Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisadas máis de 800 persoas de 17 comunidades autónomas sobre as súas condutas na compra, no almacenamento e na preparación dos alimentos: Seguridade alimentaria: se arríscase na compra e no almacenamento

Por idades, os mozos de entre 18 e 34 anos cometen máis infraccións ca os seus maiores

Os alimentos son a gasolina do corpo. Inxerilos produce un gran pracer e, alén diso, achegan os nutrientes que necesita o noso organismo. Non obstante, na súa conservación e preparación convén ser precavido, senón poden facernos pasar momentos ben amargos na nosa vida.

 

En España, prodúcense dous brotes toxiinfecciosos ao día. As enfermidades máis habituais son a salmonela, a listeria e o campylobacter (unha enfermidade zoonótica). Aínda que pareza paradoxal, os fogares son uns dos principais focos de infección. Alí é onde se producen a metade dous de cada cinco problemas alimentarios que causan estas intoxicacións. O resto acontecen en lugares como restaurantes, hoteis, bares, instalacións sanitarias, escolas, gardarías ou xeriátricos.

O consumidor xoga un papel fundamental na seguridade alimentaria: dende a elección do establecemento de compra ata o consumo dos alimentos. EROSKI CONSUMER quixo coñecer cales son as súas condutas durante a compra, o almacenamento, a preparación e a conservación dos produtos alimentarios e se se manteñen as boas prácticas. Para iso, durante o mes de abril fíxolles unha enquisa a máis de 800 persoas maiores de idade mediante un cuestionario de 30 preguntas, cuestionario que se atopa na versión en liña. Todas elas procedían das 17 comunidades autónomas.

Tres de cada catro entrevistados eran mulleres. E é que aínda hoxe continúan sendo maioritariamente as encargadas dos procesos de compra e preparación dos alimentos. Tiñan unha media de idade de 47 anos.

O 30 % admitiu sufrir algunha vez unha intoxicación alimentaria (o 33 % dos homes e o 29 % das mulleres) e, deles, o 81 % asegurou que aconteceu fóra do fogar. O marisco, outros peixes cociñados e crus, a maionesa e outras salsas e tamén o ovo foron os produtos que, en maior medida, interviñeron nestas infeccións.

Boa conduta, malia os riscos

A responsabilidade de alcanzar o nivel máximo de seguridade alimentaria recae nos produtores, nos industriais, nos distribuidores e tamén no consumidor. Estes últimos compran, almacenan, manipulan, cociñan e consomen os alimentos. Pero, fano de forma segura? EROSKI CONSUMER determinou a través dun sistema de puntuación (nunha escala do 0 ao 10) cal era o grao de seguridade alimentaria nos distintos momentos nos que se produce unha interacción entre o consumidor e o alimento: ao planificar a compra, ao adquirir os produtos no establecemento de compra, ao almacenalos no fogar e no momento de preparalos para o consumo.

Os enquisados alcanzaron unha nota media final de 6,4 puntos. É dicir, o grao de seguridade alimentaria no fogar é bo, pero aínda se cometen algunhas condutas de risco. Non houbo apenas diferenzas por sexo e comunidade, aínda que por idade os mozos de 18 a 34 anos teñen máis condutas de risco (apenas lograron 5 puntos) ca os seus maiores.

Mentres a planificación da compra se valorou cun "ben" e a preparación dos alimentos cun "moi ben", o grao de seguridade alimentaria cualificouse de "aceptable".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto