Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisadas preto de 1000 persoas sobre os seus hábitos de lectura da etiquetaxe dos alimentos: Só unha de cada dúas persoas entrevistadas le sempre a etiquetaxe dos produtos

O 94 % cre que se utilizan termos excesivamente complexos e o 86 % opina que deberían modificarse

  Ir á compra non sempre é doado. Para moitos é como entrar nun campo de batalla onde se enfrontar a miles de produtos aloxados en estantes. Pero non están desarmados. Unha das armas coas que conta o consumidor para afrontar esta cruzada é a etiquetaxe nutricional dos produtos. Trátase do principal medio de comunicación entre o produtor ou o distribuidor e o consumidor, así como dunha ferramenta clave para realizar eleccións debidamente informadas. Non obstante, malia que as etiquetas dos alimentos achegan datos moi útiles, non sempre reciben toda a atención que merecen. Por este motivo, EROSKI CONSUMER quixo saber se os consumidores atenden realmente a etiquetaxe dos produtos e se a consideran útil.

Para iso, a revista entrevistou durante o mes de agosto preto de 1000 persoas maiores de idade. Todas elas procedían de 17 comunidades autónomas. Como conclusión, só unha de cada dúas persoas enquisadas le sempre a etiquetaxe dos produtos que adquire e destas apenas a metade entende con frecuencia a información declarada. É máis, aínda que un 78 % o consideran unha ferramenta útil, só á metade lle inflúe sempre na compra. Pode que isto se deba a que o 94 % dos enquisados cre que se utilizan termos excesivamente complexos e o 86 % considera que na etiquetaxe deberían realizarse modificacións.

Ler a etiqueta non é un hábito para todos

A función da etiquetaxe nos alimentos é a de informar sobre o que contén un produto e a súa existencia responde a un dos dereitos básicos do consumidor que é "a información correcta sobre os diferentes produtos ou servizos e a educación e a divulgación para facilitar o coñecemento sobre o seu axeitado uso, consumo ou aproveitamento", segundo o artigo 2.1.d da Lei xeral 26/1984 para a defensa dos consumidores e usuarios.

Aínda así, malia que goza deste dereito, o consumidor final le a información que se lle ofrece en cada produto? Na enquisa realizada por EROSKI CONSUMER, unha de cada dúas persoas entrevistadas dixeron facelo sempre, pero outro 45 % confirmou que só ás veces e un 5 % nunca. Por provincias, todos os enquisados manchegos, valencianos e rioxanos aseguraron ler a etiqueta, fronte a un de cada dez galegos, cántabros e castelán leoneses entrevistados que aseguraron que non o facían nunca.

Non hai diferenzas apreciables por sexo, pero si por idade. Entre os que confirman esa lectura, son os máis novos de entre 18 e 34 anos os que o fan sempre en maior proporción, un 58 % deles. Pola súa banda, o 47 % dos maiores de 55 anos examinan as etiquetas só ás veces.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto