Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: patés: Paté e foie: tan apreciados como confundidos

Aínda que entre o paté e o foie hai ingredientes comúns, presentan diferenzas notables na súa composición e elaboración

  Do mesmo xeito que unha Noitevella no noso país non se entende sen uvas, en moitas casas o Nadal non é Nadal se na mesa falta o paté. Pero, que é o que nos gusta: o paté ou o foie? Ou é que lle chamamos a todo por igual, sen saber que é o que os distingue? Pode que tampouco axude moito que este produto gastrónomo se adoite comercializar acompañado de expresións ou termos en francés como micuit ("semicocido"), canard ("pato"), entier ("enteiro")... Moitas veces descoñécense as características propias do paté e do foie (ou foie-gras). É entón cando o consumidor opta por adquirir o de menor prezo para non arriscar ou sucede todo o contrario e déixase levar por aquilo de que "o caro sempre é o mellor". Non obstante, a súa composición posúe diferenzas substanciais que convén coñecer á hora de adquirir un ou outro cun criterio claro. Aínda que entre paté e foie hai ingredientes comúns, estes presentan diferenzas notables na súa composición e na súa elaboración.

Parecidos, pero distintos

Mitos, lendas urbanas sen fundamento e contos do máis variado circulan sobre distintos alimentos: que se o leite dá mocos, que se a froita nunca ha de tomarse como sobremesa, que se os legumes quitan a vista... En definitiva, crenzas erróneas. Pois ben, no caso dos derivados cárnicos, unha das máis estendidas é confundir o paté co foie. O foie-gras (que significa "fígado graxo") é o fígado de ganso ou de pato, despois de seren engordados de forma controlada, para que os seus fígados adquiran un alto contido graxo e un tamaño superior ao normal. Pola súa banda, o paté (termo de orixe francesa que significa "pasta") é unha mestura de diversos ingredientes, entre os que adoita estar o fígado de calquera animal (normalmente porco, aínda que tamén pato ou xabaril), pero tamén pode haber carne de diversos animais e outros ingredientes, como leite, fariña e especias. A falta de lexislación que houbo en España a este respecto propiciou que, durante moitos anos, se utilizasen indistintamente os termos paté e foie-gras, cando os produtos eran diferentes na súa composición. O Regulamento (CE) n.º 543/2008, publicado o 27 de decembro de 2012, resolve esta confusión.

De feito, as enquisas dietéticas reflicten tal erro: á hora de avaliar o consumo destes alimentos entre a poboación española, clasifican nun mesmo grupo o paté e o foie-gras. Cifras por certo que apenas alcanzan os 0,80 gramos ao día ou, o que é o mesmo, catro culleradas sopeiras, uns 300 gramos anuais; moi lonxe dos case 2 quilos anuais que cada francés consome de foie-gras. Francia é, de feito, o principal produtor mundial e consumidor deste produto.

Un pouco de historia

  A obtención do foie-gras parte da capacidade de determinadas aves para aumentar o seu peso. As palmípedes migratorias, coma o pato e o ganso, caracterízanse pola súa capacidade de cebarse antes de emprender as súas longas viaxes a través da acumulación de graxas, en especial no seu fígado. Esta graxa permítelles ter reservas de enerxía mentres percorren miles de quilómetros nun só voo. Un pato salvaxe pode duplicar o seu peso no outono grazas ao almacenamento de graxa no seu corpo, en especial no fígado. A captura destas aves en plena migración permitiu o descubrimento deste suculento derivado cárnico. Xa en tempos dos exipcios, dos gregos e dos romanos se coñecían as excepcionais calidades deste alimento. Murais, ornamentos e textos que datan de miles de anos de antigüidade así o testemuñan.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto