Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizáronse 100 menús de comida rápida PSEUDOSAUDABLES en 10 localidades: 30 de hamburguesas, 30 de pizzas, 20 de bocadillos e 20 de kebabs: Dous de cada tres menús de comida rápida analizados teñen deficiencias nutricionais

O 68 % inclúe algún tipo de alimento en exceso (habitualmente proteico), no 89 % non pode escollerse pan integral e no 71 % non se ofrece froita na sobremesa

  A comida rápida ten éxito entre a poboación. Os motivos? A rapidez do servizo, os baixos prezos e a flexibilidade de horarios. Pero ten tamén a súa cara menos amable: é comida pouco saudable porque en pequenas cantidades concentra moitas calorías, non ten apenas vitaminas e fibra e achega unha alta cantidade de graxas e de colesterol. Malia todo, a comida rápida atrae. Estados Unidos é o principal consumidor (concentra o 35 % do gasto no eido mundial) e, en comparación, España sitúase á cola. Aínda así, os datos reflicten que no noso país cada vez consumimos máis comida lixo e que o crecemento é máis rápido ca noutros países industrializados; en especial, en Cataluña, Andalucía e Madrid. Con todo, tamén é certo que nos últimos tempos as cadeas de comida rápida, motivadas pola maior preocupación da sociedade pola súa saúde, introducen elementos saudables nos seus menús. EROSKI CONSUMER quixo comprobar a calidade dietética destes menús, aparentemente máis benévolos.

Como se fixo

Para iso, analizáronse as propostas en 10 cidades: A Coruña, Barcelona, Bilbao, Logroño, Madrid, Pamplona, Donostia-San Sebastián, Sevilla, Valencia e Vitoria. Decidiuse deixar de lado as grandes franquías, xa que os resultados serían pouco dispares. No seu lugar, fixouse a atención en establecementos tradicionais e en locais que inclúen nas súas cartas hamburguesas, bocadillos, sándwiches, pizzas, pratos combinados...

Durante a observación, en cada unha das cidades solicitáronse dez menús saudables de comida rápida (un prato principal, unha gornición ou un entrante, unha bebida e unha sobremesa), tres nos que o elemento principal fose a hamburguesa, tres a pizza, dous o bocadillo e dous o kebab.

Os colaboradores da revista achegábanse ao local e solicitaban os menús máis saudables (xa fosen de hamburguesa, pizza, bocadillo ou kebab); é dicir, pedíanlle ao empregado do establecemento que fose el quen os aconsellase sobre o máis saudable que dispoñían.

Sistema de puntuación

A calidade dietética do centenar de menús analizados baséase nun sistema de puntuación elaborado coa axuda dos expertos en dietética e nutrición de EROSKI CONSUMER, entre os que destaca Julio Basulto. Os criterios nutricionais baséanse na máxima de que a comida ou a cea debe ser variada e completa. Todos os alimentos teñen un lugar na dieta. Iso si, é fundamental buscar un equilibrio nutricional:

  • As verduras sempre deben estar presentes, xa sexa como ingrediente principal ou como gornición.
  • Así mesmo, é recomendable utilizar máis técnicas culinarias que acheguen menos graxa.
  • Considérase un valor engadido a posibilidade de elixir pan integral, este último cun maior contido en fibra e con efectos beneficiosos para a saúde.
  • O máis conveniente é ofertar como opción principal froita fresca de tempada e non outras sobremesas máis sofisticadas e calóricas.

Consonte estas cuestións, cada menú analizado podía obter un máximo de 18 puntos: polo prato principal 9 puntos, pola gornición ou o entrante 5 puntos, pola bebida 2 puntos e pola sobremesa outros 2 puntos. Despois, eses puntos convertíanse cunha escala de 0 a 10 puntos (máis detalle na lenda da táboa).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto