Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizáronse 100 menús de comida rápida PSEUDOSAUDABLES en 10 localidades: 30 de hamburguesas, 30 de pizzas, 20 de bocadillos e 20 de kebabs: Dous de cada tres menús de comida rápida analizados teñen deficiencias nutricionais

O 68 % inclúe algún tipo de alimento en exceso (habitualmente proteico), no 89 % non pode escollerse pan integral e no 71 % non se ofrece froita na sobremesa

Aprobado, pero mellorable

  Non existe unha dieta ideal que sirva para todo o mundo. Para usar ben os alimentos é preciso escollelos ben, combinalos equilibradamente, distribuílos correctamente durante o día e tamén preparalos e cociñalos adecuadamente. É un feito que a alimentación inflúe na nosa saúde e é de recibo que os locais de comida rápida, tan en boga hoxe en día, tamén lle dean a oportunidade ao consumidor para comer saudablemente.

En conclusión, o centenar de menús analizados por EROSKI CONSUMER obtivo unha valoración media de "aceptable". Dous de cada tres aprobaron o exame de calidade dietética e suspendérono un 33 %. Entre os suspensos, un 21 % quedou no "regular", un 11 % no "mal" e un 1 % no "moi mal". Pola contra, entre os aprobados, un 34 % logrou o "aceptable", un 27 % o "ben" e un 6 % o "moi ben".

E é que, a pesar de solicitar un menú de comida rápida saudable, as propostas recibidas contan cunha serie de carencias nutricionais. Por localidades, foron os menús analizados en Barcelona, Bilbao, Valencia e Vitoria os que obtiveron a mellor cualificación: un "ben". Con todo, os estudados en Logroño, Pamplona e Sevilla só alcanzaron un "regular". Pola súa banda, A Coruña, Madrid e Donostia-San Sebastián quedaron no "aceptable".

Por tipo de menú, cualificáronse cun "ben" aqueles nos que o prato principal era un bocadillo, mentres que os de hamburguesas e pizzas quedaron no "aceptable" e os de kebabs no "regular".

Combinacións de alimentos, a clave

Hai que lembrar que nos momentos nos que adoitamos tomar este tipo de comida rápida, convén consumir cereais ou tubérculos, verduras e hortalizas e alimentos proteicos (carne, peixe, ovo, legumes ou froitos secos). Non importa se están separados en varios pratos ou xuntos nun único prato.

Durante a análise nutricional, comprobouse que na metade dos casos se propón como opción saudable unha combinación de alimentos na que a carne (máis vermella ca magra) é a opción principal e acompáñana verduras e hortalizas. Así mesmo, en dúas de cada cinco ocasións ofrecen un prato principal vexetariano, normalmente trátase de pizzas coa maioría de ingredientes vexetais (agás o queixo).

A primeira ollada, as combinacións de alimentos non eran erróneas, posto que só nun 7 % dos menús de comida rápida analizados faltaba algún dos grupos de alimentos mencionados con anterioridade: nun 4 % alimentos proteicos, nun 2 % verduras e hortalizas e nun 1 % cereais ou tubérculos. Con todo, é importante engadir tres situacións que provocan un aumento das calorías. En primeiro lugar, a hamburguesa é un alimento rico en enerxía, proteínas, graxas e sodio; todos eles nutrientes que lle sobran á poboación española.

Pola súa banda, as pizzas inclúen grandes cantidades de queixo (en ocasións, ata 100 gramos), un alimento graxento e calórico cuxa base non adoita ser integral. Ademais, no 73 % dos lugares onde se pediu un menú cuxo prato principal fose a pizza, había que compartila porque non se ofrecían pizzas individuais. Entre quen si tiñan esta opción (un 27 %) non se trataba dunha porción, senón dunha pizza máis grande: só nos tres establecementos de Logroño ofreceron ración. O consello nutricional é que unha porción de pizza é suficiente e resulta abondo nutritiva, sen necesidade de lle engadir nada máis á comida, salvo unha ensalada como entrante e, de sobremesa, unha froita ou un lácteo sinxelo coma o iogur. E, por último, a carne de kebab, mariñada e picada con potenciadores de sabor e moito sal que logo conxelan e que se serve no momento enfornado.

Rápido e saudable?

A quen non lle apetece algunha vez pecar e comer unha saborosa hamburguesa ou unha porción de pizza quente acabada de saír do forno? Estes pequenos descoidos non teñen por que ser prexudiciais para a saúde se se toman certas precaucións e sempre que o seu consumo sexa ocasional.

  • Trata de elixir aqueles alimentos que conten cun baixo contido de graxas. Por exemplo, a carne magra, peixe, vexetais e hortalizas frescas.
  • Reduce outros alimentos máis graxos, coma o queixo, o beicon, os embutidos etc.
  • Evita técnicas culinarias coma os fritos en abundante aceite ou os rebozados, e opta por outras moito máis saudables, coma a prancha ou o forno.
  • Evita as salsas ou as cremas de alto contido calórico. Ademais do ketchup ou da maionesa, existen outras opcións máis lixeiras como as salsas de iogur, de tomate ou o pesto.
  • Substitúe as patacas fritas e elixe verduras e hortalizas como acompañamento.
  • É recomendable elixir pan integral ou de cereais, con máis fibra e maior densidade nutritiva.
  • Á hora de escoller a bebida, o máis aconsellable é optar pola auga.
  • Tamén nas sobremesas é recomendable elixir froita fresca ou lácteos sinxelos (iogur ou callada).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto