Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Falsos gurús da alimentación

O interese crecente pola nutrición, o descoñecemento e as promesas alimentan o éxito dos falsos gurús da alimentación e as súas propostas

  Beber auga de mar, esquecer o leite, suprimir cereais e legumes ou quitar para sempre o aceite de oliva da nosa cociña son só algúns exemplos dos inquietantes "consellos nutricionais" que se poñen sobre a mesa de moitos fogares, xa sexa en forma de dietas milagre, folletos publicitarios ou libros. Todos eles, por suposto, veñen presentados cunha prestancia elegante e coidada (a miúdo, da man dalgunha personaxe famosa que pouco sabe de nutrición, pero moito de audiencias) e que converten estes "métodos", fórmulas ou libros en éxitos absolutos de vendas. Dado que a alimentación é clave para a saúde, cabe preguntarse por que funcionan tan ben estas dietas, que problemas poden ocasionar e, sobre todo, convén descubrir os falsos gurús que as promoven.

Falsos gurús: os seis trazos habituais

Que teñen en común a actriz estadounidense Gwyneth Paltrow, o médico xaponés Hiromi Shinya e o francés Pierre Dukan? Os tres son autores de libros sobre nutrición que arrasan en índices de vendas (tamén arrasan a saúde dos seus lectores). En principio, non parece lóxico darlle credibilidade a unha autora cuxo currículo nutricional é nulo, nin tampouco a outros autores que, aínda que son médicos, contradín nos seus libros as recomendacións dietéticas das entidades de referencia en saúde pública. Non obstante, e malia as continuas críticas da comunidade científica, o feito de que It ' s all good ou O encima prodixioso se convertesen en éxitos de vendas obriga a deterse neste asunto.

É claro que cada vez hai máis interese pola nutrición. E isto, aínda que se trata de algo desexable, en ocasións vai acompañado de expectativas esaxeradas e pouco realistas respecto dos beneficios dunha boa alimentación. Sobre todo, porque os coñecementos dietético-nutricionais da poboación son bastante superficiais. Iso convértenos en lectores vulnerables e crédulos ante as campañas de vendas, as mensaxes ben montadas, os libros bonitos ou os falsos testemuños. Para lle poñer freo a esa situación, a seguir enuméranse algúns trazos que adoitan compartir os falsos gurús:

  • Venden suplementos dietéticos ou ben perciben unha contraprestación económica en función do volume de vendas (un exemplo é o farelo de avea Dukan). O profesor Edzard Ernst, investigador e experto en evidencias científicas, considera que cando un científico se volve empresario a verdade pode estar en risco.
  • Realizan declaracións non razoables ou esaxeradas relacionadas coa alimentación, tales como rápidas diminucións de peso ou "curación" dunha ampla gama de enfermidades (demencia senil, aterosclerose, disfunción renal, depresión, osteoartrite ou mesmo o cancro).
  • Afirman que as súas teorías son aplicables a toda clase de pacientes, con calquera tipo de desorde física, mental ou emocional, sexan adultos ou nenos.
  • Sustentan as súas teses en teorías categóricas que adoitan facer alusión á insulina, ao índice glicémico, á inflamación, á oxidación e ao metabolismo (este último nunca falla).
  • Nos seus argumentos non faltan palabras ou frases tales como "desintoxicación", "sen químicos", "limpeza", "equilibrio interior", "curación vibracional" ou "alimentación natural e enerxética" (a palabra "natural" é moi habitual escoitala da boca dos falsos gurús).
  • Mencionan as chamadas "teorías da conspiración", como esta: "a industria farmacéutica e o goberno traballan xuntos para ocultar información acerca dunha cura milagrosa". Sempre é mentira. Unha mentira que pretende distraer o lector das obvias preguntas de sentido común acerca da chamada "cura milagrosa".

Sobre o currículo do falso gurú

  Para detectar o falso gurú, ás veces abonda con revisar o seu currículo, cheo de vaguidades tales como: "interésame todo o relacionado coa saúde e coa harmonía interior" ou "estudei en diferentes países", sen que concrete en ningún momento que clase de titulación sanitaria posúe. En ocasións, autoatribúese un doutoramento inexistente ou menciona universidades fantasma, algo doado de contrastar. Non obstante, ás veces o falso gurú é un verdadeiro profesional sanitario que ou ben está equivocado (non sabe que no ámbito científico-sanitario é imprescindible demostrar as teorías antes de implementalas ou difundilas) ou ben nos quere enganar sen miramentos. É por iso que o historiador científico Steven Jay Gould incluíu no seu libro Oito porquiños a seguinte reflexión: "Os estudos superiores e os títulos detrás do nome non garanten un novo nivel de sabedoría [...]. Á fin e ao cabo, non existe substituto para o anticuado vicio dunha lectura atenta".

En calquera caso, é algo habitual que relaten os seus propios problemas previos de saúde. Problemas que non lograron solucionar coa medicina tradicional, pero si cun enfoque dietético alternativo. A súa suposta mellora de saúde fai que crean que están autorizados para proporcionar consellos sanitarios e mesmo para prescribir dietas, algo coñecido como "intrusismo laboral". Sexa como sexa, os seus "achados" fundamentan os seus libros, cheos de dietas "revolucionarias" que sempre "curan calquera desaxuste" e que "desintoxican de forma natural". Quen mellor enfocou esta circunstancia é o catedrático de Nutrición Abel Mariné que, en 2012, sinalou que estas dietas teñen "cousas boas e orixinais, pero as boas non son orixinais e as orixinais non son boas".

Principais perigos de seguir a dieta de calquera e de calquera xeito

Facerlles caso a falsos profesionais sanitarios interfire cos consellos ou coas pautas dos dietistas-nutricionistas, que gardan unha relación estreita coa mellora da saúde. Ademais das consecuencias impredicibles de seguir unha pauta dietética sen sentido, apostar polo método dun falso gurú pode orixinar os seguintes inconvenientes:

  • Demorar (ou evitar) a busca dun tratamento sanitario axeitado e necesario para curar unha enfermidade.
  • Xerar malnutrición.
  • Elevar o risco cardiovascular.
  • Favorecer o desenvolvemento de trastornos da conduta alimentaria.
  • Cronificar ou sistematizar hábitos alimentarios arriscados.
  • Fomentar o sentimento de frustración, que prexudica o estado psicolóxico.
  • Producir gastos económicos innecesarios.
  • Padecer efectos secundarios a causa de suplementos dietéticos non avaliados en humanos.
  • Causar síntomas como caída do cabelo, debilidade das uñas, mareos, astenia etc.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto