Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Alicia E. Kaufmann. Catedrática de Socioloxía das Organizacións na Universidade de Alcalá de Henares: "O instinto maternal créase"

 Alicia E. Kaufmann é catedrática de Socioloxía das Organizacións na Universidade de Alcalá, experta en muller, xénero e empresa. E é tamén autora dun centenar de libros e estudos, entre eles, Identidades femininas en cambio (Changing Female Identities; MacMillan, 2011). Kaufmann, nai de dous fillos, advirte que a maternidade obriga as mulleres a postergar a súa vida. E ofrécelles un consello a aquelas persoas que deciden ter descendencia, que non traten de ser perfectas.

Fillos si ou fillos non? Cal é a súa postura?

É unha pregunta subxectiva. Diría, fillos si, pero con condicións. É dicir, que sexa unha elección. A muller debe ser consciente de que ser nai implica postergarse unha mesma e pospoñer o seu desenvolvemento profesional.

Unha de cada cinco mulleres europeas (20 %) non son nais e, delas, só o 3 % non o é por motivos de infertilidade. Renunciar á maternidade é unha decisión económica e laboral ou, máis ben, unha falta de desexo de ter fillos?

Non hai unha soa razón. En ocasións, a decisión está motivada pola precariedade laboral. A maternidade postérgase tanto que, cando se opta polo embarazo, fisicamente xa non se é capaz. Hai outras mulleres que sinxelamente non senten a necesidade de ter un fillo. E, noutros casos, é consecuencia dunha relación pouco afortunada da muller cos seus propios pais.

O instinto maternal existe ou é unha construción social?

Na miña opinión, créase.

As persoas que elixen voluntariamente non ser pais, son egoístas?

Non se pode axuizar a muller que renuncia a ter fillos, nin lle poñer a etiqueta de egoísta. Estamos nun mundo posmoderno, que ofrece moita liberdade e no que as mulleres elixen. A nosa sociedade promove valores como o individualismo e a competencia. Non facilita que as mulleres poidan ser nais e, á vez, crecer como persoas. Neste marco, non se pode cualificar de egoísta a quen renuncia á paternidade. Ter un fillo é complicado. E as empresas tamén o poñen moi difícil.

"A maternidade é unha forma de escravitude", afirma a filósofa e feminista Elisabeth Badinter. Coincide vostede con esta opinión?

Non. Se elixes non ter un fillo é quizais porque o consideras unha escravitude, xa que un neno implica un compromiso de por vida. Pero, se escolles telo, é porque hai unha parte de positivo nese proceso. Non obstante, si é certo que a maternidade obriga a postergarse. Unha pasa a un segundo plano, ao igual que a parella. Moitas relacións sentimentais rompen cando chega o fillo. A torta afectiva repártese doutro xeito.

Badinter apoia a súa declaración no feito que moitas mulleres se senten obrigadas a abandonar temporalmente as súas carreiras profesionais pola maternidade. Algo non tan frecuente entre os homes.

Hai moita presión social sobre a muller. Outros países, coma os escandinavos, ocúpanse máis de protexer a maternidade, ofrecen baixas de maternidade dun ano, e a xente ten moitos fillos.

Vostede fala dun "cambio nas identidades femininas". Ten esta transformación algo que ver coa crecente renuncia á maternidade?

Hai unha nova identidade feminina e masculina, máis individualista, que pensa máis en si mesma antes ca en formar unha familia. Non obstante, as mulleres, ademais, esixímonos moitísimo; somos moi perfeccionistas. E isto é importante remarcalo. Sentímonos obrigadas a ser unha profesional perfecta, unha filla perfecta, unha nai perfecta... todo perfecto. Pero, se baixas un pouco o teu nivel de esixencia, e te transformas nunha nai só "suficientemente boa", si serás capaz de facer varias cousas á vez. Esta idea vén do psicólogo inglés, Donald Woods Winnicott, que dicía: "Hai que ser unha nai suficientemente boa". Non ten sentido esixirse ser unha nai perfecta, nin tampouco pedirse o 100 %. Ás veces abonda co 80 %.

As persoas que escollen non ser pais, teñen medo a crecer ou a envellecer máis rápido?

A realidade é que todos envellecemos, con fillos ou sen eles. Pero, cando tes fillos, es máis consciente do rápido que pasa o tempo, porque os ves medrar. Os fillos, ademais, obrígante a madurar, porque hai unha persoa que depende totalmente de ti, e ti tes que facer cargo.

Algunha reflexión final?

A decisión de ter fillos ou non debe ser adulta: trátase de elixir o camiño da vida que queres transitar, coas súas consecuencias. Cuando un escolle, sempre hai cousas que gaña e outras que perde. Quen opta por non ter fillos, terá máis tempo, máis diñeiro, máis liberdade. Pero quizais, tamén, máis soidade. Pola súa banda, quen opta pola paternidade ten maiores privacións e responsabilidade. Pero, talvez ao final do camiño, tamén unha vida máis plena. É unha cuestión de elección, e de valores.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto