Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra cereais: Cereais, variedade de sabor e diversidade de nutrientes

A adición de azucre, sal e aceites vexetais fai dos cereais para almorzar uns dos produtos máis saborosos e crocantes, pero menos recomendables, para un consumo diario

  Os alimentos funcionais son aqueles que inflúen nas funcións vitais do organismo de forma positiva e os cereais para almorzar poida que sexan o primeiro alimento funcional da historia. En cada cullerada, escóndese unha boa dose de historia. Nos Estados Unidos, hai xa 200 anos que comezaban a manifestarse enfermidades asociadas a unha mala alimentación, como a hipercolesterolemia ou o estrinximento. Un reverendo presbiteriano propuxo daquela substituír o típico almorzo anglosaxón (ovos, beicon, manteiga...) por cereais integrais. Creáronse así as primeiras receitas, tan rudas que requirían case 24 horas de remollo antes de degustalos. Tempo despois, o médico John Kellogg, fundador da coñecida multinacional Kellogg´s, perfeccionounos e creou unha versión máis dixerible, pero que aínda conservaba o cereal integral. Co tempo, fóronse desenvolvendo infinidade de receitas e tipos de cereais; iso si, con máis azucre e sal e con menos integrais ca os orixinais. E é que os cereais para almorzar son un deses produtos considerados saudables. Non axuda que moitos se comercialicen baixo a mensaxe de ser o ingrediente para un "almorzo completo". Pero isto é realmente así? E sono todos do mesmo xeito?

O seu lugar na dieta

Nun país onde de media se inxiren preto de 5 quilos de cereais para almorzar ao ano -unha proporción similar á dos americanos e lixeiramente por debaixo da dos ingleses (5,9 kg por persoa ao ano)-, cabe preguntarse se o hábito é de todo acertado ou non. É interesante tamén coñecer a inxestión destes alimentos entre os diferentes rangos de idade. E, segundo a última Enquisa nacional de inxestión dietética (ENIDE) da AESAN, o consumo é moito máis alto nos nenos, sobre todo na franxa que oscila entre os 6 e os 9 anos, ca nos adultos.

En esencia, no seu estado máis natural e menos procesado, os cereais para almorzar constitúen unha fonte excelente de hidratos de carbono complexos, elementos que se reivindican como os nutrientes por excelencia para comezar o día con enerxía. Non obstante, a adición de edulcorantes -azucre, xarope de glicosa, frutosa, chocolate ou mel-, aceites vexetais e sal, para facelos máis saborosos e crocantes, desvirtúa o valor dietético deste alimento cara a un produto doce, menos auténtico e prescindible para un consumo diario. O valor nutricional deste alimento reside tamén nas vitaminas e nos minerais cos que adoitan vir enriquecidos e na súa achega de fibra dietética. Agora ben, un pan integral tanto de molde coma de panadería non lles ten nada que envexar a estes cereais. Como tampouco o ten unha froita fresca de tempada, un puñado de froitos secos ou unha ración de muesli (que non convén confundir cos típicos cereais para almorzar azucrados) bañada en leite desnatado ou acompañada dun iogur desnatado. Pero, con todo iso, non hai por que defenestrar este produto, o conveniente é saber recoñecer cales son os máis saudables entre todos eles e detectar os que, polo seu excesivo contido en azucre e sal, merecen consumirse de xeito ocasional.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto