Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Ofrécenlle un prezo por contratar televisión de pagamento e, ao cabo de catro meses, dóbranllo e argumentan que se trataba dun desconto temporal

Deime de baixa dun servizo de televisión de pagamento e, ao pouco tempo, chamáronme para me facer unha oferta máis económica cunha permanencia de 18 meses. Convencéronme e pasáronme con outra persoa para gravar a contratación. Como na gravación non me dicían nada do prezo ofertado nin dos descontos, negábame a dicir que si e varias veces interromperon a gravación. Ao final, fíxose a gravación, veu un técnico facer a instalación e deixoume o contrato. Catro meses despois, chegoume unha factura polo dobre do ofertado e dinme que ese prezo era un desconto do 50 % só para o primeiro trimestre e que se me dou de baixa teño que pagar máis de 200 euros de penalización. Que podo facer? Síntome enganada.

  Suxerimos que se lea sempre o contrato e, en especial, o relativo ao prezo, á duración e ás consecuencias dunha baixa anticipada. Despois hai que acudir coa documentación aos servizos de consumo do municipio ou provincia e poñer unha reclamación. Entendemos que se produciu un vicio do consentimento por un erro que daría lugar á nulidade do contrato, aínda que é probable que como afectado se encontre sen probas para demostralo. Non obstante, suxerimos que se reclame e se fagan constar as vicisitudes da contratación telefónica, as súas interrupcións e a información enganosa, así como a solicitude da resolución/nulidade do contrato sen penalización. Se coa mediación dos servizos de consumo non se lograse un acordo, recoméndase solicitar unha arbitraxe de consumo e pedir que a empresa provedora do servizo achegue a gravación e todas as incidencias relativas a esta. De modo xeral, nas contratacións telefónicas interesa desistir do contrato de xeito fidedigno (por burofax ou, polo menos, a través do envío dun correo electrónico e mais dunha carta certificada) no prazo de sete días hábiles.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto