Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Reclama a nulidade da cláusula chan-teito da súa hipoteca e gaña o xuízo coa devolución de case 8000 euros pagados de máis

 Un consumidor contratou en 2004 un préstamo hipotecario variable (Euribor +0,50 %) cunha cláusula chan-teito pola que o tipo de xuro non podía ser inferior ao 3,25 % nin superior ao 9 %. Coa alegación de que se trata dunha condición xeral abusiva, demandou o banco e solicitou a súa condena a eliminar esta cláusula do contrato e a devolución do aboado de máis pola súa aplicación. E a súa demanda foi admitida integramente. Di o Xulgado de Primeira Instancia n.º 4 de Ourense, na sentenza do 13 de maio de 2013, que a cláusula de límite mínimo ou chan era abusiva, conforme á Lei do consumidor, xa que o contrato non establece ningunha vantaxe a favor do consumidor en compensación do risco ilimitado que asumía en canto á suba do índice de referencia, risco que, en cambio, non asumía a entidade bancaria na mesma medida, posto que a súa retribución nunca podería caer por debaixo dun determinado límite. E que se debía de reintegrar a cantidade de 7988 euros cobrada como consecuencia da aplicación da cláusula chan e recalcular e refacer, excluíndo a cláusula chan, os cadros de amortización do préstamo hipotecario a xuro variable subscrito, así como contabilizar o capital que debeu amortizarse.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto