Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

guía de compra conservas de atún: Conservas de atún, unha porción de mar na mesa

Proporcionan unha cantidade notable de ferro, iodo, vitaminas do grupo B e ácidos graxos esenciais

Ao natural, en aceite de oliva, con tomate ou en escabeche. As conservas de atún poden degustarse de múltiples formas, nunha gran diversidade de pratos e tamén en calquera momento e lugar. Tan só hai que abrir a lata e, no intre, e do xeito máis sinxelo posible, temos á nosa disposición un alimento de calidade, cun valor nutricional moi similar ao do atún fresco.

 

E é que dentro dunha lata de atún hai algo máis ca un apetitoso pescado, hai tamén unha sofisticada tecnoloxía con séculos de historia. No século XVIII, o francés Nicolas Appert conseguiu esterilizar alimentos en botellas de cristal, algo que pouco despois repetiu o británico Peter Durand en envases de folla de lata. Os actuais métodos de enlatado evolucionaron ata o punto de que non só garanten por longo tempo a inocuidade do alimento, senón que ademais se esforzan en diminuír ao máximo o impacto ambiental do proceso. Ademais, respéctanse características importantes para o consumidor, tales como a cor, o aroma ou a textura do atún. E, alén diso e non menos importante, consérvase con éxito a achega nutricional do alimento.

Pero, como chega o atún á lata? Tras a súa captura, e no propio barco pesqueiro, o atún ultraconxélase (é dicir, lévase a -18 ºC, ou menos, en moi pouco tempo). Mantense conxelado ata que chega ás plantas de procesamento, onde se eviscera, escama, limpa e enlata, sempre co máximo respecto dende o punto de vista da seguridade alimentaria. As conservas de atún non conteñen máis aditivo conservante ca o sal.

Neste sentido, é clave darlles prioridade absoluta aos produtos locais. Para o consumo en España, sempre xerará menos contaminación un atún pescado no Cantábrico ca un peixe no Xapón. A razón principal é que produtos pesqueiros coma o atún tamén xeran certo impacto ambiental. Por exemplo, un paquete de tres latas con 179 gramos de atún supón a emisión á atmosfera duns 600 gramos de CO2, tal e como lembran expertos da Universidade de Santiago de Compostela. Isto equivalería a percorrer 6 quilómetros nun automóbil que emita uns 100 gramos de CO2 por quilómetro. Gran parte das devanditas emisións proveñen do carburante que se utiliza durante o transporte do atún ata a planta procesadora. Así, as toneladas de combustible necesarias para transportar atún dende un país situado a miles de quilómetros serán moi superiores ás precisadas para facelo dende unha zona próxima.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto