Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Les cancelan una excursión programada y la agencia no se hace responsable

Somos un grupo de xubilados que, de cando en vez, organizamos unha viaxe. Nesta ocasión, fixemos un cruceiro polo Mediterráneo. O último día tiñamos programada unha excursión antes de coller o voo de regreso. O caso é que interromperon a excursión e que nos deixaron nunha especie de hangar do aeroporto sen comida ata a saída do voo. Fomos queixarnos en varias ocasións á axencia, pero non nos dan resposta. Que dereitos temos e que podemos reclamar?

  A interrupción da excursión e a redución da duración programada supón un incumprimento parcial do contrato de viaxe combinada. Convén ler detidamente o contrato e os folletos publicitarios, que teñen carácter vinculante. En caso de que tivesen aboado un importe extra pola excursión de día completo (con comida incluída), suxerímoslles que reclamen a devolución dese importe extra, máis os gastos de comida, bebida etc. Tamén poden pedir unha compensación xenérica, polo menos en primeira instancia. E engadan unha solicitude de indemnización do dano moral polo abandono que padeceron.

Os dereitos dos usuarios de viaxes combinadas encóntranse regulados na Lei do consumidor do ano 2007. Organizadores e axencias retallistas de viaxes combinadas deben responder fronte ao consumidor do correcto cumprimento das obrigas derivadas do contrato, con independencia de que estas as deban executar eles mesmos ou outros prestadores de servizos (hoteis, transportistas, guías turísticos...). Suxerímoslles que dirixan a súa reclamación por burofax, ou a través dos servizos de Consumo, á axencia de viaxes, e que inclúan a identificación de todos os afectados.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto