Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra salsas de tomate: Salsas de tomate, máis que complemento

Acompañan e proporciónanlles un toque de sabor aos pratos. O seu elevado contido en azucre non preocupa se o seu consumo é moderado

Indispensables nos nosos menús, achéganlles sabor e cor aos alimentos. As de tomate son unhas das salsas máis apreciadas na nosa gastronomía. De feito, ademais do aceite de oliva, o grande expoñente da dieta mediterránea, o seu ingrediente principal é o tomate. É orixinario do Ecuador e do Perú, dende onde se estendeu ao resto de América. A Europa chegou no século XVI, cando Hernán Cortés o trouxo a España dende México. Dous séculos despois daquela viaxe, o tomate xa formaba parte dos alimentos de uso habitual e hoxe é unha parte integral da dieta do ser humano en todo o mundo. Na actualidade, consómese non só fresco, senón en diversas formas procesadas: desecado, en zume, en conserva, en sopa, en forma de puré e, como non, en salsa de tomate.

 

A Asociación Española de Fabricantes de Salsas, Caldos e Sopas (AEFSCS) suxire que a elaboración da salsa de tomate nos fogares de Europa coincidiu coa aparición do tomate no continente. De feito, un dos primeiros libros de cociña nos que aparece esta salsa é L'Apicio moderno, editado en 1790 polo gastrónomo italiano Francesco Leonardi. No noso país, a produción industrial de tomate frito produciuse, segundo a AEFSCS, a mediados do século XX, momento en que se lanza ao mercado a primeira salsa con ese nome.

Máis ca tomate

O tomate frito elabórase con tomates naturais que se lavan, trituran e quentan (para garantir a súa seguridade) e, finalmente, cóanse. O tomate para fabricar a salsa pode utilizarse en forma de zume, de puré, de pasta ou a partir dun concentrado. Sexa como sexa, frítese con cebola e aceite vexetal e engádenselle diferentes ingredientes, como sal, azucres, especias, espesantes, hortalizas e outras materias autorizadas pola lexislación que regula as salsas de mesa destinadas ao consumidor, sempre que estean exentas de axentes patóxenos ou doutros axentes estraños.

 

Neste produto está prohibida a utilización de colorantes. En canto aos conservantes, só se autorizan (por motivos de seguridade e hixiene) nos envases cuxo contido é igual ou superior a 2 quilogramos, aínda que nalgunhas marcas comerciais incumpren este particular e inclúen o conservador e-202. O caso é que, cando un fabricante sinala na etiqueta que a súa salsa está elaborada "sen conservantes", non transmite nada significativo, posto que non debería levalos. Por outra parte, malia que existe unha tendencia crecente a lles engadir potenciadores do sabor aos alimentos, coma o glutamato monosódico (e-621), ningunha das salsas de tomate analizadas o contén.

As salsas de tomate levan azucre. É preciso desterrar o mito de que as cantidades deste ingrediente son excesivas, pois a lexislación non permite unha adición superior ao 5 %. Por que, entón, nalgunhas etiquetas se le que o contido de azucres é dun 10 %? Segundo explica o doutor Andreu Farran, experto en composición dos alimentos, os sistemas actuais para detectar o que na etiquetaxe aparece como "azucres" non permiten diferenciar que porcentaxe deles son engadidos e cales son naturais. De aí que, en ocasións, se alerte de xeito innecesario o consumidor.

Entre os demais ingredientes, un que se repite en todas as salsas (ademais do sal e do aceite) é a cebola. Moitas salsas levan tamén allo. En todo caso, a súa presenza é pequena (da orde do 5 %-6 % do peso do produto), polo que non inflúe no perfil da dieta do consumidor. O mesmo pode dicirse das especias, como a pementa. En canto ao sal, Sanidade considera que un alimento contén moito se iguala ou supera 1,25 gramos de sal por cada 100 gramos de alimento, algo que non sucede en ningunha das salsas analizadas2 (a que máis ten achega 0,5 gramos/100 gramos). De feito, a maioría das salsas estudadas achégase ao criterio de Sanidade para considerar que un alimento ten "pouco sal" (≤0,25 g/100 g). As salsas en cuxa etiqueta se le "baixo en sal" son as más recomendables para as persoas con hipertensión arterial.

 

O seu lugar na dieta

En xeral, a inxestión de salsas está desaconsellada para un consumo habitual. Non obstante, as salsas de tomate frito industriais non supoñen unha gran preocupación dende o punto de vista nutricional para un consumo diario se se toman con moderación. Como desvela o semáforo nutricional, as diferentes salsas de tomate presentes no mercado non son preocupantes no que respecta aos denominados "nutrientes conflitivos" (calorías, graxas saturadas, azucres ou sal).

Aínda que o seu contido en azucres non é especialmente baixo (salvo no caso do tomate frito sen sal ou lixeiro cuxa presenza é menor ca no resto de salsas), a contribución destes azucres á inxestión global é pouco importante debido a que a salsa de tomate se consome en cantidades limitadas (de media, menos de 10 gramos diarios en adultos). Outros alimentos que conteñen concentracións de azucre similares á salsa de tomate, ou mesmo maiores, consómense en cantidades moito máis importantes e supoñen unha achega de azucres máis preocupante á nosa dieta. Así mesmo, dado que o consumo de salsa de tomate frito en España é baixo, o valor nutricional do produto (por exemplo, o seu contido en vitamina B9) non é relevante para a saúde.

En cambio, si existe unha substancia no tomate que require unha mención. Trátase do licopeno, un carotenoide que presenta un alto poder antioxidante, responsable da cor vermella brillante do froito. Varios estudos relacionaron o consumo de licopeno cun menor risco de sufrir enfermidades cardiovasculares e coa protección fronte a algúns tipos de cancro, especialmente o de próstata. O interesante é que o procesado do tomate, como o que se leva a cabo para realizar a salsa de tomate, incrementa a biodispoñibilidade desta substancia. En todo caso, cabe matizar que aínda se necesitan máis estudos para dilucidar se os beneficios do licopeno son reais ou se obedecen a que os que consomen de forma habitual tomate e os seus derivados levan un estilo de vida máis saudable.

TáBOA COMPARATIVA

Principais novidades das salsas de tomate analizadas* Que nos mostra o semáforo nutricional?

Nunha porción (dúas culleradas sopeiras, 30 gramos) Estándar Con aceite de oliva virxe extra Sen sal Caseiro Sen sal nin azucres engadidos (lixeiro)
CDO Achega % sobre as CDO Achega % sobre as CDO Achega % sobre as CDO Achega % sobre as CDO Achega % sobre as CDO
Enerxía (kcal) 2000 24,2 1,2 25,7 1,3 21,3 1,1 32,1 1,6 21,6 1,1
Graxas (g) 90 1,1 1,2 1,4 1,6 1,4 1,6 2,3 2,6 1,3 1,4
Saturadas (g) 70 0,2 0,2 0,3 0,4 0,2 0,3 0,3 0,4 0,2 0,2
Azucres (g) 20 1,9 9,7 1,9 9,5 1,1 5,7 1,8 9,0 1,4 7,1
Sal (g) 6 0,3 5,4 0,4 6,7 0,0 0,7 0,3 4,8 0,1 1,3
fibra (g) 24 0,3 1,4 0,3 1,3 0,8 3,1 0,3 1,3 0,2 0,9

Semáforo nutricional de 5 tipos de salsas de tomate, segundo unha ración de consumo que supón dúas culleradas sopeiras ou 30 gramos.
(1) Indica a proporción achegada respecto da cantidade diaria orientativa (CDO) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 90 g de graxas, 70 g de saturadas, 20 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é do 7,5% da CDO), amarelo-cantidade media (entre o 7,5% e o 20%) e laranxa-cantidade alta (máis do 20%). A fibra non ten cor porque escasea na dieta.
(2) Fonte: Elaboración propia a través do estudo da etiquetaxe das diferentes marcas de tomate comercializadas; entre elas, Seleqtia, Sannia e Eroski.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto