Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizáronse 100 menús de comida rápida PSEUDOSAUDABLES en 10 localidades: 30 de hamburguesas, 30 de pizzas, 20 de bocadillos e 20 de kebabs: Dous de cada tres menús de comida rápida analizados teñen deficiencias nutricionais

O 68 % inclúe algún tipo de alimento en exceso (habitualmente proteico), no 89 % non pode escollerse pan integral e no 71 % non se ofrece froita na sobremesa

Desequilibrio nutricional?

  Engadir unha gornición ou un entrante pode complementar o prato principal ou provocar un exceso de alimentos. No estudo, no 67 % das ocasións, engadíronselle verduras ao menú, nun 44 % alimentos proteicos e nun 27 % cereais ou tubérculos. Polo tanto, repítense varios grupos de alimentos en dúas de cada tres ocasións, destaca negativamente que no 63 % das veces sexan alimentos proteicos, aínda que tamén cereais ou tubérculos (no 37 %).

Onde maiores excesos se cometen é nos menús analizados en Madrid (en todos), en Donostia-San Sebastián e Sevilla (en 9, respectivamente) e en Pamplona (en 8). Por tipo de menús, prodúcese un desequilibrio nutricional maior en catro de cada cinco menús de pizza e de kebab.

No estudo, un exemplo de boa combinación de alimentos entre o prato principal e a gornición é a seguinte: bocadillo vexetal con polo (polo acompañado de leituga, tomate e cebola) e, como gornición, unha mestura de verduras (leitugas variadas, pementos, cabaciñas, cogomelos e cebola). Pola contra, tamén hai exemplos de combinacións erróneas: pizza con tomate, mozzarella, polo, cebola, allo, perexil, gambas e atún; e a iso engádenlle unha gornición de nuggets de pito. En definitiva, un exceso de alimentos proteicos.

Bebida e sobremesa

A auga é a bebida máis saudable para acompañar unha comida ou unha cea e ofrécena no 60 % dos establecementos analizados (todos os de Donostia-San Sebastián e Bilbao e ningún da Coruña). Ademais, un 19 % aconsella tamén refrescos sen azucres engadidos, especialmente na cidade galega e na sevillana. A vantaxe deste tipo de bebidas refrescantes sen azucre é que o valor enerxético é cero. Agora ben, o consumo continuado de refrescos tampouco é saudable.

Cando chega o momento da sobremesa, orixínanse outros puntos fracos da comida rápida que aumenta o valor enerxético do conxunto. E, en efecto, durante o estudo, comprobouse que a metade dos empregados consultados por EROSKI CONSUMER ofrecían un doce (xa fose xeado, tortas, flans etc.). Ocorría especialmente en Sevilla (en 8 ocasións) e en Madrid e Pamplona (en 7 ocasións).

Con todo, un 29 % ofreceu unha froita e/ou un lácteo sinxelo, en especial en establecementos da Coruña, Barcelona, Donostia-San Sebastián, Valencia e Vitoria.

12,7 euros por menú

Unha das características máis atraentes da comida rápida é o seu aparente baixo prezo. No estudo, os 100 menús analizados tiñan un custo medio de 12,7 euros. Existen diferenzas apreciables por tipo de menú e por localidades. En primeiro lugar, os que inclúen pizzas son o dobre de caras que os kebabs: as primeiras supoñen un desembolso medio de 17,3 euros, fronte aos 8,1 euros dos segundos. Pola súa banda, os menús con bocadillos tamén son máis económicos e o seu prezo medio atópase por debaixo da media do estudo, en 10,4 euros. Os que levan hamburguesas están na media, 12,8 euros.

Por localidades, en Sevilla e en Logroño ofrecen o menú máis barato: de 7,9 euros de media na primeira e de 8,9 euros de media na segunda, a diferenza do custo global dos menús analizados en Pamplona, que dobra estas dúas cifras e supón un desembolso medio de 16,4 euros. Así, no resto de cidades, só tres teñen prezos por debaixo da media: Madrid (con 11,4 euros), Valencia (con 11,8 euros) e A Coruña (con 12 euros). E por encima sitúanse Donostia-San Sebastián (13,9 euros), Bilbao (14,5 euros), Vitoria (15,2 euros) e Barcelona (15,5 euros).

Con todo, está relacionado o prezo dos menús coa súa calidade? A resposta é afirmativa. E é que os mellores menús de comida rápida (é dicir, aqueles que aprobaron o exame de calidade dietética) custaron unha media de 6,1 euros), mentres que polos peores (aqueles que suspenderon o exame nutricional) había que desembolsar 4,2 euros, un 31 % menos.

TÁBOA COMPARATIVA

NOTAS FINAIS (1 e 2) POR LOCALIDADES, SEGUNDO EROSKI CONSUMER
OS MENÚS DE... MOI BEN BEN ACEPTABLE REGULAR MAL MOI MAL NOTA FINAL
A Coruña 0% 30% 30% 10% 30% 0% ACEPTABLE
Barcelona 30% 30% 30% 10% 0% 0% BEN
Bilbao 10% 40% 30% 10% 10% 0% BEN
Logroño 0% 0% 50% 20% 20% 10% REGULAR
Madrid 0% 30% 40% 20% 10% 0% ACEPTABLE
Pamplona 0% 10% 40% 30% 20% 0% REGULAR
Donostia-San Sebastián 10% 30% 30% 30% 0% 0% ACEPTABLE
Sevilla 0% 10% 30% 60% 0% 0% REGULAR
Valencia 10% 30% 40% 20% 0% 0% BEN
Vitoria 0% 60% 20% 0% 20% 0% BEN
TOTAL 6% 27% 34% 21% 11% 1% ACEPTABLE

(1) A calidade dietética do centenar de menús analizados baséase nun sistema de puntuación elaborado coa axuda de expertos nutricionais de EROSKI CONSUMER. Os criterios nutricionais baséanse na máxima de que a comida ou a cea (momentos nos que se adoita inxerir este tipo de comida) debe ser variada e completa. Todos os alimentos teñen un lugar na dieta. Iso si, é fundamental buscar un equilibrio nutricional.

(2) Sistema de puntos. Cada menú estaba composto por catro elementos: o prato principal, a gornición ou o entrante, a bebida e a sobremesa. Podíanse obter un máximo de 18 puntos: polo prato principal 9 puntos, pola gornición ou polo entrante 5 puntos, pola bebida 2 puntos e pola sobremesa outros 2 puntos. Despois, eses puntos pasábanse a unha escala de puntos de 0 a 10. Ningún dos menús podía alcanzar a excelencia ?é dicir, os 10 puntos?, posto que a comida rápida achega grandes cantidades de graxas saturadas e calorías. Por iso é polo que se recomenda que o seu consumo sexa ocasional.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto