Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Santiago Niño Becerra, catedrático de Estrutura Económica no IQS School of Management-Universitat Ramon Llull: Ás pensións de xubilación, tal e como as coñecemos, quédanlles moi poucos anos de vida

 

Chegaremos a cobrar pensións nun futuro non tan afastado? Santiago Niño Becerra, economista, estima que non tal e como as coñecemos hoxe. E o problema non está no aumento da esperanza de vida (que coa diminución das prestacións caerá), senón en que a tendencia evolutiva dos ingresos vai por detrás da dos gastos. E cunha reserva para "catro ou cinco anos" imporase unha renda básica universal. Por iso, quen poida (moi poucos na España actual) debería ir planificando e aforrar para poder complementar a súa pensión.

A esperanza de vida aumenta mentres diminúe o número de cotizantes á Seguridade Social... Que futuro nos depara?

A esperanza de vida entendo que non é o problema, caerá a medida que vaian diminuíndo as prestacións do modelo de protección social, sobre todo as sanitarias. O problema radica en que a tendencia evolutiva dos ingresos irá por detrás da dos gastos: maior número de beneficiarios con cotizacións á baixa, debido a menores salarios medios e como consecuencia dun elevado desemprego estrutural e dun crecente peso dos empregos a tempo parcial. Futuro? O descenso nos importes das pensións.

Estímase que en 2040 por cada persoa en idade de traballar haberá outra en idade de non o facer. Crese que chegará un momento en que non se poderán cobrar pensións de xubilación?

Ás pensións de xubilación, tal e como as coñecemos, penso que lles quedan moi poucos anos de vida. Por un lado, está a insuficiencia de ingresos antes apuntada. Por outro, xa non serán necesarias, debido a que xa non é preciso "calmar a clase obreira" como acontecía na Guerra Fría. E, ademais, porque o crecemento a partir do consumo masivo xa hai anos que quedou atrás. Algún tipo de pensión sempre se percibirá, aínda que só sexa por unha simple cuestión de orde pública, pero penso que máis baixo a forma dunha "renda básica universal".

E haberá diñeiro abondo para pagar as pensións?

A Seguridade Social española (fundamentalmente, pensións e prestacións por desemprego) pechou o ano pasado cun déficit do 1,8 %; é dicir, sobreviviu grazas á súa caixa de reserva. Ao ritmo dos últimos anos, queda caixa de reserva para catro ou cinco anos e, a partir de aí, os recortes poden ser enormes.

Dise que os efectos da actual crise económica sobre as pensións se notarán nuns anos... Cando e de qué calado serán estes?

O primeiro que percibirán os pensionistas, de feito xa o están a percibir, é unha caída no poder adquisitivo das súas pensións, pero logo chegarán os recortes nos importes. Isto virá combinado con modificacións no sistema de cálculo: tomarase como referencia toda a vida laboral, alongarase o período de cotización para poder acceder a unha pensión...

Atrasar a idade de xubilación é unha medida tomada por moitos gobernos, pero é unha solución efectiva?

É a típica medida que toman os políticos independentemente da cor que teñan e non supón máis ca pospoñer o problema e trasladalo a mañá. Ao atrasar a idade de xubilación, redúcese a cantidade total que haberá que pagar en pensións. Atrasar a idade de xubilación, nunha atmosfera de demanda de traballo á baixa, o único que fai é frear a incorporación dos mozos ao mercado laboral. O único aspecto positivo que pode ter esa medida é o feito de que, para algunhas persoas, pode permitirlles acceder a unha maior renda mentres traballan en comparación coa pensión que logo percibirán.

Case a metade dos españois está preocupado polo seu futuro tras a xubilación, pero chámaselles "preocupados pasivos" porque non toman ningunha iniciativa. Que deberían facer?

A maioría dos españois non pode facer nada porque a súa capacidade adquisitiva non dá para aforrar. Por un lado, o 50 % dos españois teñen un salario igual ou inferior a mil euros. Por outro, o 60 % dos seus pensionistas teñen que lles axudar ás súas familias. Alén diso, o 90 % das dotacións a fondos de pensións fanse en decembro e fanse para lograr unha desgravación fiscal... e a súa continuidade non está asegurada. En definitiva, a realidade é que en España poucas persoas poden aforrar pensando en complementar a súa pensión.

Se aforrar vai ser a única opción para os españois, cando se debe comezar a facelo?

Quen poida que empece a planificarse dende que lle sexa posible, pero os fondos de aforro deberán ser flexibles nas súas condicións, xa que un número crecente de persoas vai ter contratos temporais e/ou a tempo parcial.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto