Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Antibióticos, entre mitos e lendas

O uso de antibióticos rodéase de información que non sempre está contrastada, tal e como sucede noutros ámbitos relacionados coas enfermidades e coa saúde

  É a estrela das caixas de primeiros auxilios domésticas. Débense usar por prescrición médica e nos países desenvolvidos este medicamento aparece como a solución máis recorrente ante as infeccións, de aí que os antibióticos sexan un dos piares da medicina. É tal a súa popularidade que estes fármacos se converteron en tema de dominio público sobre o que moitas persoas se permiten opinar. Non obstante, o seu uso e abuso está rodeado de mitos e de realidades. A continuación, analízase que hai de verdade e de mentira nas crenzas máis populares sobre os antibióticos.

Os antibióticos son o mellor remedio para a febre

Falso. Os antibióticos non son útiles para o tratamento de calquera infección. Moitos dos pequenos trastornos que se padecen, sobre todo nos nenos, están causados por virus que son resistentes ao efecto destes medicamentos. Por exemplo: é un erro tomalos de entrada ante un catarro ou unha dor de garganta. Estes procesos adoitan mellorar con antitérmicos, algún xarope para a tose e un pouco de paciencia. É certo que, nalgúns casos, os arrefriados poden complicarse con infeccións. É entón cando hai que tomar o antibiótico, pero sempre baixo supervisión médica.

Os antibióticos producen cansazo e perda de apetito

Falso. É unha crenza moi popular, pero non é certa. É verdade que cando se toman antibióticos se perde un pouco o apetito e se está canso, pero a culpa non a teñen os medicamentos, senón os xermes que causan a infección. Por outra banda, tamén se cre que o consumo de antibióticos pode ocasionar un aumento de peso. Utilízanse en animais de gandería baixo un estrito control, co fin de mellorar os seus rendementos, xa que facilitan o crecemento e engorde, e non hai razóns para crer que este mesmo fenómeno se poida producir nos seres humanos. Ademais, parece que o medicamento varía a absorción dos alimentos e o metabolismo ao alterar o equilibrio da flora intestinal. Algúns datos tamén suxiren que poden interferir en determinadas hormonas que interveñen no proceso do apetito e aumentalo.

Os antibióticos perden eficacia co uso continuado

Verdadeiro. Esta aseveración é completamente certa: o uso continuado de antibióticos provoca unha selección natural de xermes que de forma progresiva se fan máis resistentes. As persoas que toman antibióticos con frecuencia necesitan cada vez máis fármacos de maior potencia para combater as infeccións. O problema é que non lle afecta só ao suxeito en particular, senón a toda a poboación, xa que estas cepas que se fan resistentes son as que acaban por predominar. En caso de que se necesite un tratamento antibiótico con frecuencia, é conveniente non utilizar sempre o mesmo e cambiar de cando en vez. Sempre baixo control facultativo.

Os antibióticos inxectados son máis eficaces

Falso. Este é un tópico clásico cuxas consecuencias sufriron moitas persoas durante a súa infancia. Aínda hai persoas que cren que se o antibiótico se administra en forma de inxectable, o efecto é maior e máis rápido. Esta aseveración é falsa e, nestes momentos, disponse dunha batería de potentes medicamentos que se poden administrar por vía oral. Tanto é así que na actualidade pode tratarse á perfección ata unha pulmonía sen necesidade de sufrir as temibles picadas e a dor sucesiva. Os inxectables resérvanse para casos especiais ou para as persoas que toleran mal a medicación por vía oral debido aos efectos secundarios que lles producen, como dor de estómago ou diarrea, entre outras.

Un antibiótico, canto máis potente, mellor

Falso. Non está xustificado utilizar un antibiótico de amplo espectro cando se tratan pequenas infeccións. Sería como matar moscas cun canón! Para cada tipo de infección, hai un grupo idóneo de medicamentos. O feito de que non se utilicen e de que se prefira optar por "algo máis forte" para asegurarse de que o tratamento non fallará é un erro, xa que pode crear xermes cada vez máis resistentes á medicación, co conseguinte perigo, e non só do paciente, senón da saúde pública. Do mesmo xeito, pensar que un fármaco caro é mellor tamén é erróneo: un antibiótico "de toda a vida" e barato pode ser a solución idónea para esas anxinas.

Durante o tratamento con antibióticos convén tomar iogures

  Os antibióticos atacan as bacterias, pero non adoitan distinguir entre as "boas" e as "malas". No corpo humano, hai unha serie de microorganismos que están implicados en moitas funcións: tubo dixestivo, vaxina... O tratamento antibiótico pode danar e alterar a flora saprófita intestinal, que favorece a dixestión e a absorción de alimentos. A alteración desta flora fomenta que outros microorganismos non desexados (patóxenos) se asenten no seu lugar e provoquen diarreas. Para minimizar este problema, durante o tratamento é aconsellable tomar iogur, a poder ser con probióticos (Lactobacillus). Por outra banda, é frecuente que as mulleres, despois de tomar estes medicamentos, sufran proído e avermellamento vaxinal e xenital. Isto é debido á colonización de fungos, como a cándida, o máis habitual. Parece que o consumo de probióticos ou a administración de Lactobacillus en forma de cápsulas, tampóns ou cremas vaxinais podería ser útil para minimizar os efectos adversos, a pesar de que aínda non hai resultados concluíntes.

Prohibido o alcohol cos antibióticos

É certo que en determinados casos o alcohol e os antibióticos poden interaccionar e diminuír a eficacia do fármaco ou provocar efectos secundarios. De todos os xeitos, a recomendación é rigorosa en casos concretos coma o metronidazol e algunhas cefalosporinas que, se se inxiren con alcohol, poden provocar unha reacción con sudación, vómitos e dificultade respiratoria. Noutros casos, como acontece coa eritromicina e coa doxiciclina, o alcohol pode diminuír o seu efecto. En xeral, é de sentido común non tomar alcohol cos antibióticos, pero non pode afirmarse de forma estrita que sexa contraproducente en todos os casos. En caso de dúbida, o prospecto do medicamento pode achegar máis información.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto