Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Doutor Juan José Rodríguez Sendín. Presidente da Organización Médica Colexial de España: "A medicina moderna actual é integral e trata o paciente no seu conxunto"

 Juan José Rodríguez Sendín é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca e especializouse en Medicina Familiar e Comunitaria. Fundou en 1988 a Sociedade Española de Médicos Xerais e Familiar (SEMX) e exerceu como presidente de 1995 a 2001. Dende 2009, preside o máximo organismo de representación dos médicos españois, a Organización Médica Colexial (OMC). Para Rodríguez, a medicina actual atende o paciente de xeito integral, en todas as vertentes e en todos os aspectos, e insiste en que a medicina rexeita a homeopatía, igual ca outras técnicas e terapias non convencionais, porque non se demostrou a súa eficacia e a súa efectividade mediante ensaios aleatorios controlados.

En que se diferencia un medicamento convencional dun homeopático?

É difícil aceptar para un médico científico convencional que unha partícula diluída ata que deixa de ser detectable sexa máis efectiva ca un principio activo dun medicamento convencional para tratar unha enfermidade. Se só son placebos, comercialízanse a uns prezos desmesurados en moitos casos, e os cidadáns han de estar ben informados. Os convencionais deben contar cuns requisitos establecidos pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios que non se lles esixen aos homeopáticos (só deben demostrar a súa inocuidade), polo que carecen de código nacional de fármaco e son de venda libre. Ademais, os médicos están obrigados, polo código deontolóxico, a empregar procedementos e a prescribir fármacos de eficacia demostrada cientificamente.

Revistas coma The Lancet, BMJ, Pediatría ou Chest publicaron investigacións que mostran un efecto positivo...

As conclusións son moi contraditorias e, no que se refire á eficacia e á efectividade, nada concluíntes. A OMS advirte que a cantidade e a calidade dos datos sobre a seguridade e a eficacia das terapias e das técnicas non convencionais, como a homeopatía, non son suficientes para avalar o seu uso no ámbito mundial. As razóns da falta de datos de estudo débense ás políticas sanitarias e á falta dunha metodoloxía de investigación axeitada. A pesar do gran número de estudos, non hai estatísticas sobre cantos foron experimentos controlados e avaliados ou cantos produciron resultados a favor. Os datos de observación da teoría homeopática do medicamento mantéñense detrás dos límites do que se denomina "incerteza estatística", un indicador do efecto placebo.

Que opinan sobre a nova orde ministerial que pretende regular os medicamentos homeopáticos?

Parece xustificada, xa que se comercializan sen a autorización administrativa esixida pola lexislación sobre medicamentos. Pretende regularizar a situación actual. Tampouco é posible aceptar que a produtos homeopáticos, sen indicación terapéutica ningunha, se lles esixa prescrición mediante receita médica, como se propón dende algúns ámbitos, mentres que se permite, e mesmo se promove, que medicamentos moi potentes poidan adquirirse sen receita, como é o caso da aspirina.

Unha das bazas da homeopatía é que trata o enfermo na súa globalidade, mentres que á medicina convencional se lle acusa de que se centra na enfermidade

Estou en contra de tal afirmación. A medicina actual, moderna e con base científica, en países con sistemas nacionais de saúde consolidados, é integral, trata o paciente no seu conxunto. Non só tratamos enfermidades, senón enfermos, moitos deles complexos, anciáns, dependentes, polimedicados e fráxiles. Débense ter en conta todas as vertentes -socioeconómicas, laborais, persoais- e todos os aspectos -preventivos, asistenciais e rehabilitadores- á hora de abordar o seu proceso. Iso non quere dicir que haxa comportamentos profesionais mellorables.

Hai persoas que afirman que si lles funciona. Se non se demostrou a súa efectividade, por que se vende nas farmacias?

Non entramos no mundo das crenzas, os cidadáns son libres de crer o que queiran. A nosa preocupación é que estean informados. En todo caso, é unha resposta que lles corresponde aos farmacéuticos. Mentres as terapias non convencionais non consigan dotarse dunha base científica suficiente, todos os profesionais da saúde que as aplican están obrigados a informar os pacientes de forma clara e intelixible, con rigor e minuciosidade, tanto dos posibles beneficios e riscos que supón, coma das alternativas terapéuticas existentes e fundamentadas.

Que mensaxe lanzaría para as persoas que ven a homeopatía como unha opción?

Unha importante obxección a estas terapias é que se practica en substitución dos tratamentos convencionais. Os pacientes deben informar os seus médicos de que as usan; algúns non o fan por medo a que dane a relación co seu médico e convén ter en conta que algunhas poden interferir cos tratamentos convencionais.

En países coma Francia forma parte do sistema público de saúde dende hai anos. Haberá estudos que avalen os resultados? Sabe se aquí se fixo algo similar?

En Francia, despois de retirar o seu reembolso parcial hai algúns anos, restableceuse de forma provisional, de 2012 a 2017, para demostrar a súa evidencia e a súa efectividade. E, de non producirse, retirarase da carteira pública de prestacións (un dos maiores laboratorios de produtos homeopáticos é francés). En España, hai un baleiro de regulación respecto doutros países europeos. En febreiro de 2010, o Comité de Ciencia e Tecnoloxía da Cámara dos Comúns británica concluíu, á vista da inexistencia de base científica máis alá do placebo, que a homeopatía debía deixar de etiquetarse como unha medicina. A responsabilidade das administracións debe centrarse nas repercusións sobre o seu uso nos coidados sanitarios, así como na regulación dos centros sanitarios onde debe aplicarse e identificar quen o fai e como o fai e a veracidade da publicidade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto