Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisadas 1050 persoas de 9 comunidades autónomas sobre os seus xestos de solidariedade en materia alimentaria: Solidariedade alimentaria: tres de cada catro enquisados promovérona no último ano

O máis común foi doar alimentos (un 63 % así o confirma) e gran parte destinouse a bancos de alimentos

  No noso país, case 13 millóns de persoas atópanse en risco de pobreza ou exclusión social, segundo un recente informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN). O concepto de pobreza encerra, ante todo, privación. As persoas consideradas pobres sono porque carecen de ingresos suficientes, de alimentos, dun teito, de atención sanitaria, de acceso á educación... A pobreza é un círculo que de momento non cesa. Ante esta situación, a solidariedade de cada cidadán faise cada vez máis necesaria, especialmente aquela destinada a cubrir o máis básico, como é alimentarse.

Nestes momentos de empobrecemento crecente, EROSKI CONSUMER quixo saber se a poboación española está a ser solidaria neste sentido. Para iso, consultou durante o mes de marzo 1050 persoas orixinarias de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Como se fixo?

Todos os entrevistados encargábanse das necesidades relacionadas coa alimentación do fogar: ir á compra, deseñar os menús, cociñar... O 69 % dos enquisados eran mulleres e tiñan unha idade media de 56 anos. Por grupos de idade, un 47 % tiñan entre 45 e 64 anos, o 34 % máis de 64 anos e o 16 % entre 25 e 44 anos. Apenas un 3 % tiña entre 18 e 24 anos. Na actualidade, un 38 % do total de entrevistados son xubilados ou pensionistas e outro 37 % atópase traballando. O 12 % non estuda, nin traballa, nin busca emprego activamente; outro 10 % está desempregado pero si busca activamente un emprego e só un 3 % é estudante. Por último, o 45 % pertence a un fogar formado por unha parella de adultos ou un adulto con fillos, o 23 % son persoas que viven soas e o 21 % forma parte dunha parella sen fillos.

Solidariedade en tempos difíciles

Somos solidarios de nacemento. O noso cerebro garda a información que determina a capacidade de lles querer axudar aos demais e o resto apréndese cos anos. Do estudo despréndese que os xestos de solidariedade alimentaria (doar alimentos, axudar a un familiar no pagamento da cesta da compra, entregar comida a familiares...) son abundantes entre os consumidores enquisados. E é que o 77 % das persoas entrevistadas realizou no último ano algún acto solidario en materia nutricional.

A persoa solidaria do informe é, en maior medida, muller (o 80 % das enquisadas comprometéronse fronte ao 72 % dos homes), de 45 a 64 anos (o 82 %), maioritariamente de Cataluña (tamén o 82 %), con traballo (un 83 %) e pertencente a unha familia con parella e sen fillos (o 80 %).

Aínda así, en todos os colectivos, clasificados por sexo, idade, comunidade autónoma, ocupación e tipo de familia, máis do 65 % tiveron un xesto solidario no último ano. As proporcións máis baixas atopáronse entre os estudantes e os enquisados máis novos, de entre 18 e 24 anos (en ambos os casos, un 55 % deles dixeron ter un xesto solidario).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto