Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizada a limpeza viaria de 30 rúas en 10 cidades do país: Residuos no chan e mobiliario urbano sucio nunha de cada catro rúas analizadas

Todas se situaban na Coruña, Bilbao e Sevilla e a maioría dos residuos eran cabichas, papeis ou plásticos

O momento máis sucio

  Os niveis de sucidade de cada rúa analizada por EROSKI CONSUMER variaban en función do día e do momento en que se realizase a visita. Ao igual que a rutina dos cidadáns varía, con ela tamén o fai a limpeza da cidade. E é que non é o mesmo unha rúa un luns pola mañá ca un sábado pola tarde. A continuación, repásanse os momentos menos limpos das arterias analizadas:

  • A Coruña: rúa Juan Flórez, xoves pola tarde. Atopáronse cabichas, plásticos, excrementos de gaivota, gomas de mascar e ouriños de can. Ademais, había papeleiras sucias ao longo da rúa e nunha ocasión unha tiña os residuos fóra. Tamén as escavas das árbores estaban sucias.
  • Barcelona: carrer de la Diputació, luns pola mañá. Durante o paseo, o técnico atopou botellas e papeis, follas e excrementos de animal. Así mesmo, un colector tiña os residuos fóra.
  • Bilbao: rúa Autonomía, luns pola mañá. Atopáronse area, papeis, cabichas, plásticos, envases e ata unha bombona de butano. Así mesmo, víronse cascas de pipas, verdura, manchas de pintura, gomas de mascar e manchas líquidas, como ouriños de can. Tamén había unha papeleira e un colector dos que sobresaía lixo. Ademais, observouse un comportamento incívico: tirar cabichas ao chan.
  • Logroño: rúa Jorge Vigón, sábado pola tarde. Observáronse residuos orgánicos no chan, en concreto, restos de froita pisados na beirarrúa. Ademais, tamén había un colector con caixas de cartón fóra.
  • Madrid: rúa Fuencarral, xoves pola mañá. Atopouse unha bolsa de lixo xunto a unha fachada ateigada de residuos orgánicos e tamén manchas de gomas de mascar pegadas ao longo de toda a rúa. Así mesmo, unha das papeleiras do tramo estudado tiña residuos fóra e había bancos con adhesivos por todas as partes.
  • Pamplona: rúa Estafeta, luns pola mañá. En tres ocasións víronse caixas de cartón ben amoreadas nos arredores dos comercios que posteriormente recolleu un camión. Tamén había pintadas nas fachadas.
  • San Sebastián: rúas Loiola, San Marcial e Arrasate, xoves pola tarde. Acháronse cascas de pipas e plásticos e papeis no chan e nas escavas. Ademais, observouse un comportamento incívico: tiraron unha bolsa de plástico ao chan.
  • Sevilla: avenida Emilio Lemos, xoves pola tarde. Observáronse latas, envases de cartón e plásticos no chan e tamén graxa, vómito e goma de mascar pegada no pavimento, ademais dun tomate e excrementos. Por outra parte, o técnico foi testemuña dun comportamento incívico dun home que tirou un papel ao chan.
  • Valencia: rúa Micer Mascou, xoves pola mañá. Durante o paseo, observáronse restos de roupa, lixo, papeis, cabichas, restos de froitas e excrementos de animal. Ademais, as zonas próximas ás árbores e aos aparcadoiros tamén tiñan residuos. Por último, dun colector sobresaía lixeiramente lixo.
  • Vitoria: rúa Pamplona, luns pola tarde. Víronse papeis, plásticos e envoltorios na base das árbores e ao longo da rúa. Tamén había unha papeleira sucia, bancos rotos e colectores con residuos fóra.

TÁBOA COMPARATIVA

Grao de sucidade das rúas analizadas en 10 localidades, segundo EROSKI CONSUMER*

Rúa
Localidade(1) Tipo de vía LUNS MAÑÁ LUNS TARDE XOVES MAÑÁ
Rúa Real A CORUÑA Céntrica Limpa Limpa Limpa
Rúa Juan Flórez Do ensanche Algo sucia Algo sucia Algo sucia
C/ General Sanjurjo Dos arrabaldes Algo sucia Algo sucia Algo sucia
Avinguda Portal de l'Angel BARCELONA Céntrica Moi limpa Moi limpa Moi limpa
Carrer de la Diputació Do ensanche Limpa Moi limpa Moi limpa
Carrer de la Creu Coberta Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Ercilla BILBAO Céntrica Limpa Limpa Limpa
C/ Autonomía Do ensanche Algo sucia Bastante sucia Algo sucia
C/ Fray Juan Dos arrabaldes Algo sucia Algo sucia Algo sucia
C/ Portales LOGROÑO Céntrica Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Jorge Viglón Do ensanche Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Madre de Dios Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Fuencarral MADRID Céntrica Limpa Limpa Limpa
C/ Velázquez Do ensanche Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Fermín Caballero Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Estafeta PAMPLONA Céntrica Limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Paulino Caballero Do ensanche Moi limpa Limpa Limpa
Avenida Marcelo Celayeta Dos arrabaldes Limpa Moi limpa Limpa
C/ Loiola + C/ San Marcial + C/ Arrasate SAN SEBASTIÁN Céntrica Limpa Limpa Limpa
C/ Urbieta Do ensanche Limpa Limpa Moi limpa
C/ Sierra de Aralar Dos arrabaldes Limpa Limpa Limpa
C/ Tetuán SEVILLA Céntrica Algo sucia Limpa Algo sucia
C/ Arroyo Do ensanche Limpa Algo sucia Algo sucia
Avenida Emilio Lemos Dos arrabaldes Limpa Algo sucia Limpa
C/ Don Juan de Austria VALENCIA Céntrica Limpa Limpa Limpa
C/ Micer Mascó Do ensanche Limpa Limpa Limpa
Avenida de Gaspar Aguilar Dos arrabaldes Limpa Limpa Limpa
C/ San Prudencio VITORIA Céntrica Limpa Limpa Limpa
C/ Beato Tomás de Zumárraga Do ensanche Limpa Limpa Limpa
C/ Pamplona - Iruña Dos arrabaldes Limpa Limpa Limpa

Rúa
Localidade(1) Tipo de vía XOVES TARDE SÁBADO MAÑÁ SÁBADO TARDE GRAO DE SUCIDADE(2)
Rúa Real A CORUÑA Céntrica Limpa Limpa Limpa Limpa
Rúa Juan Flórez Do ensanche Algo sucia Algo sucia Algo sucia ALGO SUCIA
C/ General Sanjurjo Dos arrabaldes Algo sucia Algo sucia Algo sucia ALGO SUCIA
Avinguda Portal de l'Angel BARCELONA Céntrica Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
Carrer de la Diputació Do ensanche Limpa Limpa Moi limpa Moi limpa
Carrer de la Creu Coberta Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Ercilla BILBAO Céntrica Algo sucia Limpa Limpa Limpa
C/ Autonomía Do ensanche Bastante sucia Algo sucia Algo sucia ALGO SUCIA
C/ Fray Juan Dos arrabaldes Limpa Algo sucia Algo sucia ALGO SUCIA
C/ Portales LOGROÑO Céntrica Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Jorge Viglón Do ensanche Moi limpa Moi limpa Limpa Moi limpa
C/ Madre de Dios Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Fuencarral MADRID Céntrica Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ Velázquez Do ensanche Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Fermín Caballero Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Estafeta PAMPLONA Céntrica Moi limpa Limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Paulino Caballero Do ensanche Limpa Limpa Limpa Limpa
Avenida Marcelo Celayeta Dos arrabaldes Moi limpa Moi limpa Moi limpa Moi limpa
C/ Loiola + C/ San Marcial + C/ Arrasate SAN SEBASTIÁN Céntrica Algo sucia Limpa Limpa Limpa
C/ Urbieta Do ensanche Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ Sierra de Aralar Dos arrabaldes Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ Tetuán SEVILLA Céntrica Algo sucia Algo sucia Limpa ALGO SUCIA
C/ Arroyo Do ensanche Limpa Limpa Algo sucia ALGO SUCIA
Avenida Emilio Lemos Dos arrabaldes Algo sucia Algo sucia Algo sucia ALGO SUCIA
C/ Don Juan de Austria VALENCIA Céntrica Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ Micer Mascó Do ensanche Limpa Moi limpa Limpa Limpa
Avenida de Gaspar Aguilar Dos arrabaldes Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ San Prudencio VITORIA Céntrica Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ Beato Tomás de Zumárraga Do ensanche Limpa Limpa Limpa Limpa
C/ Pamplona - Iruña Dos arrabaldes Limpa Limpa Limpa Limpa

*COMO SE FIXO: pola mañá e pola tarde do luns, do xoves e do sábado dunha semana entre os meses de xuño e xullo, comprobouse a limpeza viaria de 30 rúas situadas en 10 cidades. En total, realizáronse 180 visitas distribuídas no tempo e na xeografía española.

(1) Localidade: en cada localidade, estudáronse palmo a palmo 3 rúas (unha céntrica, unha do ensanche e unha última dos arrabaldes). Aínda que as 30 vías se escolleron ao chou, as céntricas son peonís e comerciais, mentres que as do ensanche e as dos arrabaldes son residenciais e con calzada.

(2) Grao de sucidade: a sucidade determinouse en cada momento da exploración en función de varios factores: se había residuos visibles no chan, de que tipo eran, o seu tamaño e cantas veces aparecían. Tamén se tivo en conta o estado das papeleiras e dos colectores (se sobresaía lixo do recipiente, se este estaba sucio, roto ou queimado, e se había residuos fóra rodeándoo). Ademais, observouse o mobiliario urbano (se estaba sucio, roto, queimado ou con pintadas), se había malos olores, se había po suspendido e se se producían comportamentos incívicos. Finalmente, o grao de sucidade e de limpeza de cada momento da exploración mediuse a través dunha escala na que 0 puntos equivalía a moi sucia e 21 a moi limpa. Por rúa, esa escala era de 0 puntos se equivalía a moi sucia e de 126 puntos se equivalía a moi limpa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto