Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Eva Holgado. Presidenta da Federación Española de Familias Numerosas: "Hai que desdramatizar a maternidade: os fillos non son un horror"

 Eva Holgado é nai de catro fillas (a maior, de 17 anos), avogada, fiscalista e directora do seu propio despacho legal en Madrid. Por se todas esas ocupacións non fosen suficientes, Holgado, ademais, preside a Federación Española de Familias Numerosas de España, un aglomerado de asociacións que lles dá voz ás 532.928 familias numerosas rexistradas de forma oficial en España.

Fillos si ou fillos non? Cal é a súa postura?

Depende. O importante é que cada un poida ter os fillos que queira, e que o ámbito social, económico e laboral apoie esta decisión. Non animo a todo o mundo a que teña fillos, iso sería unha irresponsabilidade. Pero si animo a xente que ten posibilidades e que pode a que os teña. O feito é que hai que desdramatizar a maternidade: os fillos non son un horror nin supoñen unha carga, como moita xente defende. Eu prefiro falar de que implican unha responsabilidade. Os fillos son un regalo, unha alegría; son unha convencida diso. Pero tamén son consciente de que falo dende a miña experiencia persoal, e de que non todo o mundo pensa igual.

Un de cada cinco fogares en España está formado por parellas sen fillos, segundo o INE. E o número de parellas que renuncian a ser pais crece, unha tendencia que se repite en moitos países europeos. Por que cre vostede que cada vez máis mulleres e homes non desexan ter fillos?

Hai varios aspectos. O primeiro é a incorporación da muller ao traballo. O home, neste sentido, necesita apoiar máis a maternidade. Ten que ceder parte do seu rol no traballo para dedicalo a un papel no fogar; equilibrar os coidados dos fillos. Outras parellas están motivadas por unha cuestión educacional: é probable que procedan de fogares con só un ou dous fillos. Non teñen a experiencia previa dunha familia múltiple e pensan que non a necesitan. Por último, hai persoas que analizan a posibilidade de teren descendencia. Poñen en valor a súa carreira profesional, o seu tempo de ocio, a súa relación de parella e consideran que a paternidade lles vai dificultar esas parcelas da súa vida.

As persoas que deciden non ter fillos de forma voluntaria, aínda que física e economicamente sexan capaces, son egoístas?

Non, iso sería xulgalas. Non podo afirmar que sexan egoístas, porque sería o mesmo que dicir que eu son súper xenerosa por ter catro fillas. O importante é que o ámbito socioeconómico, laboral e educativo fomente a posibilidade de elixir libremente sobre a paternidade, que non lle poña atrancos a esta decisión.

"A maternidade é unha forma de escravitude", defende a filósofa e feminista francesa Elisabeth Badinter, en A muller e a nai. Está vostede de acordo?

Non, en absoluto.

Maticemos a Badinter... Ela defende a tese de que moitas mulleres, arredor dos 30 anos de idade, se senten forzadas a abandonar temporalmente as súas carreiras profesionais pola maternidade. Cre vostede que este escenario ten algo de certo ou que é unha mala lectura da maternidade?

Creo que é un pouco extremista, aínda que haxa matices neste discurso que son algo certos. Eu traballo fóra da casa, levo 22 anos de exercicio profesional, e tiven catro fillas. Por suposto que, en ocasións, isto supuxo un sobreesforzo, pero non renunciei á miña carreira e tampouco aos meus fillos. Non obstante, quizais si apartei, en parte, a miña vida persoal e tiven menos tempo para min mesma. Pero esa renuncia, para min, non é un modo de escravitude. A maternidade non é unha escravitude, aínda que si o é a ausencia de apoio da sociedade ás familias.

Na súa opinión, existe o instinto maternal ou é unha construción social?

O instinto maternal existe, sen lugar a dúbidas. Non só iso, o instinto de ter fillos tamén o teñen os pais, aínda que para eles fose máis frecuente renunciar ao exercicio desa paternidade por mor do traballo.

A taxa de natalidade retrocede en España dende o ano 2009. As mulleres e os homes que elixen non ser pais, denominados childfree ("sen fillos por elección") no mundo anglosaxón, teñen medo a crecer?

Tras a renuncia á paternidade hai certo temor a perder o espazo persoal. Pero, sobre todo, é unha cuestión de prioridades. Non obstante, as persoas que elixen non deixar descendencia toman unha decisión consciente. E, como tal, é respectable.

As persoas que deciden non ter fillos, perden o mellor da vida?

Indubidablemente.

O feito de que a renuncia á paternidade creza, que consecuencias terá a medio ou longo prazo?

Na miña opinión, o Estado ten que procurar que quen queira ter fillos os poida ter. De non ser así, as consecuencias serían graves, xa que se poñería en risco o estado do benestar. A falta de fillos é un problema importante que cómpre abordar. Para iso, é urxente que teñamos un debate social, económico e interxeracional amplo, onde caibamos todos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto