Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Papá, este Nadal o que quero é xogar!

Os nenos só lle dedican dúas horas diarias ao xogo durante o curso e o Nadal é unha época estupenda para recuperar o tempo perdido

  Os expertos non se cansan de lembrar que o xogo é a actividade favorita dos nenos. Non obstante, o ritmo diario e as distintas actividades programadas durante o curso impiden que o xogo infantil se desenvolva no espazo e no tempo axeitados, advirte o Observatorio do Xogo Infantil, encargado de defender o dereito ao xogo dos nenos españois. O xogo desenvolve a comunicación do neno, fomenta a súa autoestima, fai que creza a súa imaxinación e mellora as súas condicións físicas e a súa disciplina, entre outras virtudes. Pero, a pesar das súas inmensas vantaxes, a metade dos nenos españois apenas lle dedican entre unha e dúas horas a xogar durante os seus días lectivos, segundo o estudo Percepción adulta dos xoguetes, realizado polo Centro Tecnolóxico do Xoguete.

E, a medida que o menor medra, a cuestión empeora: a partir dos nove anos, os nenos españois xa lle dedican menos dunha hora ao día ao xogo.

Non obstante, durante o Nadal o tempo libre dos adultos e dos nenos multiplícase, e con el as posibilidades de que gocen dos beneficios do xogo. Para que non falten recursos na casa, a continuación recóllense algunhas ideas divertidas para que os pequenos xoguen, gocen e aprendan estas vacacións.

A busca do tesouro no Nadal

A busca do tesouro é un clásico que sempre resulta divertido. O xogo consiste en ocultar un tesouro nalgún recanto da casa (un xoguete, unha caixa con lambetadas, un agasallo). Para facelo máis interesante, hai que esconder tamén diversas pistas. Estas axudas conducirán unhas a outras, ata chegar ao tesouro final. As pistas poden incluír adiviñanzas ("hai que buscar no sitio máis frío da casa", en alusión ao frigorífico) e probas que superar ("cando resolvas este crebacabezas, alguén che dirá a seguinte pista").

Un conto de Nadal, entre todos

  A proposta consiste en crear un conto entre varios nenos. O adulto pode asumir o papel de coordinador, para axilizar o xogo cando os pequenos non saiban como seguir ou cando a trama se enrede demasiado. O adulto comezará a narración -pode ter que ver co Nadal- e, nun momento determinado, preguntaralle a un dos nenos como debe continuar. O neno contará o que lle pareza mellor e, despois, o adulto retoma o relato.

Os nenos atoparán un incentivo adicional ao deixarllo difícil ao adulto e ao ver como se vai amañar para continuar a historia!

Un gran debuxo de Nadal colectivo

Este xogo é unha variante gráfica do anterior. Hai que colgar (ou pegar) un papel grande da parede ou dun encerado. Un dos nenos empeza con algúns trazos. O seguinte participante continúa, e así un tras outro. Os nenos divertiranse moito ao ver que debuxan os seus amigos sobre o debuxo empezado.

O xogo de debuxar ás cegas

Fan falta papeis, lapis, rotuladores, bolígrafos etc. Os nenos teñen que debuxar, pero... cos ollos vendados! O adulto fai propostas que poderán incluír temas do Nadal (unha árbore, a zorra de Papá Noel etc.). Os pequenos fan os seus intentos ás cegas. Ao final, quitan as vendas e mostran os debuxos. Riranse moito das súas peculiares "obras de arte"!

Adiviña, adiviñanza, que hai na bolsa?

Este xogo esixe pouca preparación. Hai que buscar obxectos con diferentes texturas e metelos nunha bolsa. Os nenos non os verán e tratarán de descubrir de que se trata polo seu tacto, cos brazos dentro da bolsa. E para conseguir un toque de nadal, eses obxectos poden ser calcetíns, gorros de Papá Noel, bólas, estrelas da árbore etc.

Un gato e un rato...

  Para este xogo fan falta unha boa cantidade de nenos; polo menos, seis ou sete. A idea é que senten en roda, con dous balóns: un será o gato e o outro o rato. Os pequenos deben pasarlle a pelota a quen estea á súa dereita o máis rápido posible. O obxectivo é que a pelota "gato" alcance o "rato". Quen perde? Perderá o neno en cuxas mans estea o rato nese momento ou tamén quen deixe escapar un balón. Para facelo máis divertido, pódeselles encomendar algunha tarefa simpática aos "perdedores".

Un globo voador de nadal

Aos nenos, sentados en roda, asígnaselles un número ou un nome relacionado co Nadal (Papá Noel, Melchor, Gaspar, Baltasar etc.). Un deles comeza no centro, de pé, bota un globo cara a arriba e pronuncia un número ou un nome. O neno chamado debe levantarse, deixarlle o seu lugar a quen estaba de pé, golpear rápido o globo para mantelo no aire e dicir, pola súa vez, o nome doutro. E así ata que o globo toque o chan.

Videoxogos de nadal en familia

  Os videoxogos non teñen por que ser nocivos para os nenos, sempre que se gocen con moderación. O propio Parlamento europeo recoñece que "un bo uso dos dispositivos de xogo promove habilidades", como a creatividade infantil e a cooperación. Os mellores videoxogos -sobre todo, durante estas datas- son os que permiten xogar en grupo. É dicir, os que non resulten difíciles de entender nin de manexar e que permitan a interacción de moitos participantes.

Fabricar tarxetas de nadal cos nenos

As manualidades -debuxar, pintar, pegar, colorear ou facer colaxes- resultan moi atractivas para os nenos. Ao facer tarxetas de Nadal, cúmprese un dobre obxectivo: o entretemento dos pequenos e a confección de agasallos para os familiares e para os amigos. Os adultos poden elaborar postais xunto aos pequenos e sorprendelos con tarxetas despregables ou con dobreces.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto