Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: verduras en conserva: Verduras en conserva, un tesouro na despensa

As súas calidades nutritivas apenas difiren das verduras frescas e, mesmo neste formato, manteñen de forma estable os seus nutrientes durante moito máis tempo

Son sinónimo de saúde e benestar. As calidades nutritivas das verduras xogan un papel transcendental no equilibrio da nosa dieta. E non só frescas, tamén en conserva. Cando no século XVIII o francés Nicolas Appert conseguiu esterilizar alimentos en botellas de cristal, ampliouse moitísimo o abano de posibilidades alimentarias da poboación. Dende entón, o descubrimento de Appert evolucionou grazas aos modernos avances tecnolóxicos ata o punto de que, na actualidade, as conservas non só garanten por longo tempo a inocuidade do alimento, senón que ademais conseguen preservar con bastante éxito as súas propiedades nutricionais, a súa cor, o seu aroma e a súa textura.

 

As verduras en conserva son prácticas, seguras e poden converterse no plan B perfecto. Para que as súas propiedades nutricionais cheguen case intactas á nosa mesa, envásanse xusto despois de cultivalas, pero antes lávanse, pélanse (no caso de certas hortalizas, como a cenoria) e branquéanse. O proceso de branqueo ou escaldado significa someter as hortalizas a un tratamento por calor, con auga a unha temperatura próxima ao seu punto de ebulición, seguido por un rápido arrefriado. Con esta técnica, mellórase a conservación do produto, grazas a que inactiva os encimas presentes no propio alimento, que poden causar a súa deterioración co paso do tempo.

Por outra parte, o lavado é sempre moi coidadoso, sobre todo no caso das verduras cultivadas debaixo da terra, como as cenorias ou as patacas, para descartar calquera residuo. Pero, como non é o mesmo limpar as follas dunha espinaca que as dunha pataca pelada, o certo é que cada hortaliza se lava mediante un proceso diferente para garantir a súa limpeza en función das súas particularidades.

A moderna tecnoloxía agroalimentaria esfórzase mesmo en diminuír ao máximo o impacto ambiental de todos estes procesos. Este impacto sempre será menor se consumimos produtos locais; é dicir, recollidos ou procesados preto do noso fogar. Atopamos un exemplo nos pementos do piquillo de Lodosa, fronte aos importados do Perú.

No mercado

A oferta de verduras e hortalizas en conserva dispoñible nos comercios é amplísima. A nosa despensa pode atesourar acelgas, alcachofas, alfalfa xerminada, ceboliñas, champiñóns laminados ou enteiros, corazóns de alcachofa, espárragos brancos ou verdes, espinacas, grelos, feixóns verdes, minestra de verduras, corazón de palmeira, patacas enteiras ou cocidas, cogombros novos en vinagre, pementos do piquillo, pementos morróns e pementos vermellos, remolacha en toros ou relada, cogomelos variados, soia xerminada, tomate pelado, torado ou triturado e cenorias peladas ou reladas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto