Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Intolerancia alimentaria nos cans: preguntas e respostas

Os cans que padecen intolerancia alimentaria sofren síntomas similares aos da gastroenterite, como diarreas e vómitos

  Os síntomas dunha intolerancia alimentaria entre o home e o seu mellor amigo, o can, apenas se diferencian: diarrea, vómitos, gases e malestar son os signos habituais que ten un can que padece intolerancia a determinados alimentos. A lactosa e as proteínas dos alimentos son as compoñentes que provocan a intolerancia dixestiva nos cans. Hai que ter en conta que o diagnóstico desta enfermidade é complicado, porque hai que determinar os alimentos concretos aos que o can é intolerante. A alerxia alimentaria é unha patoloxía diferente á intolerancia, aínda que ten tratamentos similares. Por iso, o diagnóstico é clave para determinar con exactitude de que enfermidade se trata.

Que é unha intolerancia alimentaria do can?

A intolerancia alimentaria nos cans é un proceso localizado na zona intestinal, mentres que a alerxia aos alimentos se desencadea por unha reacción do aparato inmunolóxico. Unha alerxia é unha patoloxía que pode traer consigo consecuencias máis graves para a saúde do can e pode producir mesmo a morte. A intolerancia alimentaria, pola contra, pode compararse cun proceso dixestivo pesado, con síntomas como gases, molestias na zona abdominal e diarrea, debido a unha incorrecta asimilación dos nutrientes que achegan os alimentos. Asóciase aos seguintes casos:

  • Unha reacción tóxica a bacterias ou a aditivos que conteñen os alimentos.
  • Unha reacción do organismo do can a determinados fármacos.
  • Unha deficiencia metabólica do can, como acontece no caso da lactosa, que lle imposibilita a asimilación do leite.

Como se pode diferenciar a intolerancia dunha alerxia alimentaria?

Os veterinarios diferencian unha intolerancia dunha alerxia alimentaria no can a través dos síntomas. Algúns deles son comúns en ambas as dúas patoloxías, como a diarrea, pero no caso das alerxias aos alimentos, aparecen signos específicos que non se presentan nas intolerancias. Algúns dos máis repetidos son os trastornos respiratorios no can e os cutáneos, urticaria ou prurito. Unha alerxia alimentaria implica, fronte á intolerancia, unha reacción do sistema inmunolóxico do can. Non obstante, cando o can non tolera un alimento, reacciona de xeito habitual con problemas dixestivos, como vómitos, gases e diarrea.

De que xeito se diagnostica a intolerancia alimentaria do can?

Descubrir os alimentos aos que o can lles ten intolerancia é fundamental no diagnóstico das intolerancias alimentarias. Os veterinarios utilizan para iso varias técnicas. Unha delas é unha análise de sangue para detectar inmunoglobulinas ou determinados anticorpos. Non obstante, esta proba a través do sangue do can non resulta de todo fiable e hai que complementala con outros exames.

  Noutros estudos compróbase a reacción da pel do can (dermorreacción) ao contacto con determinadas substancias. Estas análises, non obstante, resultan complexas e, en ocasións, pouco prácticas. Por iso, o máis habitual é utilizar a proba da eliminación alimentaria, que consiste en lle ofrecer ao can unha dieta hipoalerxénica durante oito semanas. Esta técnica de diagnóstico é similar á que se usa cun can que padece alerxia alimentaria.

Para eliminar os alimentos que producen a intolerancia no can úsanse pensos hipoalerxénicos, que se fabrican con proteínas hidrolizadas ou divididas en cantidades máis pequenas do habitual, co fin de evitar reaccións adversas no aparato dixestivo do animal. A dieta caseira para os cans con intolerancia alimentaria é outra opción.

Unha vez que transcorreron os dous meses de dieta, introdúcense de xeito paulatino, e un por un, o resto de alimentos, co obxectivo de elaborar unha folla de ruta cos alimentos que provocan a patoloxía e de levar a cabo o diagnóstico.

Como se trata a intolerancia aos alimentos do can?

Os cans que padecen intolerancia precisan unha dieta hipoalerxénica de por vida, con base en pensos hidrolizados, para evitar situacións de intolerancia aos alimentos. Os veterinarios adoitan recomendar unha dieta caseira elaborada baixo a súa supervisión. A intolerancia aos alimentos do can pode remitir co tempo, por iso o veterinario pode repetir as probas para determinar se o can comeza a admitilos sen problemas.

Pódese previr a intolerancia alimentaria do can?

Un can nace coa predisposición de padecer intolerancias alimentarias. De feito, hai determinadas razas, coma o bull dog francés e o bóxer, que as sofren con maior frecuencia. Non obstante, descoñécese se un can sofre intolerancia alimentaria ata que non aparecen os primeiros síntomas e ata que se diagnostica a enfermidade.

En calquera caso, para todos os cachorros mamíferos, o leite materno é imprescindible para a transmisión de anticorpos, xa que fortalecen o sistema inmunolóxico e impiden reaccións adversas fronte aos alimentos. Os pensos de gama alta ou excelente calidade facilitan a dixestibilidade ou o aproveitamento óptimo dos nutrientes e evitan os restos no intestino do can, que provocan gases e dixestións pesadas.

Fonte: María Victoria Acha, veterinaria

Fonte: Ignacio Arija, veterinario e experto en nutrición animal da Universidade Complutense de Madrid


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto