Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Fernando Morcillo, Director Xeral de AEAS: "A auga da billa ten en España a mesma calidade que a embotellada"

 s consumidores deberían pagar máis na súa factura da auga para cubrir os custos deste servizo, segundo un estudo da Asociación Española de Abastecemento de Auga e Saneamento (AEAS). O seu director xeral, Fernando Morcillo, asegura que nos últimos cinco ou seis anos non se investiu en coidar e mellorar as infraestruturas, e xa empezan a notarse os problemas e as avarías. Este experto destaca tamén que o 20 % dos municipios españois carece aínda de sistemas axeitados de depuración. Non obstante, Morcillo destaca a gran calidade da auga de billa en España e anima os cidadáns a que a pidan nos restaurantes.

Os consumidores pagan unha factura pola auga que "non cobre os custos dos servizos", segundo vostedes

Os custos páganse en gran parte a través dos orzamentos xerais. Coa crise, as administracións destinan poucos recursos a novas infraestruturas e renovacións. Isto pode atrasar a evolución futura dos servizos e a calidade da auga, que ata agora foi excelente. Se o prezo da auga cubrise cada vez máis os custos, poderíase esixir máis e habería unha relación directa entre o que pagamos e a calidade do servizo.

Os cidadáns terían que pagar máis pola factura da auga?

A idea sería pagar máis na factura e menos nos impostos. Estamos un pouco fóra do mecanismo común europeo. As infraestruturas teñen unha duración longa. Se pasan cinco ou dez anos nótase moito e, de feito, agora estase empezando a notar.

Baixou a calidade do servizo?

A calidade da auga non baixa, pero si as prestacións dos servizos. Empeza a haber barrios ou zonas con problemas de vellez de canalizacións e máis avarías.

Que diferenzas de tarifas hai en España e en Europa?

A media en España é de 1,57 euros por mil litros subministrados máis IVE, mentres en Glasgow pagan 5,28, na Haia 4,67 e en Berlín 4,63. Esas cidades incorporan ás súas tarifas os gastos de renovar infraestruturas. Ese prezo inclúe ofrecer auga de calidade, depurala unha vez utilizada e devolvela ao medio en condicións. As plantas depuradoras dos anos 80 necesitan unha renovación.

Canto deberían pagar os españois pola auga?

Habería que pasar dos 1,57 euros de media a 2,20 ou 2,30 euros, cunha suba progresiva nuns catro ou cinco anos. Non obstante, a responsabilidade dos prezos é das institucións locais. Nalgunhas cidades cobren custos e noutras non.

Os vertidos incontrolados nos ámbitos urbanos ou a falta de sistemas de depuración foron problemas comúns hai anos. Cal é a situación actual?

O Ministerio de Medio Ambiente asegura que o problema da depuración está resolto nun 80 % en case todas as grandes cidades. Pero aínda queda moito por facer. Como non se cumpriron todos os obxectivos, a Unión Europea abriunos expedientes, normalmente aos pequenos e medianos municipios. E é posible que nos sancionen economicamente.

A crise non axuda.

Claro. No seu momento, houbo moito apoio dos orzamentos europeos. Partiuse practicamente de cero a ese 80 %. Pero ese 20 % que falta hai que resolvelo. E agora non hai axudas europeas. Nos últimos cinco ou seis non se inviste.

Nese 20 % hai algún municipio destacado?

Santiago de Compostela, ou algúns coñecidos como Chipiona, Estepona, Nerja etc. Algúns deles teñen operativas as plantas, outros aínda non.

Vostedes aseguran que a auga en España é de gran calidade. Non obstante, aumentou o consumo de auga embotellada.

Non apreciamos o luxo de ter auga corrente e de calidade na casa. Dános vergoña pedir auga de billa nun restaurante, pero ten a mesma calidade que a que nos cobran. Nalgunhas zonas as augas teñen un sabor menos agradable, pero dende o punto de vista sanitario todas son seguras. O Ministerio de Sanidade ten unha páxina web -Sinac- que informa dos controis que se lle fan á auga en cada poboación. E case non hai ningún punto vermello. A auga é, sen dúbida, o produto alimentario máis controlado, o que máis probas pasa.

Que lles aconsellaría aos consumidores para que usen mellor a auga?

Estamos nuns niveis de uso moi razoables, nalgúns casos mellor que a media europea. Cambiouse o baño pola ducha e tamén se nota a modernidade dos equipos. Gástase máis auga fregando á man ca con lavalouza. Si habería que facer fincapé no bo uso dos desaugadoiros urbanos.

Como?

Non se debería utilizar o váter como papeleira ou cubo de lixo. Non hai que tirar sólidos. Non obstante, non é o mesmo tirar un resto de sopa, que ten certa biodegradabilidade e non hai maior problema, ca unha medicina ou produtos químicos, como pinturas ou disolventes; para iso están os puntos limpos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto