Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizáronse as zonas escolares que rodean 100 centros educativos de 10 cidades: Seguridade viaria nos colexios: aceptable

A ausencia de sinais de limitación de velocidade, a falta de sinalización en accesos específicos para o alumnado e as retencións de tráfico son as principais carencias

  Segundo a última enquisa de mobilidade do Ministerio de Fomento, cada neno de ata 14 anos desprázase unha media de tres veces ao día. A maioría desas viaxes son para ir ou vir do centro educativo e case sempre se desprazan camiñando. Os nenos forman un dos colectivos máis vulnerables dentro do espazo público. A súa baixa estatura e as súas reaccións ás veces imprevisibles aumentan o risco de que sufran un accidente. A súa visión e o seu nivel de audición tampouco están desenvolvidos completamente, polo que a súa percepción dos vehículos a motor que circulan é distinta á dos adultos.

Por todo iso, EROSKI CONSUMER quixo examinar o contorno dos colexios para observar se periga a seguridade dos nenos na entrada e na saída dos centros educativos. A finais de setembro, comprobouse a seguridade e o tipo de infraestruturas da zona escolar que rodea a un total de 100 colexios situados en 10 cidades españolas: A Coruña, Barcelona, Bilbao, Logroño, Madrid, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia e Vitoria.

Despois de realizar as comprobacións pertinentes, chegouse á conclusión de que a seguridade viaria do contorno dos colexios analizados só se pode valorar cun "aceptable", xa que se observaron algunhas carencias destacables. Así, soamente en dúas de cada tres ocasións os accesos específicos para os alumnos estaban sinalizados claramente e nunha de cada tres ocasións non se atopou unha zona de espera segura antes de entrar no edificio. Ademais, no 55 % dos casos non había sinalización de limitación de velocidade e no 45 % nin sequera existía un sinal vertical de zona escolar ou frecuentada por menores.

Por cidades, as zonas escolares mellor valoradas foron as analizadas na Coruña, Bilbao, Pamplona, San Sebastián e Vitoria, que obtiveron a cualificación de "ben".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto