Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Menos gasto, máis espírito de nadal

Anticipar as compras, optar por agasallos útiles e marcas brancas e, sobre todo, comparar prezos pode axudar a aforrar unha importante cantidade de diñeiro

  A crise, o paro, a precariedade laboral e o recorte en prestacións sociais son algunhas das razóns que invitan a que as familias españolas aperten o cinto outro ano máis. Non obstante, o Nadal é a época do ano na que máis se consome, cada un consonte as súas posibilidades. De feito, o estudo de consumo de Nadal de 2013 elaborado por Deloitte prevé que se gaste un 1,8 % máis ca o pasado Nadal, unha media de 671 euros por fogar. Lonxe de responder ao optimismo, o principal motivo do aumento de orzamento é esquecer a situación de crise. E convén ter en conta que se regalarán, sobre todo, obsequios prácticos: roupa, zapatos e libros. Así, malia os tan pregoados brotes verdes e a fin da recesión, os españois continúan apostando por unha política de gastar "sen pasarse". Pero, como se pode gastar menos no Nadal?

Os agasallos

  1. Lista máis curta e económica: Regalar porque si, por tradición, pasou a un segundo plano. A crise trouxo consigo unha redución das compras de obsequios. Agora cómpranse menos agasallos, máis baratos e para menos xente. Os destinatarios son máis escollidos. Na actual conxuntura, calquera familiar pode entender que a situación de afogo pola que pasan moitos cidadáns xustifica a necesidade de aforrar ese diñeiro que podía destinarse outros anos a ter un detalle. No plano empresarial, tamén se dá esta práctica. Numerosas compañías reduciron a entrega de pequenos incentivos aos seus empregados nestas festas. Unha solución para que todos os membros do fogar conten cun obsequio pode ser apostar polo popular xogo do "amigo invisible". Nel, cada persoa encárgase de lle regalar a outra, de xeito que todo o mundo conclúe a festa cun presente.
  2. Obsequios prácticos e feitos á man: Postos a regalar, o mellor é optar pola practicidade, por agasallos necesarios. Os caprichos quedan a un lado. Hoxe, os obsequios no seo de miles de familias pasaron de seren lúdicos a imprescindibles. Unha práctica socorrida é regalarlles comida ou roupa aos familiares que estean a pasar por verdadeiros apuros. Nestes casos, cobra un maior sentido este tipo de obsequios por enriba dos tradicionais perfumes ou gravatas. Ademais, outra opción é decantarse polos obsequios artesáns, feitos por un mesmo. Desempoar a habilidade coas manualidades pode ser de grande axuda para reducir gastos no Nadal. E non hai que esquecer outra alternativa, os agasallos solidarios. No Nadal, axudarlles aos demais cobra máis sentido ca nunca, e este ano pódeselles regalar ilusión aos máis de catro millóns de persoas que o perderon todo e que necesitan asistencia urxente tras o paso do tifón Haiyan por Filipinas. Pódese renunciar a un agasallo material e enviarlles, entre toda a familia, un pouco de diñeiro aos máis necesitados.
  3. Xoguetes educativos e de calidade: A compra de xoguetes é unha das grandes partidas de gasto no Nadal. Para 2013, a Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes prevé un aumento do gasto e non se prevén incrementos fiscais no que queda de exercicio. Non obstante, os usuarios seguirán mirando con lupa que xoguetes adquiren e a súa calidade. Á hora de mercar xoguetes, convén optar polos educativos, que fan unha dobre función: obsequio e formativa. Reducir o número de obsequios é moi boa elección. Pódeselle facer entender ao pequeno que os Reis Magos tamén padecen a crise, unha palabra que é posible que se oíse en varias ocasións no ámbito familiar. Ademais, sempre se pode optar polos xoguetes artesáns, feitos por un mesmo.

Compras

  1.   Apuntarse ás compras anticipadas: Facer un orzamento e establecer unha cantidade fixa coa que se pode contar para este Nadal será de grande axuda. No orzamento, convén especificar que cantidade pode destinarse a cada parte imprescindible destas festas: comidas, agasallos, lotería... A planificación pode continuar coas compras anticipadas. No ámbito doméstico, os prezos dos alimentos típicos de Nadal coma o año ou os mariscos tenden a crecer de forma importante os días previos ás datas clave (Noiteboa, Noitevella, Reis). Anticipar as compras e, se corresponde, conxelar a comida son dous bos consellos para reducir a factura total destas festas. No caso dos orzamentos máis axustados, pódese prescindir dalgunhas compras innecesarias, como a de lotería.
  2. Confiar en internet, un considerable aforro: Unha práctica que impón a situación de aperto económico pola que pasan aínda numerosas familias é a de comparar prezos antes de facer adquisicións. As diferenzas entre establecementos poden ser moi significativas non só ao facer a cesta da compra, senón tamén cando se pensa en mercar un agasallo. E, neste sentido, internet pode ser de grande axuda. En moitos casos, as entidades especializadas en comercio electrónico presentan prezos significativamente máis baixos.

As ineludibles ceas

  1. As de empresa e con amigos, máis modestas: Nas comidas con compañeiros de traballo, convén optar por menús pechados, con prezo coñecido de antemán, para evitar sorpresas futuras. No caso dos encontros con amigos, unha alternativa son as "quedadas caseiras" na casa dalgún membro do grupo, o que abarata moito a reunión.
  2. En familia, apostar por marcas brancas sen renunciar á calidade: Xunto cos agasallos, a segunda partida á que máis diñeiro se lle dedica en Nadal é a das compras de comida. Nos encontros caseiros, unha boa forma de reducir o gasto é apostar polas marcas brancas, moi admiradas nestes anos de inestabilidade económica. Segundo datos do citado estudo de Deloitte, os españois decantaranse por marcas brancas ou de gran desconto, que aglutinan case o 58 % das compras do Nadal.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto