Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Feliz Nadal ecolóxico

Previr a dilapidación de alimentos e de enerxía e intentar reciclar todos os residuos que xeremos durante estas datas garantiranos un Nadal máis sustentable

  No Nadal non só se consome máis, senón que se produce un maior impacto ambiental. Aínda que o ano pasado o gasto no Nadal descendeu un 4 %, cada familia española gastou unha media de 680 euros. Un consumo insostible adoita ter un impacto considerable no noso ámbito. Durante as festas de Nadal, tíranse ata un 40 % dos alimentos producidos e xéranse dous quilos de lixo ao día, dos que a metade son envoltorios e embalaxes, segundo Ecoloxistas en Acción. E está na man de todos evitalo.

Facer agasallos ecolóxicos

Os regalos e o Nadal son un tándem que pode ser tamén verde. Os Reis Magos, Santa Claus ou personaxes coma o Olentzero vasco poden traerlles aos nenos xoguetes ecolóxicos; de feito, cada vez hai máis variedade entre os que se elaboran de forma respectuosa co medio. En caso de decidirse por un xoguete convencional, convén elixir un con valores educativos, sen unha embalaxe excesiva, sen pilas e elaborado con materiais non contaminantes e reciclables. E sempre hai que lembrar que, para un neno, o cariño e a compañía dos seus adultos e dos seus amigos e o uso da imaxinación son os mellores regalos posibles. En canto aos maiores, tamén poden regalar unha gran variedade de produtos ecolóxicos: alimentos delicatessen con certificado verde, bicicletas, colonias e cosméticos ecolóxicos, electrónica e tecnoloxía ecolóxica, libros, películas e revistas de contido ambiental.

Adornos si, pero sen destruír o medio

Os renos de Santa Claus, os camelos dos Reis Magos, as ovellas ou o mofo do Belén, o abeto do salón... Todos son símbolos típicos do Nadal que teñen, ademais, outro elemento en común, e é que están en perigo de extinción. Nalgúns casos, coma o acivro e o mofo, a súa extracción do monte está prohibida, despois dos excesos que se produciron nas últimas décadas. Pode supoñer multas de ata 60.000 euros e mesmo penas de prisión, segundo o grao de destrución. A elección dun abeto natural ou artificial ten, en ambos os dous casos, vantaxes e inconvenientes ambientais. Por iso, o consello é facer un uso responsable. Se se elixe un natural, recoméndase que teña suficientes raíces e terrón (terra adherida) e débese regar e afastalo da calefacción para que dure o suficiente, ata que se poida levar a un punto de recollida onde o transplanten. E se se utiliza un artificial, convén que sexa de boa calidade para que poida conservarse durante moitos anos. O resto dos símbolos natalicios tamén poden ser máis respectuosos co medio: adornos reutilizados e tarxetas de felicitación elaboradas con materiais reciclados, luces de baixo consumo e con temporizador etc.

Evitar as dilapidacións

  A Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) estima que un terzo da produción alimentaria mundial para o consumo humano se perde ou se desbota; é dicir, uns 1,3 billóns de toneladas. A pesar desta aparente sobreabundancia, unha de cada sete persoas no mundo vai á cama famenta e máis de 20.000 nenos menores de cinco anos morren de fame cada día. O desperdicio de comida é ademais un grave problema ambiental, xa que a produción alimentaria é unha das actividades que máis afectan a perda de biodiversidade e os cambios no uso do chan.

O consumo dalgúns alimentos causa un grave impacto ambiental no seu lugar de orixe. É o caso do lagostino tropical, un dos produtos estrela do Nadal. Diversas organizacións ecoloxistas sinalaron que o aumento do seu consumo pode provocar a destrución de ecosistemas coma o dos manglares (franxas costeiras anegadas polas mareas). Este problema ambiental, económico e social acentúase nas festas de Nadal. A idea non é privarse de alimentos, senón consumir de forma sostible: estudar a lista da compra para non levar excesivos produtos, organizar na casa os alimentos de maneira que se consuman todos, conservar no conxelador os produtos perecedoiros etc.

A enerxía é outro recurso que non se debe malgastar, sobre todo no Nadal, xa que se estima que o seu consumo se incrementa ata nun 20 %, por un maior uso da calefacción e da luz. Diversos consellos axudarán a reducir este gasto e, de paso, o seu impacto ambiental: utilizar lámpadas de baixo consumo, sistemas baseados en enerxías renovables, electrodomésticos eficientes, desprazarse en transporte público ou en bicicleta etc.

Consumir produtos ecolóxicos, locais e de tempada

Os produtos elaborados de forma local, frescos e de tempada supoñen un menor impacto ecolóxico e adoitan ser máis económicos e saborosos. Pola súa banda, os produtos con certificación ecolóxica garanten que se elaboraron cuns métodos respectuosos co medio. Son, polo tanto, unha opción máis que recomendable para consumir no Nadal.

Xerar menos lixo e reciclalo todo

No Nadal, a produción de lixo dispárase. De feito, segundo Ecoloxistas en Acción, xéranse dous quilos ao día, dos cales a metade son envoltorios e embalaxes. Por iso, a práctica ecolóxica dos tres erres ten que estar aínda máis presente entre os consumidores: facer un consumo axustado ás nosas verdadeiras necesidades que prescinda de produtos con empaquetados excesivos e de usar e tirar (reducir); reutilizar os produtos e os materiais en bo estado que xa non se usan e alongar a súa vida útil e, por último, reciclar os residuos de xeito axeitado.

E despois do Nadal, tamén ecolóxicos

A conciencia ecolóxica ten que estar presente tamén unha vez que rematen as festas. A xeración de máis residuos que na media do resto do ano, os regalos que non gustaron, os alimentos sobrantes das celebración ou o abeto teñen solución ambiental se nos organizamos convenientemente.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto