Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisadas máis de 800 persoas de 17 comunidades autónomas sobre as súas condutas na compra, no almacenamento e na preparación dos alimentos: Seguridade alimentaria: se arríscase na compra e no almacenamento

Por idades, os mozos de entre 18 e 34 anos cometen máis infraccións ca os seus maiores

Planificación e compra

Planificación: unha cuestión de idade

Unha boa planificación da compra é sempre fundamental. Tres de cada cinco enquisados aseguran levala a cabo habitualmente.

Tamén é conveniente elaborar unha lista e clasificar nela os diferentes tipos de alimentos. Aínda que un 57 % dos entrevistados asegura que elabora unha lista sempre que vai realizar a compra e outro 37 % ás veces, só un 23 % deles di clasificar sempre nela os distintos tipos de alimentos: os que non necesitan frío, os conxelados etc.

 

A planificación parece unha cuestión de idade, posto que son os maiores de 55 anos os que din organizarse con maior asiduidade que os mozos de entre 18 e 34 anos. Así, mentres o 71 % dos primeiros aseguran planificarse sempre e o 61 % elabora unha lista, unicamente arredor do 45 % dos segundos segue o mesmo patrón.

A compra: sen xeito nin modo

Os establecementos de compra deben respectar unhas normas de hixiene e limpeza. É máis, a información dos produtos e a orde deben permitir determinar se se garante a calidade e a seguridade dos alimentos que se están a vender. Ao entrar nun local, o 83 % dos entrevistados sempre se fixa na súa limpeza, o 67 % no aspecto ou na hixiene do persoal, o 64 % na disposición e na orde dos produtos e só o 44 % no tipo e no estado das infraestruturas.

Unha vez dentro do establecemento, a orde de compra tamén é moi importante para non romper a cadea de frío. E se se manteñen os produtos alimentarios ás temperaturas axeitadas de conservación prolongarase a súa calidade e bo estado sanitario. Dous de cada cinco enquisados adoita seguir unha orde establecida na súa compra (sobre todo os maiores de 55 anos, o 42 %), non así o 35 % que só o fai ás veces e o 25 % que non o fai nunca (aquí destaca a xuventude, cunha porcentaxe dun 40 %).

Ademais, é recomendable seguir unha orde concreta. Convén comezar comprando os produtos non alimenticios e despois os alimentos que non necesitan frío para a súa conservación. Logo, adquiriranse os refrixerados, máis tarde os conxelados e, por último, as comidas de consumo inmediato. Esta clasificación aplícaa unicamente o 18 % das persoas enquisadas.

No mantemento da cadea de frío, xogan un papel importante as bolsas isotérmicas. Tres de cada cinco enquisados utilízaas, non así un 39 %. De novo, destaca a xuventude (un 59 % admite que non as usa nunca), fronte ao 27 % dos maiores de 55 anos ou máis e o 38 % dos que teñen entre 35 e 54 anos, que din o mesmo. Por último, a orde no carro tamén importa. Os alimentos deben estar separados dos produtos de limpeza e nunca ha de colocarse a carne ou o peixe cru sobre outros alimentos. Na enquisa, só un de cada dous ordena sempre os diferentes produtos dentro da cesta.

Como se pode saber se un alimento é fresco?

A nosa seguridade alimentaria tamén depende da nosa habilidade en escoller os produtos máis frescos e máis saudables. A Guía práctica de hixiene e seguridade alimentaria para o consumidor, elaborada pola Consellería de Sanidade da Comunidade Valenciana, ofrece algunhas pistas sobre o xeito de identificar un produto con estas características:

Carne

  • Debe ter unha cor característica.
  • Non ha de presentar perdas de líquido.
  • É recomendable que a carne envasada teña o envase intacto e limpo.
  • Debe conter a información obrigatoria ao consumidor.

Peixes frescos

  • Hai que percibir un olor agradable a mar.
  • Debe presentar a pel de cor viva e brillante.
  • Os ollos serán curvados e a pupila negra e brillante.
  • A carne debe estar firme e elástica.
  • As galadas serán rosadas ou avermelladas e terán unha cor viva e as escamas estarán adheridas (como excepción, as sardiñas).

Peixes e mariscos conxelados

  • Deben estar completamente duros e non cederán á presión.
  • Terán a pel lisa e limpa, sen erosións nin raspaduras.
  • Se é peixe torado, a superficie de corte e a espiña han de ter unha cor uniforme e branca, sen reflexos avermellados preto da espiña.
  • Se se compra o peixe envasado, o envase debe estar pechado hermeticamente, sen roturas nin esgazaduras, e non terá xeada no interior, xa que isto indicaría que se desconxelou.

Froitas e verduras

  • Non han de ter mostras exteriores de sucidade ou po.
  • Deben ter a pel limpa e sa, co brillo e a cor propia da especie que se trate.

Ovos

  • Convén ter coidado coa data de consumo preferente: son 28 días tras a data da posta.
  • A casca ha de estar limpa e sen fisuras.
  • Hai que rexeitar os ovos sucios de feces, rotos ou con fisuras.

Produtos conxelados

  • Non deben estar prensados e non presentarán xeada no interior.
  • Os produtos envasados han de estar correctamente etiquetados.

Conservas

  • Os envases deben estar en boas condicións.
  • As latas non deben estar oxidadas ou deterioradas nin con aboladuras.
  • Hai que rexeitar as conservas que presenten empenamento.
  • Deben levar sempre etiqueta.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto