiñóns- engádeselles un antioxidante denominado ácido ascórbico para preservar as súas calidades. O ácido ascórbico é a vitamina C, como a que atopamos nunha laranxa, polo que a súa inxestión non é prexudicial. Ademais, dado que o tratamento térmico antes comentado (o branqueo) produce diminucións no contido de vitamina C do alimento, o ácido ascórbico engadido serve para compensar a perda. Outros aditivos, como o acidulante e-300, tamén son seguros e inocuos. De todas as maneiras, moitas conservas vexetais non teñen conservantes na súa composición.

Doutra banda, certos sectores móstranse preocupados polo contido en bisfenol A (BPA), un composto orgánico que pode estar presente en alimentos procesados por mor dos envases utilizados na súa conservación. Neste momento, a máxima entidade europea en seguridade dos alimentos, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), considera que esta substancia supón, de ser o caso, un baixo risco para os consumidores.

Dende un punto de vista nutricional, non hai grandes diferenzas entre as verduras frescas e en conserva, tal e como sinalou un recente estudo publicado na Revista Española de Nutrición Humana e Dietética. A investigación indica que aínda que é posible que unha hortaliza acabada de recoller teña máis vitaminas ou minerais ca unha en conserva, este último alimento preservará durante moito máis tempo de forma estable os seus nutrientes. É máis, existen substancias coma o licopeno que poden ser superiores tras o procesado. Así mesmo, detállase que convén incrementar o consumo de hortalizas "sen que o tipo de manipulación ou cocción supoña unha barreira para a súa inxestión dende o punto de vista da perda de nutrientes".

 

En calquera caso, aínda que as perdas de nutrientes non sexan relevantes, si pode selo a adición de sal nestes alimentos, como se pode apreciar no semáforo nutricional. A inxestión de sal en España case duplica as cifras máximas recomendadas polas autoridades sanitarias, así que é conveniente revisar a etiquetaxe destes produtos. Sanidade considera que un alimento ten "moito sal" cando iguala ou supera 1,25 gramos de sal por cada 100 gramos de alimento e que achega "pouco sal" cando ten 0,25 gramos (ou menos) de sal por cada 100 gramos de alimento. Se na etiqueta non pon sal, senón "sodio", debemos multiplicar a cifra de sodio por 2,5 para saber canto sal achega.

Verduras, en conserva ou conxeladas?

Aínda que hai algunhas perdas de nutrientes nos alimentos envasados a causa do procesado alimentario, tales perdas non son preocupantes e non xustificarían decantarse por un tipo ou outro de verduras. Con todo, a adición de sal, como se ve nos semáforos nutricionais, é importante e convén telo en conta tanto na poboación xeral coma, sobre todo, en persoas que padecen hipertensión arterial.

En canto á conxelación, é un proceso que afecta moi pouco o contido en nutrientes e presenta a vantaxe de que non é necesario engadir sal (que preserva os alimentos nas conservas vexetais). Dado que os alimentos se conxelan xusto despois de collelos, é probable que teña máis vitaminas unha verdura conxelada ca unha que leva varios días no mostrador dunha tenda. En contrapartida, a conxelación pode ocasionar cambios indesexables na textura. Ademais, o custo enerxético dos alimentos conxelados é moi superior ao do resto de alimentos, algo cun potencial negativo non só para o noso peto, senón tamén para o medio.

A variedade de produtos é maior entre as conservas, onde podemos atopar moitas máis opcións ca entre as verduras conxeladas. A diferenza, neste sentido, é notable. Con todo, as verduras e as hortalizas conxeladas son máis económicas que as conservas. Isto nótase sobre todo nas minestras, que poden custar ata 6 veces menos, ou nas xudías, que son case catro veces máis baratas. As alcachofas, espinacas e acelgas conxeladas custan a metade que as que veñen en conserva. Aínda así, se non é para consumir no momento, haberá que engadir ao seu prezo o custo eléctrico de mantelas conxeladas na casa. Hai que ter en conta que o relevante para a nosa saúde é consumir máis verduras e hortalizas das que tomamos, sexan ou non conxeladas.

Comer conservas con seguridade

As conservas vexetais industriais presentan unha altísima garantía de seguridade alimentaria, aínda que debemos reparar tanto nas datas de caducidade ou de consumo preferente, coma en que os envases estean en bo estado. Se a tapa está avultada, por exemplo, pode haber no seu interior microorganismos patóxenos, así que é aconsellable non consumir o produto. Algo similar sucede se os envases teñen roturas ou se están oxidados ou abolados. Unha vez aberta a conserva, se non se consome enteira, debe manterse en refrixeración un máximo de sete días. E, se non sabemos a data de apertura, é mellor non consumila.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto