Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Deixa a academia de idiomas na metade do curso e reclámanlle varias mensualidades por incumprimento do contrato

A miña filla estudou inglés nunha academia durante varios anos, pero o último ano chamei na metade do curso para dicir que o deixaba, e reclamáronme o pagamento de tres mensualidades por incumprir o contrato. Que podo facer?

  Convén que lea o contrato e que comprobe os trámites que se requiren para a baixa, os prazos de preaviso e as penalizacións incluídas. Para iso, pode acudir a unha oficina de información ao consumidor, onde o orientarán sobre as cláusulas do contrato. Interesa especialmente coñecer o carácter abusivo que poida ter a cláusula de penalización por baixa anticipada, no sentido de que cause un desequilibrio entre os dereitos e as obrigas das partes. É dicir, se existe ou non penalización para ambas as dúas partes, tanto para o consumidor que se dá de baixa anticipadamente coma para o centro de idiomas se non puidese prestar o servizo contratado, ou só para o consumidor, en cuxo caso será desequilibrada e abusiva. Como exemplo, a Sentenza da Audiencia Provincial de Barcelona do 7 de abril de 2011, nun asunto similar, considerou que non procedía a penalización, dado que a cláusula en cuestión só establecía unha penalización sobre o consumidor en claro desequilibrio contractual. E considerou que, unha vez comunicada a baixa do alumno, cesaba a obriga de pagamento das mensualidades non consumidas ao non se prestar o servizo. Ademais, conforme á Lei do consumidor, son abusivas e nulas as cláusulas que lle impoñan unha indemnización alta ao consumidor e ao usuario que non cumpra as súas obrigas. Pode interesarlle presentar unha reclamación na OMIC e que esta realice unha mediación.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto