Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Aforro, o mellor compañeiro de oficina

Accións como compartir coche para ir á oficina e prescindir de pequenos gastos como cafés ou aperitivos contribúen a aforrar durante a xornada laboral

  Traballar custa diñeiro. Soa a paradoxo, pero é así. O bono do metro, o billete de bus ou o combustible do coche, os menús diarios e as bebidas, ademais das compras pequenas e diarias en comercios próximos á oficina, son as fontes de gasto máis habituais no traballo, e as que poden desaxustar o orzamento de moitos traballadores. Non obstante, esta sangría pódese reducir a través da aplicación de sinxelas estratexias de aforro que poden poñerse en práctica dende o momento en que se sae pola porta da casa.

Minimizar os custos de transporte

  • Compartir o coche con veciños ou compañeiros: nos casos en que a empresa estea afastada do fogar, pódese contactar cun ou con varios veciños que traballen na mesma zona e ir xuntos, pagar os gastos entre todos ou alternarse por semanas para levar o coche, así como recorrer ao intercambio de automóbiles. Se non se coñece a ninguén, para buscar un compañeiro de traxecto pódese utilizar unha ferramenta básica hoxe en día: internet. Hai páxinas que facilitan o encontro de persoas interesadas en compartir o vehículo privado para realizar xuntos un mesmo traxecto. Nestas webs poden atoparse ofertas tanto de viaxes diarias ou semanais, por razóns de traballo, coma de viaxes puntuais entre cidades ou vilas. O contacto realízase primeiro por correo electrónico, pero co fin de evitar problemas sempre lle hai que pedir referencias á outra persoa, e tamén convén realizar unha primeira entrevista persoal nun lugar público antes de pechar a viaxe, de pactar os gastos e os horarios etc.
  • Utilizar a bicicleta: cada vez son máis os municipios que contan con carrís específicos para andar en bicicleta sen a necesidade de sortear os coches e os autobuses. Á parte das tradicionais, fabrícanse xa bicicletas pregables que son idóneas para a cidade, e moi útiles para os que desexan acudir ao seu lugar de traballo neste medio de transporte. Se só se ten un fillo, tamén se pode aproveitar para deixar o neno no colexio, unha forma máis divertida e menos contaminante.
  • Desprazarse en transporte público: outra alternativa é utilizar os abonos dos transportes públicos (tranvía, metro ou autobús), que nalgúns casos poden reducir o prezo de cada traxecto en máis do 20 %.

Suprimir os pequenos gastos

É común ter un período de descanso polas mañás, arredor de media hora, que case todos os traballadores adoitan dedicar a tomar un café ou un refresco nalgún establecemento próximo ao traballo, ou na cafetería da empresa. Pero se se desexa aforrar pódese abandonar este hábito e tomar o café nalgunha máquina expendedora destas bebidas, o que reduce o gasto en preto dun 50 %. Ou mesmo se poden suprimir por completo estas visitas, e dedicar este tempo a realizar xestións administrativas e bancarias ou ben á lectura dun bo libro, un hábito que axudará a manter a mente despexada e a desconectar por uns minutos dos labores profesionais.

Almorzar na casa

Pódense aproveitar os días laborables para levantarse uns minutos antes e almorzar na casa con toda a familia. Será un momento para estar reunidos arredor da mesa e, ademais, así eliminaranse tamén os gastos que xera almorzar todos os días fóra. Aínda que moitos establecementos axustaron os seus prezos ao pedir un almorzo completo, un café con leite e un bolo ou unha torrada é difícil que baixe de 1,50 euros e o habitual é que alcance os 2,5-3 euros se se inclúe un zume. Almorzar na casa, ademais, permite escoller os produtos utilizados para o almorzo e as súas cantidades e, con toda seguridade, comezarase o día de xeito máis saudable.

Levar a comida ao traballo

Se se ten a xornada partida, pero non hai tempo abondo para ir comer dende o traballo á casa, o xantar é un dos gastos diarios máis importantes. Para que esta hora non supoña un desembolso excesivo, pódese levar unha friameira e comer na oficina. En moitos centros de traballo contan xa con neveiras e microondas destinados a gardar a comida dos seus empregados e a quentala. De non ser así, pódese recorrer a un menú económico, que rolda os 10 euros. En numerosas cidades (sobre todo, nas grandes urbes ou nas capitais administrativas) popularizouse, dende que comezou a crise, o "mini menú" ou o "medio menú", que consiste nun segundo prato forte cunha gornición -que fai ás veces de primeiro- de arroz, ensalada ou verduras. O seu prezo, a metade do dun menú completo, rolda os 5 e 6 euros.

Reducir os gastos para aniversarios, despedidas ou celebracións

O aniversario dun compañeiro ou a súa despedida por un traslado son algunhas das ocasións en que se adoita facer un regalo. Sen deixar de facelo, este gasto pódese reducir. Para iso, pódese crear un fondo común entre varios, en lugar de facer un regalo cada persoa. Cunha cantidade mínima de 4 ou 5 euros pódese adquirir un pequeno detalle. Outra opción, que tamén resulta bonita (e máis emotiva), é comprar material e facer algún regalo manual máis persoal, como enmarcar unha foto, facerlle unha pulseira ou colar... Ou, en lugar de regalo, pódese organizar unha comida ou unha merenda onde cada un leve un prato: tortilla, biscoitos ou madalenas decoradas...

Gastos que se deben evitar

  •   Non hai que aproveitar o descanso que se ten a media mañá para facer compras. En moitos casos son compulsivas ou sen ningún motivo e realízanse para pasar estes minutos de pausa, mesmo co uso de tarxeta.
  • Non recorrer ao uso frecuente e irracional do servizo de taxi, xa que supón un gasto elevado e innecesario se nos organizamos ben.
  • Non é preciso visitar a cafetería en todo momento: antes e despois de traballar, nos descansos... Necesítase de verdade? Case con toda seguridade sobran a metade das visitas. Se se desexa charlar con algún compañeiro, pode facerse en calquera outro lugar, ou aproveitar o tempo de descanso para camiñar mentres se comparten confidencias. O café de máquina tamén é unha boa e económica opción e rolda os 30 ou 50 euros para os traballadores.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto