Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisadas 1050 persoas de 9 comunidades autónomas sobre os seus hábitos de consumo de medicamentos e o seu uso racional: Medicamentos: os consumidores gárdanos, reutilízanos e aconséllanos

  • Ao 77 % dos entrevistados sóbralles parte do medicamento e, unha vez rematan o tratamento prescrito polo médico, e un de cada dous consérvaos na casa
  • O 72 % tomou algunha vez medicinas por iniciativa propia e sen acudir ao médico
  • Nalgunha ocasión, o 19 % aconsellou a familiares ou amigos que tomasen medicinas que necesitaban receita médica

Medicarse está á orde do día. Tratamos cada dor ou cada molestia cunha pastilla ou cun xarope, tanto por iniciativa propia coma pola dun experto sanitario ou farmacéutico. Así o cre a Organización Mundial da Saúde (OMS) quen asegura que máis do 50 % dos medicamentos se prescriben, dispensan ou venden de forma pouco apropiada e que a metade dos pacientes non os toman correctamente. É a época do ?a pill for every ill?; é dicir, aquela na que case todo pode tratarse con medicamentos.

 

Malia que é certo que cando unha medicina se usa de forma correcta e racional pode facer moito ben na saúde, tamén o é que podemos facernos dano se ese uso é excesivo ou se se realizou cando non se debía. E en que consiste o uso racional dos medicamentos? Segundo a OMS, en que os pacientes reciban a medicación axeitada ás súas necesidades clínicas, nas doses correspondentes aos seus requisitos individuais, durante un período de tempo axeitado e ao menor custo posible para eles e para a comunidade.

Ante este panorama, EROSKI CONSUMER quixo coñecer os hábitos de consumo de medicamentos entre os consumidores e se realizan un uso racional destes. Por iso, durante o mes de xullo, fíxoselles unha enquisa telefónica a 1050 persoas orixinarias de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Percepción e realidade

En liñas xerais, os consumidores consultados non son conscientes de que realizan un mal uso dos medicamentos. No último ano, só un 14 % recoñeceu abandonar un tratamento prescrito polo médico antes de tempo, xeralmente porque se sentía ben. Non obstante, apenas o 54 % confirma que le sempre o prospecto antes de tomar unha medicina.

Ao 77 % dos enquisados habitualmente sóbralles parte do medicamento unha vez rematado o tratamento e a maioría deles (o 63 %) confesa que o garda na casa. De feito, no momento da enquisa, o 70 % tiña na casa medicamentos sobrantes doutros tratamentos con prescrición médica. Principalmente, analxésicos, antiinflamatorios, anticatarrais ou antigripais e antibióticos.

Tamén o 72 % dos enquisados recoñece que toma algún medicamento por iniciativa propia e sen acudir ao médico. Xustifícano porque consideran que son problemas de saúde menores e acoden á farmacia para que os aconsellen. Pero o peor é que o 19 % recoñece que lles ten aconsellado a familiares ou amigos un determinado medicamento que necesitaba prescrición médica. Un costume moi perigoso.

Quen era?

Do total de entrevistados, o 51 % eran mulleres. Todos se atopaban entre os 18 e os 65 anos, aínda que o grupo de persoas máis numeroso era aquel de entre 25 e 44 anos (supoñían o 49 % do total de entrevistados). A media de idade está nos 46 anos. O 34 % tiña formación universitaria ou posgraos e o 18 % formación profesional. Outro 19 % rematara a educación secundaria posobrigatoria voluntaria e o 27 % a obrigatoria. Só un 2 % non tiña estudos.

En canto á súa saúde, un de cada tres entrevistados tiña unha enfermidade crónica (en maior proporción, as mulleres e as persoas de entre 45 e 65 anos) que os obrigaba a tomar pastillas ou a seguir algún tipo de tratamento. Tratábase na súa maioría de enfermidades cardiovasculares, hipertensión, diabetes e trastornos relacionados coa glándula tiroide.

TÁBOA COMPARATIVA

Hábitos de consumo de medicamentos por iniciativa propia,
segundo EROSKI CONSUMER*

Algunha vez tomou medicamentos por iniciativa propia e sen acudir ao médico Trata de solucionar sempre ou ás veces os seus problemas de saúde sen acudir ao médico(1) Non teme os efectos secundarios ao tomar un medicamento que non lle prescribiu ou aconsellou o médico(1) Algunha vez tomou medicamentos caducados que tiña gardados na casa sen decatarse(1) Algunha vez recomendoulles a familiares ou amigos un determinado medicamento que necesitaría prescrición médica
TOTAL - 72,4 % 71,4 % 85,2 % 12,3 % 19,0 %
SEXO Home 71,7 % 73,3 % 84,2 % 12,2 % 17,4 %
Muller 73,0 % 69,7 % 86,2 % 12,3 % 20,5 %
IDADE De 18 a 24 anos 85,0 % 74,1 % 92,4 % 13,4 % 32,4 %
De 25 a 44 anos 83,4 % 74,5 % 82,2 % 15,2 % 19,9 %
De 45 a 65 anos 54,7 % 64,4 % 87,8 % 6,1 % 13,9 %
COMUNIDADE AUTÓNOMA Andalucía 70,7 % 74,6 % 76,2 % 17,1 % 28,4 %
Baleares 66,2 % 54,3 % 88,6 % 12,9 % 20,9 %
Castela-A Mancha 62,6 % 62,9 % 88,9 % 19,4 % 31,4 %
Cataluña 80,9 % 86,5 % 92,2 % 9,3 % 8,1 %
Comunidade Valenciana 66,1 % 59,7 % 86,4 % 10,9 % 18,9 %
Galicia 73,7 % 65,1 % 85,9 % 11,3 % 13,1 %
Madrid 76,1 % 66,3 % 82,7 % 9,9 % 20,9 %
Navarra 79,7 % 83,8 % 92,1 % 8,4 % 6,8 %
País Vasco 60,9 % 60,6 % 91,0 % 12,2 % 12,4 %

FONTE: Enquisa telefónica realizada a 1050 persoas de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

(1) A base son os 760 enquisados que algunha vez tomaron medicamentos por iniciativa propia e sen acudiren ao médico.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto