Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

José Luis López, Asociación de Ciencias Ambientais (ACA): "Unha vivenda cun certificado enerxético alto beneficia a economía doméstica e o planeta"

 As vivendas cunha alta cualificación no certificado de eficiencia enerxética ofrecen un maior confort, aforran diñeiro e coidan o medio. Estes son algúns dos beneficios deste documento, obrigatorio dende o 1 de xuño, se se vai vender ou arrendar, segundo José Luis López, coordinador de proxectos na Asociación de Ciencias Ambientais (ACA). Este experto explica canto pode custar, como reclamalo ou que facer para mellorar esta cualificación.

Que é o certificado de eficiencia enerxética para vivendas?

É un documento que informa o arrendatario ou o comprador sobre a eficiencia enerxética da vivenda. É válido durante dez anos, tempo no que non hai obriga de renovalo, pero recoméndase un novo tras realizar melloras, como ventás de maior illamento térmico ou unha caldeira máis eficiente. É probable que a cualificación mellorase e que a vivenda sexa máis competitiva no mercado. O propietario pode utilizar a etiqueta durante eses dez anos en anuncios de venda ou alugamento.

A quen e dende cando lle afecta?

Aféctalles dende 2007 aos edificios de nova construción e aos xa existentes que se poñan en venda ou en alugamento dende o 1 de xuño de 2013. Hai algunhas excepcións, como os edificios e monumentos protexidos, os edificios illados cunha superficie útil inferior a 50 m2 ou os edificios ou vivendas utilizados menos de catro meses ao ano.

Para que serve a eficiencia enerxética?

Unha vivenda cun axeitado illamento térmico e equipos moi eficientes logrará un confort e unha temperatura axeitada, cun consumo enerxético menor ca outra desprovista destes elementos.

Que beneficios ambientais e económicos supón?

Beneficia a economía doméstica e o planeta: unha parte importante da enerxía consumida nas nosas vivendas provén de fontes non renovables (nuclear, gas natural e petróleo) que provocan residuos altamente perigosos e que agravan o cambio climático. As actuacións de mellora da eficiencia xeran emprego e beneficios sociais.

Como se pode conseguir un bo certificado?

Mediante o contacto con máis dun profesional para informarse e solicitar orzamentos e comprobando, por exemplo, que o técnico visitará a vivenda (ou o edificio) ou que a información que proporciona é correcta e completa.

Canto pode custar?

A crise do país e do sector fai que se ofrezan prezos moi competitivos e variados. Agora ben, o prezo tamén depende doutros factores, como a superficie da vivenda ou se se opta por certificar todo o edificio ou cada vivenda de forma individual. A modo orientativo, pode roldar os 2-2,5 euros/m2.

Que pode acontecer se alguén que debería ter un certificado non o ten?

Nestes primeiros meses de implantación da normativa, as administracións autonómicas, encargadas de controlar e vixiar que os certificados se realicen de forma axeitada, déronlle prioridade na súa maioría a rexistrar os certificados e a informar o cidadán. Non obstante, algunhas comunidades habilitaron xa órganos de control e vixilancia. As infraccións poden supor sancións entre 300 e 6000 euros, segundo sexan leves, graves ou moi graves. Por exemplo, alugar ou vender un inmoble sen certificado considérase unha falta grave, cunha sanción de entre 601 e 1000 euros.

Que pode facer un consumidor se vai comprar ou alugar unha vivenda que non o ten?

Acudir á oficina de consumo e/ou ao órgano competente en materia de certificación de cada comunidade para reclamar mediante o procedemento específico.

Que investimento mínimo habería que facer para mellorar ao máximo a eficiencia enerxética dun edificio?

En edificios existentes, con factores non modificables, haberá casos en que sexa tecnicamente imposible ou inviable economicamente a máxima cualificación. O certificado debe conter unhas recomendacións de mellora e pode incluír un estudo da rendibilidade e o seu período de amortización. Medidas como substituír unha caldeira de gasóleo por outra de biomasa nunha zona climática fría pode mellorar considerablemente a cualificación. A maior parte da demanda de enerxía desta vivenda débese á calefacción.

Noutros países xa se utiliza dende hai tempo este certificado. Cal é a experiencia?

En países como Alemaña, Francia ou Portugal ninguén adquire unha vivenda se non coñece de antemán a cualificación enerxética. Este criterio é vital para elixir entre varias alternativas. Isto pasará en España a medio prazo, aínda que probablemente de xeito paulatino.

Que sería necesario para unha correcta aplicación?

Ademais de cumprir as especificacións da normativa, deberíanse informar e concienciar os consumidores e os actores clave, como son os administradores de predios. A ACA desenvolve un proxecto con accións de formación e materiais divulgativos, coa colaboración da Fundación Biodiversidade e a Fundación La Casa que Ahorra.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto