Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Coidados para mascotas 2.0

A rede abriu a porta aos servizos integrais para atender cans ou gatos e para fomentar as relacións entre as persoas que comparten a súa vida cun animal

  A rede non esquece as mascotas nin os seus donos. Entre a infinidade de opcións que facilita internet, os donos de mascotas miran con moi bos ollos as que facilitan o coidado dos cans e dos gatos cando os donos necesitan ausentarse de casa, ou aquelas en forma de consellos sobre como se pode establecer unha relación con outras persoas que teñen mascota. As novas tecnoloxías ofrecen un amplo abano de posibilidades para contactar con persoas e empresas que se ocupan do coidado das mascotas cando o dono está ausente e para facilitar os enderezos nos que se poden atopar este tipo de servizos.

Coidado de mascotas en internet

Pasear o can, coidalo a domicilio, educar o cachorro ou comprar alimentos e accesorios para as mascotas son algúns dos servizos que se poden atopar e contratar a través de internet. Este tipo de empresas son cada vez máis numerosas na rede, que tamén ofrece a posibilidade de compartir inquietudes ou dúbidas sobre as mascotas con outras persoas que comparten a súa vida cun animal. Os servizos integrais para o coidado de mascotas que se ofrecen en internet son un negocio emerxente que pretende cubrir a demanda dos seis de cada dez fogares españois que teñen animais na casa, segundo datos da Asociación Nacional de Fabricantes de Alimento para Animais de Compañía.

Son moitos os donos de mascotas que demandan servizos de coidado e atención para os seus animais. Os expertos aseguran que, nos últimos 10 anos, se rexistrou un cambio de mentalidade sobre o coidado dos animais domésticos en España, o que se traduciu nunha maior demanda de servizos que dean resposta ás necesidades das mascotas e dos seus donos, comenta Sánchez. E é que máis da metade das pequenas e medianas empresas españolas utilizan internet como escaparate para anunciar, ascender e vender servizos como o relacionado coa atención ás mascotas.

Funcionamento dos servizos para cans en internet As modalidades que ofrecen os servizos de coidados integrais de cans e gatos son variadas. Hainos que funcionan cun rexistro de persoas que se ofrecen para coidar animais, aos que o dono do can pode acceder para obter información sobre o perfil dos coidadores e reservar o servizo que precisa. Outras webs sobre servizos orientadas ao coidado das mascotas preséntanse coa oferta de servizos e datos que poden precisar os donos de mascotas: accesorios, alimento para cans ou gatos, atención sanitaria urxente, educación canina ou adopción de animais. Todo iso co fin de lles facilitar aos donos das mascotas o seu coidado diario. Noutros casos, os sitios web ofrecen puntos de encontro entre persoas que comparten a súa vida con animais. Nestes foros pódense intercambiar impresións, dúbidas e experiencias entre persoas que comparten o seu amor polos animais. Estas comunidades virtuais de mascoteiros comparten na rede dende fotos ata vídeos e todo tipo de información curiosa ou útil para o coidado, a atención e o coñecemento dos animais. Outras alternativas de carácter social arredor dos animais, ademais de ofrecer servizos integrais para coidar os cans durante a ausencia dos donos, completan a súa plataforma en internet, coa opción de crear un perfil personalizado para os donos e os cans, coa finalidade de ampliar a interrelación entre os participantes. Onde se poden atopar en internet servizos para cans e gatos
  • Mascotea (http://www.mascotea.net/) é unha rede social onde se poden intercambiar inquietudes con persoas que comparten a vida con animais e tamén ofrece información útil sobre diferentes servizos orientados ao coidado e á atención das mascotas.
  • Dogaboo (http://www.dogaboo.com) está orientada ao coidado dos cans e ofrece a posibilidade de coñecer o perfil das persoas dispoñibles para coidar o animal, de forma que o dono do can seleccione a quen lle pareza máis idóneo. Ofrécense servizos como paseos ou coidados a domicilio.
  • Maringa (http://www.taringa.net/) ofrece a posibilidade de publicar vídeos, fotos, consellos e coñecementos sobre cans ou gatos, ademais de aproveitar os do resto de participantes nesta rede social.
  • Gudog (http://gudog.com) é unha plataforma profesional de coidadores de cans que funciona en toda España. A información ordénase por cidades.
  • SrPerro (http://www.srperro.com) conta cunha sección de canguros de cans. Opera en todo o territorio nacional.
  • Bibulu (http://es.bibulu.com/) é unha plataforma en internet que pon en contacto os canguros de animais con persoas que precisan os seus servizos, con aloxamento na casa do coidador.

Consellos e precaucións

  1.   Como se pode atopar un sitio web seguro para localizar un coidador do can: Hai decenas de páxinas en internet que axudan a atopar un coidador do can responsable. O funcionamento destes portais pode variar, pero hai algúns trámites que melloran os controis de calidade. Un destes pasos é que o sitio web lles pida aos coidadores que cubran unha ficha de rexistro cos seus datos, o que supón un modo de confirmar que son fiables. Antes de contactar cun coidador a través de internet, hai que asegurarse de que o portal onde se anuncia e a empresa que hai detrás é legal; é dicir, que conta con CIF e sede social.
  2. Visitar o coidador antes da viaxe: Os propietarios de cans e gatos que busquen un coidador de confianza deben coñecer tanto o canguro como a casa ou residencia onde se aloxará o seu peludo amigo durante a súa ausencia. Tamén convén buscar referencias nos veterinarios locais e nas persoas que xa usasen os seus servizos.
  3. Contrato por escrito de condicións e prezo: En función das necesidades, existen distintos servizos que se poden contratar: paseos diarios (o ideal é que, polo menos, sexan dous) e alimentación, pero tamén outros coidados específicos. Estes poden incluír baños, saídas para facer deporte, xogos e sesións de educación canina. Os prezos varían, como é lóxico, en función das atencións contratadas. Oscilan entre os 15 e os 20 euros diarios. Estas tarifas e condicións deben negociarse e chegar a un acordo satisfactorio para as dúas partes. Os termos do contrato deben ser claros e figurar por escrito. Ademais, os portais especializados deben servir de garantía e han de responder no caso de que se produza algún problema. Aínda que para iso, a xeito de seguro, poden cobrar unha cota adicional: unha porcentaxe da tarifa (arredor do 20 %) que adoita incluír un seguro veterinario, atención telefónica 24 horas e dereito á devolución do diñeiro en caso de contrariedade.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto