Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Primeiros cueiros... primeiros papeis

Os pais deben realizar distintos trámites legais para que o neno sexa recoñecido de forma oficial e para que reciba cobertura sanitaria

  Durante os primeiros días despois do nacemento do bebé, os pais non só deben atender as necesidades do pequeno, senón que tamén están obrigados a cumprir cos trámites legais e administrativos que implica a chegada dun novo ser ao mundo. A inscrición no Rexistro Civil, a súa alta na Seguridade Social e o empadroamento na localidade onde resida a familia son paradas obrigatorias.

Documentación necesaria

Dende o momento en que nace, o bebé recibe os seus primeiros papeis. Esta primeira documentación do neno é imprescindible para que os pais inicien os distintos trámites legais e administrativos necesarios para o recoñecemento oficial do seu fillo e para a súa incorporación á sociedade como un cidadán máis.

Antes de recibir a alta (ou xunto a esta, segundo os diferentes hospitais), o persoal do centro hospitalario entrégalles aos proxenitores dous impresos específicos referentes ao novo bebé: o certificado de maternidade (que vai asinado polo médico ou pola matrona que asistiu o parto) e o boletín estatístico, onde se recollen os datos do nacemento que logo o Rexistro traslada ao Instituto Nacional de Estatística. Estes dous documentos, xunto co informe de alta médica da nai e do neno, deben gardarse convenientemente, xa que serán necesarios para comezar a realizar os seguintes trámites despois do nacemento dun bebé.

Inscrición do bebé no Rexistro Civil

O primeiro que se ha de facer para que o neno dispoña dun recoñecemento oficial é inscribir o seu nacemento no Rexistro Civil. Tal como sinala o Ministerio de Xustiza, a chegada dun bebé produce efectos civís dende que ten lugar, "pero para o pleno recoñecemento destes é necesaria a inscrición no Rexistro Civil". Esta inscrición recolle a data, a hora e o lugar de nacemento, o nome e o sexo do neno e mais a identificación dos pais.

A inscrición pode facerse no Rexistro Civil da localidade na que residen os proxenitores (para todos os efectos legais, o lugar de nacemento do bebé é o municipio no que se apunte) dende as 24 horas despois do nacemento e, como máximo, ata oito días despois. Se non se respecta este prazo, os pais contan ata con 30 días naturais para inscribilo, sempre que acrediten unha causa xusta para o atraso. Ademais, hai que ter en conta a seguinte cuestión:

  • Fillos dentro dun matrimonio: calquera dos dous proxenitores pode proceder á inscrición. É necesario achegar o certificado de maternidade, o DNI dos pais e o Libro de familia.
  • Fillos non matrimoniais: é preciso que se acudan ao rexistro ambos os proxenitores. Deben entregar, tamén, o certificado de nacemento e o DNI de ambos. Se os pais estiveron casados con anterioridade, é necesario que acheguen o certificado dese matrimonio e a sentenza de separación ou de divorcio. En caso de non habela (separación de feito), serán precisas dúas testemuñas que acrediten esta condición.

Unha vez realizados os trámites, o rexistro do bebé queda recollido no Libro de familia, que é o que acredita a partir de agora a súa inscrición no Rexistro Civil. Aos pais principiantes que non estean casados e que, polo tanto, carecen de Libro de familia, expídeselles este documento tras o rexistro do seu primeiro fillo.

Alta na Seguridade Social

Para que o neno goce da cobertura sanitaria estatal, é necesario dalo de alta na Seguridade Social. Non existe un prazo para realizar este trámite, pero é aconsellable inicialo canto antes para que o pequeno reciba asistencia sen problemas no centro de saúde que lle corresponda.

O bebé intégrase no sistema sanitario como beneficiario dentro da afiliación dun dos seus proxenitores. O proceso consta de dúas partes:

  1. Débese acudir á oficina correspondente do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e entregar o impreso de afiliación do bebé (que proporcionan na mesma oficina), o Libro de Familia e mais a cartilla da Seguridade Social (do pai ou da nai) e, nese momento, o neno figurará incluído como beneficiario.
  2. Unha vez realizado o primeiro paso, o seguinte é acudir ao centro de saúde que lle corresponda ao bebé polo seu domicilio. Aquí poderase solicitar a tarxeta sanitaria do neno e que se lle asigne un pediatra. A documentación que se require neste caso será o Libro de familia, o documento de afiliación que se recolleu na oficina do INSS e a tarxeta sanitaria e o DNI do proxenitor do que o menor será beneficiario.

Empadroamento, sen trámites

  Os cidadáns están obrigados a inscribirse no padrón do municipio no que residen, segundo establece o Real decreto 2612/96. Na maioría dos casos, non é necesario que os pais realicen ningún tipo de trámite para empadroar o seu fillo acabado de nacer, posto que o bebé queda incluído no padrón de forma automática, unha vez que se inscribe no Rexistro Civil.

No entanto, se se necesita con celeridade un certificado de empadroamento para algún outro trámite administrativo, os pais poden dirixirse ao concello da súa localidade e solicitalo nas oficinas de atención ao cidadán. Polo xeral, adóitase requirir o Libro de familia e o DNI do pai ou da nai no que conste o domicilio de empadroamento.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto