Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Executan a súa hipoteca por non pagamento e, tras o desafiuzamento, solicítalle ao xuíz a nulidade das cláusulas abusivas da hipoteca e da execución hipotecaria

 O titular dun crédito hipotecario deixou de pagar catro cotas da súa hipoteca. A súa vivenda saíu a poxa e adxudicóuselle polo 50 % do valor de taxación á caixa que lle concedera o empréstito hipotecario. Despois, o desafiuzado presentou unha demanda na que solicitou a nulidade, por abusivas, dalgunhas das condicións do seu contrato e, con iso, do procedemento xudicial anterior que determinou a perda da súa vivenda. Ante as dúbidas que o asunto suscitou no xuíz, este solicitoulle ao Tribunal Europeo da Unión Europea criterios para dilucidar o carácter abusivo ou non de determinadas cláusulas do préstamo e formuloulle a cuestión de se o sistema legal español da execución hipotecaria limitaba ou non a protección e a tutela efectiva dos dereitos do consumidor. De acordo co Tribunal Europeo, o Xulgado do Mercantil número 3 de Barcelona, na sentenza do 2 de maio de 2013, resolve e declara abusivas as cláusulas de vencemento anticipado da hipoteca polo único non pagamento dunha cota. En concreto, a que fixaba os xuros de mora para casos de non pagamento nun 18,75% e a que lle permitía á caixa determinar unilateralmente a cantidade esixible. E considera que este consumidor se puido defender das cláusulas abusivas antes do seu desafiuzamento, ao ter en conta que por ser nulo o vencemento anticipado da hipoteca só se poderían reclamar pouco máis de 3000 euros, e non os case 140.000 polos que se executou.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto