Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra marmelada e confeitura: Marmelada e confeitura: froita e azucre, pero con diferenzas

O seu contido calorífico non é tan elevado como se pensa, aínda que se recomenda un consumo moderado pola súa achega en azucre

  Sempre doce, de textura fina, con anacos de froita ou sen eles e de tantas cores como preferencias se teñan: vermella, laranxa, verde... Gústanos comezar o día con bo sabor de boca e o doce mantense invencible como a opción estrela nos almorzos dos fogares do noso país. E isto débese en parte a produtos tan populares como son as marmeladas e as confeituras. Resultan ser unhas compañeiras tradicionais das torradas ou das galletas, un contrapunto perfecto ao toque salgado dunha rebanda de pan con queixo ou con manteiga e un perfecto broche final en moitos traballos de repostería.

As marmeladas e as confeituras parecen iguais, pero non o son. Os seus ingredientes -azucre e froita- son similares en ambas, pero a proporción na que están presentes e a forma (froita en anacos, triturada, puré etc.) son o que as fai diferentes. E non é unha cuestión banal, xa que coñecer que nos achega cada unha fará que a nosa elección sexa máis ou menos acertada. Pero que non se estenda o pánico. Aínda que hai quen pensa que as marmeladas e mais as confeituras son alimentos moi caloríficos, o certo é que por cada 25 gramos de produto (unha porción doméstica) se inxiren arredor de 60 calorías no caso das confeituras e de 40 calorías no das marmeladas. Iso si, entre unhas marcas e outras pode haber diferenzas substanciais no que atinxe ao contido de azucres engadidos. E, curiosamente, unha maior adición de azucres leva consigo unha menor presenza de froita, xa que estes edulcorantes o que fan é substituíla.

Baile de nomes

O de utilizar o azucre para conservar a comida, en especial a froita, é unha técnica tradicional en case todas as culturas gastronómicas e que non experimentou grandes innovacións ao longo dos anos. De feito, o proceso industrial co que se fabrican as marmeladas e as confeituras hoxe en día apenas se diferencia do método caseiro e tradicional. Á fin e ao cabo, trátase de cocer froita con azucre ata conseguir unha textura o suficientemente consistente como para que a mestura se poida untar.

  Non está tan claro o significado e a orixe do termo "marmelada". A palabra procede do portugués e deriva do termo "marmelo". E é que, durante moito tempo, no noso país a marmelada clásica elaborábase a partir desta froita. Non obstante, en 1990, unha norma de calidade relacionada coas marmeladas (Real decreto 670/1990) incluíu o termo marmalade que, a día de hoxe, segue sen recoller a Real Academia Española. A palabra fai referencia ás marmeladas elaboradas a partir de cítricos. Pero o certo é que, na práctica, o termo marmelada se utiliza en ambos os dous sentidos: tanto se o produto contén marmelo coma se se trata dunha receita elaborada con laranxa ou con calquera outra froita. Valla esta anécdota para entender que as confusións sobre este alimento son varias e que tanto a marmelada como a confeitura, así como a xelea e a compota -que adoita facer as veces da marmelada-, son produtos distintos que esixen diferentes denominacións.

Quen é quen

  • Compota. É unha conserva de froitas ou hortalizas, enteiras ou partidas en anacos, á que se lle incorpora unha solución azucrada (normalmente sacarosa).
  • Confeitura. É unha mestura de azucres, de polpa dunha ou varias froitas, e de auga con consistencia xelificada. Para elaborar 1 kg de confeitura de categoría normal, usarase un mínimo de 350 gramos de polpa ou puré de froitas, salvo en certas excepcións (por exemplo, 250 g para a grosella vermella ou 60 g para a granadina). Na confeitura extra, non poden usarse certas froitas como mestura para a súa elaboración (mazás ou peras) e a polpa non pode proceder dun concentrado. O mínimo de contido en froita para elaborar 1 kg de confeitura extra é superior que para a confeitura non extra, 450 g/kg.
  • Xelea. Tamén é unha mestura xelificada, na que se utiliza, ademais de azucres, o zume ou o extracto acuoso dunha ou varias clases de froitas. A cantidade de zume utilizada para a elaboración de 1 kg de xelea normal é de 350 g e, na de categoría extra, de 450 g/kg.
  • Marmelada. É o produto resultante de cocer azucre con froitas enteiras, toradas ou trituradas, ata conseguir unha consistencia semilíquida ou espesa. A principal diferenza coa confeitura é que a marmelada non se pode elaborar a partir de puré, senón con froita enteira, torada ou triturada. A cantidade utilizada para elaborar 1 kg de marmelada normal non será inferior a 300 g, ou a 500 g na marmelada extra.
  • Lixeiro e baixo en enerxía. Unha marmelada ou unha confeitura poderá conter a denominación baixa en enerxía se achega menos de 40 kcal por 100 gramos, mentres que a declaración de valor enerxético reducido ou lixeiro significará que o seu contido en enerxía é un 30 % inferior ao que existe no produto sen a redución enerxética.
  • Baixo en azucre ou sen azucre. Dende 2006, existe un regulamento que impide a confusión que existía ata entón con respecto á mención "sen azucre". Hoxe por hoxe, un produto pode ter un baixo contido en azucre, o que significa que o produto non inclúe máis de 5 gramos de azucre por 100 gramos de produto; sen azucre, non haberá máis de 0,5 gramos de azucre por 100 gramos de alimento; ou sen azucres engadidos, non conterá ningún monosacárido (frutosa, glicosa, xarope de glicosa ou frutosa...), nin disacárido (sacarosa), nin ningún alimento utilizado polas súas propiedades edulcorantes. Se os azucres están naturalmente presentes nos alimentos, como é o caso das marmeladas de froitas, na etiquetaxe deberá figurar a indicación de que "contén azucres naturalmente presentes".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto